Fórmate en Axenda 2030 e emprendemento xuvenil no medio rural

28 Set 2022

A Rede Española de Desenvolvemento Rural, REDR, impulsa o emprendemento xuvenil e a Axenda 2030 no medio rural co lanzamento dun novo programa formativo gratuito en liña certificado por Nacións Unidas.

O programa está enfocado principalmente a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, pero calquera persoa pode participar, tanto se tes unha idea previa de negocio coma se unicamente te sentes atraído/a por a idea de emprendemento e queres valorar a posibilidade de dar o paso.

Contarás coa posibilidade de recibir un asesoramento personalizado por parte dos Grupos de Acción Local. Descobre aquí os máis de 30 GAL que poderán asesorarche para materializar a túa idea: https://bit.ly/3BUaLx7

Consta de 4 semanas de duración, é gratuíto e conta coa certificación de Nacións Unidas.

 Xa están abertas as inscricións, podes rexistrarte aquí!

 

Máis información | tel.: 911 289 748 | enderezo electrónico: redr@redr.es

Rede Española de Desenvolvemento Rural R/ Duque de Medinaceli, 12 1º esquerda 28014- Madrid