Asesoramento a empresas e profesionais culturais sobre medidas e axudas fronte ao COVID-19

29 Mai 2020

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, pon en marcha un servizo de asesoramento dirixido a empresas e profesionais culturais no marco do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados do COVID-19. Terá como obxectivo dar resposta a todo tipo de dúbidas de carácter laboral, fiscal e mercantil relacionadas coas medidas deseñadas para paliar as consecuencias económicas do COVID-19, asesorando sobre as diferentes liñas de axudas ás que poden optar as empresas e profesionais do sector cultural, así como outras dúbidas sobre cuestións como ERTE, prestación por cese de actividade, plan de desescalada, moratorias nas cotizacións á Seguridade Social, aprazamentos de impostos, etc.

Este novo servizo estará dispoñible en liña, ou de forma presencial no Museo Centro Gaiás os mércores, xoves e venres en horario de 10 a 14 horas.
Tanto para acceder ao asesoramento telemático como para pedir unha cita presencial, cómpre contactar a través do email: asesoramentocultural@cidadedacultura.org 

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/servizo-de-asesoramento-para-empresas-e-profesionais-culturais