Garantía Xuvenil (19)

O Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) da Cámara de Comercio de España está dirixido á mocidade beneficiaria de Garantía Xuvenil. Preséntase a través das cámaras provinciais, con dous plans: formación e mobilidade.

O obxectivo é facilitar a inserción laboral, mellorando a capacitación e  cualificación para mellorar o acceso ao mundo laboral da mocidade en situación de desemprego.

O plan de mobilidade ofrece a posibilidade de realizar prácticas de 3 a 6 meses nunha empresa estranxeira cunha axuda para o transporte, en función da distancia, e unha achega mensual, que varía en función do nivel de vida do país de destino.

Tamén cobre o seguro de viaxes e médico durante o tempo de prácticas.

Requisitos
- Mocidade de 18 a 29 anos que non estean en activo (nin estudando nin traballando) e atópense inscritos no sistema de Garantía Xuvenil.
- Deben posuír unha titulación acorde coa ocupación demandada.
- Terán un nivel mínimo de B1 da lingua en que se realizarán as prácticas.

Como participar?
Para poder participar hai que contactar coas cámaras provinciais que participen no programa e que teñan a convocatoria aberta

Pódese atopar unha oferta de prácticas a través da bolsa do plan ou ben facer unha procura por libre e atopar unha empresa que che acepte como persoa en prácticas.

Deberase encher a solicitude e unha carta de motivación, así como facilitar toda a documentación requirida: inscrición en Garantía Xuvenil e nivel de idiomas, entre outros.

Prazo:  aberto todo o ano

https://empleoygarantiajuvenil.camara.es/descubre-el-plan-de-movilidad-pice#formulario

A Fundación ONCE puxo en marcha a terceira edición do programa de axudas de mobilidade internacional para que mozas e mozos con discapacidade de entre 18 e 29 anos poidan estudar inglés, francés ou alemán nalgún país da Unión Europea cuxa lingua oficial sexa un destes tres idiomas.

As axudas son para cursos e estancias de entre 4 e 12 semanas de duración, nalgún país da UE onde o idioma oficial sexa o inglés, francés ou alemán.

As bolsas para estancias de 4 semanas son de 2.000 euros e as de 12 ascenden a 6.000 euros. Todas elas cobren a formación en inglés, francés ou alemán a través de cursos que deberán desenvolverse entre o 1 de marzo e o 15 de setembro deste ano e que haberán de ter unha carga lectiva de polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha.

Prazos: pódense presentar as solicitudes ata o 7 de agosto de 2020 a través do portal de bolsas de Fundación ONCE:  https://bolsas.fundaciononce.es na sección "Bolsas de idiomas no estranxeiro".

Requisitos
- Acreditar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ter entre 18 e 29 anos.
- Estar rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de maneira previa ao comezo do curso.
- Posuír un nivel mínimo  B1 do idioma para o que solicitan a axuda ou outro título ou nivel asimilado.

https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasCursoIdiomas.aspx

Os Talleres de Busca de Emprego están dirixidos a xente nova ata 30 anos co obxectivo de ampliar as súas posibilidades de atopar traballo.

Cruz Vermella Española en Ourense
Rúa Díaz de la Banda, 40
32004 Ourense

Teléfono: 988 222 484  Extensión: 57466
www.cruzroja.es/ourense
www.cruzroja.es

Cruz Vermella Española en Ourense convoca para o próximo mes de febreiro o curso de “Actividades de venda” dentro do proxecto Segundas Oportunidades para a Formación e a Aprendizaxe, pertencente ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil ( POEJ). Este proxecto está financiado polo Fondo Social Europeo ( FSE) e o Ministerio de Emprego, Migracións e Seguridade Social e diríxese a mozos menores de 30 anos rexistrados en Garantía Xuvenil.

Para ampliar información ou incribirse no curso contacta con:

Cruz Vermella Española en Ourense
Rúa Díaz de la Banda, 40
32004 Ourense

Teléfono: 988 222 484  Extensión: 57466

www.cruzroja.es/ourense
www.cruzroja.es

Cruz Vermella de Santiago de Compostela convoca formación destinada a mozas  e mozos de 16 a 30 anos.

Máis información na Cruz Vermella
Avenida de Lugo, 42. 15707 Santiago
Teléfono: 981 586 969  Ext.: 38694

www.cruzvermella.org

auxiliarcomerciocursocamareroahosteleria

A Rede Española de Entidades polo Emprego, Rede Araña, é unha asociación de entidades sen ánimo de lucro que desenvolve este programa gratuíto de formación para o emprego e autoemprego dirixido a mozos menores de 30 anos que buscan mellorar a súa empregabilidade o poñer en marcha a súa propia idea empresarial.

O programa EuEmprendo Galicia estará operativo desde o 01/10/2019 ata o 30/06/2020.

