Bolsas Cursos Verán UCM 2024

30 Abr 2024

A Universidade Complutense de Madrid convoca diversos cursos  de verán no Escorial  para o verán de 2024 e Fundación Xeral da UCM, convoca para eses mesmos cursos un conxunto de bolsas en diversas tipoloxías.

Convócanse dous tipos de bolsas, bolsas de matrícula e bolsas de aloxamento e manutención.

As bolsas están destinadas a distintos colectivos, entre os que se atopan estudantes de grao, posgraduados, estudantes doutros niveis educativos, así como colectivos en situación de desemprego, xubilados/as ou público en xeral para a asistencia ás actividades académicas organizadas pola Fundación Xeral da UCM en San Lorenzo del Escorial durante o mes de xullo de 2024.

Con carácter xeral poderán solicitar estas axudas quen reúna os seguintes requisitos:

 

A) Todos os solicitantes. Ser maiores de idade e de nacionalidade española, ser nacionais doutro país membro da Unión Europea, ou ser extracomunitarios con residencia legal en España, ou nacionais de países latinoamericanos.

B) Estudantes ou titulados universitarios. Titulación académica: Os solicitantes deberán cumprir algún dos seguintes requisitos:

B.1) Ter matrícula formalizada no curso académico 2023/2024 en estudos oficiais para a obtención dun título de Grao, Máster ou Doutoramento na UCM ou noutra Universidade española, ou dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), ou en programas equivalentes segundo a normativa vixente.

B.2) Finalizar calquera dos estudos oficiais enumerados no punto anterior con posterioridade ao 31 de decembro de 2020.

B.3) Calquera graduado ou titulado universitario con anterioridade a 2020.

C) Estudantes beneficiarios do Programa de Axudas UCM por causas socioeconómicas, o Programa de Axudas ao Estudo Concepción Arenal, o Plan Especial de persoas afectadas pola guerra de Ucraína, o Programa de axuda ás persoas Refuxiadas, así como estudantes que fosen vítimas de violencia de xénero. Ademais de cumprir os requisitos do apartado B), deberán anexar a acreditación correspondente da súa situación.

D) Membros da comunidade universitaria Complutense, profesionais, persoas xubiladas ou en situación de desemprego. Os solicitantes deberán anexar a acreditación correspondente.

E) Alumnos/as con diversidade funcional acreditada superior a un 33%. Anexarase a acreditación correspondente conforme ao disposto no Real Decreto 888/2022, do 18 de outubro, polo que se establece o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

Contía da bolsa:

Bolsa de matrícula: a bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago parcial da matrícula no curso ou encontro solicitado.

Bolsa de aloxamento e manutención: a bolsa de aloxamento e manutención, ata a contía máxima establecida nesta convocatoria, cobre exclusivamente o custo do aloxamento do solicitante matriculado na actividade académica correspondente durante o período de duración do curso, nos aloxamentos facilitados pola organización.


Prazo de presentación:  ata o 24 de maio de 2024.

Máis información: www.cursosverano.ucm.com