GAVEA - Curso de vela adaptada 2021

06 Set 2021

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e COGAMI convocan unha acción formativa de vela adaptada que se centrará no desenvolvemento das persoas mozas con discapacidade como ferramenta de apoio á mellora das súas capacidades e habilidades.

Esta iniciativa formativa teórica práctica vinculada ao mundo mariño ten como obxectivos:

  • Apoiar o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas en xeral e dos mozos e mozas con discapacidade en particular; fomentar as súas capacidades e potenciar a autonomía e potencialidades.
  • Fomentar a participación das persoas mozas con discapacidade na sociedade.
  • Apoiar o proceso formativo da xuventude ofrecendo ferramentas para a adquisición de coñecementos para a formulación e desenvolvemento de proxectos que contemplen a globalidade da persoa con discapacidade e estimulen a súa autonomía.
  • Sensibilizar sobre o papel activo que as persoas con discapacidade poden desempeñar na sociedade poñendo énfase nas súas capacidades e habilidades.
  • Traballar con persoas con discapacidade aproveitando o traballo en equipo para que os participantes descubran as súas propias habilidades cara a súa inclusión.
  • Contribuír á sensibilización, concienciación e inclusión social.

Persoas destinatarias:

Persoas residentes en Galicia con discapacidade igual ou superior a un 33%, preferentemente entre 12 e 30 anos.

Datas e horarios:

  • 8 de setembro: de 16 a 19h
  • 15 de setembro: de 16 a 19h

Prazas:

10 persoas (5 cada xornada)

Lugar de realización:

Ría de Muxía (A Coruña).

As persoas participantes deberá incorporarse á actividade na Mariña de Muxía, no porto de Muxía, R/Marina nº7 15124 Muxía. Os gastos de desprazamento ata o lugar de inicio da actividade correrán a cargo de cada persoa participante.

Actividades:

  • Bautismo de mar
  • Formación teórica e práctica sobre conceptos básicos de vela.

Datas de inscrición:

Ata o 7 de setembro de 2021 ás 20h

Inscrición:

Mediante formulario de inscrición

Admisión:

Por rigorosa orde de inscrición.

As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación antes do 8 de setembro ás 12h entenderase que non obtivo praza.

MÁIS INFORMACIÓN

lecer@cogami.gal

xuventude@xunta.gal