Correspondentes Xuvenís no IES Porto do Son

05 Abr 2017

As alumnas Correspondentes Xuvenís do IES de Porto do Son, Manuela, Nerea, Adriana, Clara,  Carla e Sophía, están difundindo as novas de interese para o alumnado que lles achega a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Así mesmo tamén procuran, pola súa conta, información para dar a coñecer a vida cotiá do no seu Centro.
O seu traballo o publicitan no taboleiro, nas aulas e no seu blog.

Se queredes ver unha mostra do seu traballo podedes visitar o blog: http://correspondentesson.blogspot.com.es/

Tamén convidámosvos a que entredes na páxina do Centro  http://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/, onde atoparedes as actividades desenvolvidas ao longo deste curso. Nalgunhas delas tamén participan as alumnas correspondentes.