Plan Xuvenil Impulsa do Concello de Santiago

17 Set 2018

O Concello de Santiago de Compostela convoca o Proxecto “PLAN XUVENIL IMPULSA” que ten como obxectivo a integración sustentable de persoas novas no mercado de traballo no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

 

Para iso, realízanse Itinerarios Integrados para a mellora da Formación e a Empregabilidade en diferentes especialidades vinculadas a sectores con potencialidade de crecemento.

 

Poderán participar no proceso de selección aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

- Ter idades comprendidas entre os 16 e 29 anos (ambos inclusive)

- Estar en situación de desemprego e estar inscrito/a na Oficina de Emprego do SGC como demandante de emprego ca tarxeta de demanda de emprego actualizada.

- Non participar en ningunha acción formativa ou educativa.

- Estar inscrito/a como beneficiario/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

- Cumprir cos requisitos de formación mínima de acceso establecidos para cada itinerario formativo:

 

Estes requisitos e demais condicións para o acceso aos cursos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de admisión de solicitudes e haberán de ser acreditados no momento de presentación das mesmas.

INSCRICIÓNS

As persoas que estean interesadas en participar nas probas de selección deberán inscribirse, no Itinerario Formativo no que desexen participar , na Web da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago: http://axencialocaldecolocacion.org/

 

Bases de participación