RETO EMPREGO "30 DÍAS"

27 Dec 2022
A Deputación da Coruña colabora no proxecto "Reto Empleo 30 días" impulsado por Eva Porto, psicóloga especialista en recursos humanos.
 
O proxecto ten por obxecto acadar que as persoas participantes consigan un emprego no prazo de 30 días a través da realización dunha serie de retos diarios.
 
Durante os primeiros 30 días de xaneiro as persoas participantes recibirán no seu enderezo electrónico pequenos desafíos que lles guiarán na súa procura de emprego. Neles afondarase en todos os aspectos esenciais para ter éxito na procura de emprego: currículum, entrevistas de traballo, LinkedIn, portais de emprego, etc. Ademais contarase coa participación de empresas como Endesa, Michael Page, Accenture, JD Sport, Sprinter, Minsaint, ... que irán publicando as súas vacantes a través dos distintos retos.
 
As inscricións realizaranse a través da seguinte páxina web: https://evaporto.com/reto-empleo-30-dias/