Destinatarios:

- Mozos maiores de 16 anos e menores de 30 anos das provincias de Pontevedra e Ourense.
- Que se encontren en situación de desemprego.
- Rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Obxectivos:

- Poñer en marcha o teu negocio: aprenderás novas técnicas para validar o teu modelo de negocio, captar clientes, xerar ventas e ademais, acompañado en todo o proceso por expertos en activo.

- Mellorar a túa empregabilidade: descobre novas formas de converterte no candidato ideal para as empresas. Aprende a diferenciarte e a crear a túa marca persoal.

Formación:

- Formación teórica-práctica (50 horas): desenvolveranse competencias claves para xerar un cambio no xove emprendedor, traballando de maneira práctica os seguintes contidos: Modelo Canvas, metodoloxía Design Thinking, plan de empresa, estratexia de marketing, estrutura organizativa, Inversión, conta de resultados...
- Titorías individuais (10 horas): a nivel individual traballarase segundo o perfil e as necesidades do participante, de cara ao emprendemento e á mellora da empregabilidade dos mozos que desexan acceder ao mercado laboral.
- Mentoring e acompañamento no seu proxecto empresarial (20 horas): con expertos en diversas materias que axudarán aos participantes a avanzar no proxecto empresarial e a traballar a posta en marcha da súa idea.

Inscricións: a través do seguinte formulario.

Máis información:
Teléfono:  988 39 15 15
www.yoemprendogalicia.com
yoemprendogalicia@empleoenred.org

APETAMCOR (Asociación empresarial de transporte de mercadoría por estrada de Galicia) pon en marcha o Programa Integrado de Emprego de Galicia “INSERLOGIC 4.0” para a inserción laboral no sector do transporte e a loxística de 100 mozos e mozas menores de 30 anos de baixa cualificación, que desexen cualificarse para as seguintes ocupacións:

Condutor/a repartidor/a en furgón ou camión.
Mozo/a auxiliar de almacén, carga e descarga.
Carretilleiro/a.


O programa desenvolverase nos próximos meses en Santiago, Lugo, San Cibrao das Viñas (Ourense) e Vigo, e inclúe as seguintes actuacións gratuítas:

Información, orientación e asesoramento laboral individualizado para os participantes.
Prospección de empresas, intermediación e acompañamento na procura de emprego.
Obradoiros de motivación, coaching, habilidades sociolaborais e empregabilidade.
Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.
Formación para o emprego específica:
– PERMISOS DE CONDUCIR B, C + CAP
– CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE ALMACÉN + CARRETILLAS ELEVADORAS
Prácticas non laborais en empresas.

Ademais, os particitantes poderán beneficiarse de servizo de conciliación gratuíto.

O programa conta co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Os/as interesados/as que desexen inscribirse no programa ou ampliar información, poden contactar por teléfono en 981574922, 982256109, 986342233, 988254200 ou ben por e-mail en forinlab@apetamcor.com.

O Concello de Santiago de Compostela convoca o Proxecto “PLAN XUVENIL IMPULSA” que ten como obxectivo a integración sustentable de persoas novas no mercado de traballo no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

 

Para iso, realízanse Itinerarios Integrados para a mellora da Formación e a Empregabilidade en diferentes especialidades vinculadas a sectores con potencialidade de crecemento.

 

Poderán participar no proceso de selección aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

- Ter idades comprendidas entre os 16 e 29 anos (ambos inclusive)

- Estar en situación de desemprego e estar inscrito/a na Oficina de Emprego do SGC como demandante de emprego ca tarxeta de demanda de emprego actualizada.

- Non participar en ningunha acción formativa ou educativa.

- Estar inscrito/a como beneficiario/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

- Cumprir cos requisitos de formación mínima de acceso establecidos para cada itinerario formativo:

 

Estes requisitos e demais condicións para o acceso aos cursos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de admisión de solicitudes e haberán de ser acreditados no momento de presentación das mesmas.

INSCRICIÓNS

As persoas que estean interesadas en participar nas probas de selección deberán inscribirse, no Itinerario Formativo no que desexen participar , na Web da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago: http://axencialocaldecolocacion.org/

 

Bases de participación

 

O Taller de Xestión e Produción de Festivais Musicais é un progrrama de formación socio-ocupacional para a mocidade que queira iniciarse na industria musical emprendendo ou dinamizando local ou comarcalmente a súa área de residencia.

 

O obxectivo e desenvolver competencias, coñecementos e aptitudes específicas cara á organización e xestión de festivais musicais.O únivo requisito para participar é estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil.

 

O taller é gratuíto para as persoas participantes e poden solicitarse bolsas de transporte para cobrir o gastos de desprazamento ata o Taller.

 

Inscricións ata cubrir prazas na páx web https://www.paideia.es/taller-gestion-y-produccion-festivales/, no correo electrónico juventud@paideia.es ou no teléfono 981817000. 

 

 

Máis información: Fundación Paideia