Charla ´Prevención de estafas telemáticas e identidade dixital ´ na Casa da Mocidade de Barbadás

13 Dec 2022

A Casa da Mocidade de Barbadás organiza unha charla informativa sobre prevención de estafas telemáticas e identidade dixital. Será a Garda Civil a encargada de informar da necesidade do bo uso destas ferramentas para previr as estafas e os fraudes a través do comercio on-line que aumentan considerablemente nas datas de Nadal.

Impartirase o xoves, 22 de decembro de 2022 das 11.30 ás 13 horas. 

Lugar de realización da charla: Rua Os Diestros, 2, 32002 A Valenza, Ourense.

 

Máis información

Tlf.: 988 000 234

Instagram

xuventude@barbadas.es