Formación gratuíta na Coruña en Big Data con compromiso de contratación para persoas desempregadas

12 Dec 2022

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Emprego, oferta un novo curso de formación en Big Data, gratuíto para persoas desempregadas. No marco do programa 'Actualízate', impartirase un curso en Big Data no Centro Municipal de Emprego dos Rosales co obxectivo de facilitar o acceso a persoas desempregadas a postos de traballo que dispoñan dunha estratexia de transformación dixital.

Este curso é froito do convenio asinado coa UTE Innova Next, SLU e The Valley Digital School SL para o desenvolvemento da formación para o emprego e intermediación no sector da tecnoloxía e a comunicación, avanzando no obxectivo do Goberno de Inés Rey de dar formación en sectores con alta demanda de persoal cualificado.

O programa conta con 253 horas de formación gratuítas que se desenvolverán entre o 19 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2023, en horario de 9.00 a 18.00 horas. Ademais da formación específica sobre Big Data, o curso complétase con 12 horas de orientación laboral por persoa en formación xunto cun compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25% do alumnado que finalice o programa.

As persoas interesadas xa poden realizar a súa inscrición a través da web www.actualizateprograma.es. Pode inscribirse calquera residente no municipio da Coruña en idade de traballar demandante de emp, rego no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

 

Máis información

Páxina web

Formulario de inscrición