ICEX Vives é un proxecto de prácticas formativas no estranxeiro. Unha experiencia única na que se prevé prácticas cunha duración entre 6 e 12 meses. Un destino no estranxeiro, nun único país ou en varios, sempre na mesma empresa.
Mediante este proxecto apoiase aos mozos e mozas para que vivan unha experiencia formativa única e enriquecedora, e ás empresas para que atopen o talento que impulse os seus procesos de internacionalización.
Requisitos
Ter entre 18 e 30 anos, nacionalidade española ou da UE, titulación universitaria de grao ou de técnico medio ou superior de Formación Profesional, e querer vivir unha experiencia internacional.
Prácticas formativas en calquera disciplina, non importa cal sexa a túa especialización.
Dotación
Dotación económica en función da cidade/país de destino: entre 21.000 € e 50.000 € ao ano.
Seguro de asistencia médica e de viaxe a cargo de ICEX.