No marco do programa “A Xuventude no mundo”, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con distintas entidades noutros países, convoca catro intercambios xuvenís.
País |
Lugar de intercambio |
Nº de prazas |
Data de realización 2018 |
Italia |
Polo Tecnico Profesionale I.I.S. Vendramin Corner – Venecia |
20 |
28/03-03/04 |
Comuna de Fondachelli Fantina- Sicilia |
20 |
11/03-17/03 |
|
Xeorxia |
Asociación Biridge to Europe-Tiblisi |
5 |
16/07- 22/07 |
Xapón |
Prefectura de Wakayama |
30 |
03/09-10/09 |
Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.
Prazo de inscrición: do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2018.
Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.
Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.
Admítese a inscrición nos catro intercambios, tendo en conta os requisitos de participación en cada un deles. No caso de inscrición dobre, triplo ou cuádruplo o/a solicitante deberá indicar a orde de preferencia de participación.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.
No caso de que unha persoa solicite participar nos dous ou máis intercambios, a admisión nun intercambio exclúe a admisión nos outros, salvo que non se cubran as prazas destes últimos.
Confirmada a praza nos 10 días (naturais) seguintes os/as seleccionadas deberán remitir a galeuropa@xunta.gal
Unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata a cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo.
Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade (ou copia da Tarxeta Sanitaria Europea no caso dos intercambios de Italia).
No intercambio á Prefectura de Wakayama (Xapón): unha declaración de compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a dous mozos/as xaponeses/as durante tres días no mes de marzo de 2018 (9, 10 e 11 de marzo de 2018) con motivo do desenvolvemento do intercambio de acollida na comunidade autónoma galega.
A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.
De producirse baixas despois de adxudicarse as prazas, ofertaránselle aos/as solicitantes da lista de espera, tendo que presentar estes o billete e a documentación nos 5 días (naturais) seguintes da comunicación.
No caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.
Recibidos correctamente os documentos requiridos, aos seleccionados/as seralles facilitado, posteriormente, o nome do/a coordinador/a que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de realización do intercambio.
Realizarase o intercambio se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada un.
INTERCAMBIO XUVENIL A SICILIA (ITALIA)
Título: “Mocidade para a inclusión de inmigrantes”.
Datas de realización do intercambio: do 11 ao 17 de marzo de 2018.
**O 11 de marzo todos os mozos e mozas participantes deben estar na Comuna de Fondachelli Fantina-Sicilia.
**Os/as mozos/as participantes deberán participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 17 de marzo.
Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).
Destinatarios/as: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.
Cobertura do intercambio:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Trasporte no ámbito do intercambio.
Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.
Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade ou Tarxeta Sanitaria Europea.
Actividades provisionais previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais; charlas coloquios sobre as sociedades multiculturais e políticas de integración; workshops sobre mediación e comunicación intercultural; reunións con autoridades locais; encontros con mozos e mozas sicialianos/as e cea intercultural.
Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
Aeroporto de Catania.
Aeroporto de Palermo.
INTERCAMBIO XUVENIL A VENECIA (ITALIA)
Título: “Arte e historia veneciana”.
Datas de realización do intercambio: do 28 de marzo ao 3 de abril de 2018.
**O 28 de marzo todos os mozos e mozas participantes deben estar en Polo Tecnico Profesionale I.I.S. Vendramin Corner – Venecia.
**Os/as mozos/as participantes deberán participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 3 de abril.
Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).
Destinatarios/as: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.
Cobertura do intercambio:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Trasporte no ámbito do intercambio.
Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.
Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade ou Tarxeta Sanitaria Europea.
Actividades provisionais previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.
Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
Aeroporto Internacional Marco Polo - Venecia.
Aeroporto de Sant´Angelo – Treviso.
INTERCAMBIO XUVENIL A TIBLISI (XEORXIA)
Título: “A diversidade dos costumes, a convivencia entre culturas diferentes”.
Datas de realización do intercambio: do 16 ao 22 de xullo de 2018.
**O 16 de xullo todos os mozos e mozas participantes deben estar nas instalacións da Asociación Biridge to Europe en Tiblisi (Xeorxia).
**Os/as mozos/as participantes deberán participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 22 de xullo.
Prazas: 5 (acompañados/a dun/ha coordinador/a).
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.
Cobertura do intercambio:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Trasporte no ámbito do intercambio.
Datas de realización do intercambio:Actividades organizadas pola entidade de acollida.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.
Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Actividades provisionais previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, reunión con mozos /as de universidades estatais,; visitas varias: Ministerio de relacións e Asuntos Exteriores de Xeorxia, covas de Sataplia,..., workshops, encontros con mozos e mozas xeorxianos e cea intercultural.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
Aeroporto de Tiblisi
INTERCAMBIO XUVENIL Á PREFECTURA DE WAKAYAMA (XAPÓN).
Título: “Conmemoración do 20 aniversario do irmanamento do Camiño Kumano Kodo co Camiño de Santiago”.
Datas de realización do intercambio: do 3 ao 10 de setembro de 2018
**O 3 de setembro todos os mozos e mozas participantes deberán estar en Wakayama.
** Os/as mozos/as participantes deberán participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 10 de setembro.
Prazas.- 30 (acompañados/as dun/ha coordinador/a).
Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio e que non participaran nos últimos tres anos (2015-2017) no programa A Xuventude no mundo.
Cobertura do intercambio:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
Trasporte no ámbito do intercambio.
Actividades organizadas pola entidade de acollida.
3 días de estancia con familias xaponesas.
Será a cargo do/a participante:
Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.
Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.
Actividades provisionais previstas: percorrido durante 3 días do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses, cea intercultural e aloxamento durante 3 días con familias xaponesas.
Estancias con familias xaponesas: Os/as participantes neste intercambio adquiren o compromiso de acoller no seu domicilio particular en Galicia durante 3 días (9, 10 e 11 de marzo de 2018) a 2 mozos ou mozas xaponeses/as, con motivo do desenvolvemento do intercambio de acollida en Galicia.
Reunión previa á saída: Os /as mozos/as seleccionados/as serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio previo ao inicio do intercambio, no día e lugar que determine a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A asistencia será obrigatoria, agás causa de forza maior debidamente xustificada. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.
Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:
Aeroporto de Kansai.
MÁIS INFORMACIÓN
galeuropa@xunta.gal
Teléfono/s:981544645 - 981544869