Curso online de Cooperativas de Plataformas Dixitais da Universidade de Mondragón.

28 Feb 2023
Curso online de Cooperativas de Plataformas Dixitais da Universidade de Mondragón.
 
Aprenderás a xerar proxectos de cooperativas de plataforma, a tomar consciencia sobre o capitalismo de plataforma e coñecerás o modelo de traballo asociado.
Inicio: 27 de marzo de 2023
Fin: 19 de xuño de 2023.
Curso Online con seguimento e sesión semanal síncrona.
Prezo: 150 €, con todo, hai un prezo reducido de 40 €  porque se busca que este curso sexa o máis inclusivo posible, e para aquelas persoas que poidan ter dificultades de acceso existe a opción de acollerse á matrícula reducida.
Diploma: ao completar o curso recíbese un diploma expedido por Mondragon Unibertsitatea.
 
Webinar de presentación o 13 de marzo
 
 
Tamén contas con información do Curso na Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop:
En Galicia podes informarte e contactar a través da Unión de Cooperativas EspazoCoop, no telf. 986 866 149 e no correo electrónico teresa@espazo.coop (Teresa Balado).