A Xunta abre o prazo da 5ª edición do Xuventude Mentoring para apoiar a mocidade na transición ao emprego

13 Feb 2024

A Xunta abriu esta semana o prazo de inscrición da quinta edición do programa Xuventude Mentoring, dirixido a asesorar e acompañar a mocidade na transición do ámbito académico ao emprego. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta semana a empresa Galchimia, na Coruña, unha das participantes desta iniciativa.

A directora xeral lembrou que a mocidade interesada poderá enviar a súa solicitude para participar na quinta edición ata o 1 de marzo a través da páxina web habilitada para este programa.