Técnico/a Orientador/a Profesional en Ferrol

16 Nov 2022

Publicadas as bases de selección e convocatoria para o nomeamento dous/dúas funcionarios/as interinos/as, grupo A2, subgrupo A2, escala de administración especial, subescala técnica media, denominación técnico/a orientador/a profesional para a inserción do Programa Integrado de Emprego de Galicia.
As bases íntegras do proceso selectivo atópanse publicadas no taboleiro electrónico da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol: https://comarcaferrolterra.wordpress.com/taboleiro-de-anuncios/
A presentación de instancias farase no prazo de 8 días hábiles a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP da Coruña.