Novas e actividades (1310)

bolsasPodes consultar na nosa web, bolsas que se convocan ao longo de ano, clasificadas por entidades convocantes ou por materias:

 

Bolsas por materias

Bolsas por entidades convocantes

nohatemestrelandin2Este é o vídeo realizado no IES Mestre Landín de Marín dentro do proxecto "Por 365 días de respecto e igualdade" polo alumnado de 2º ESO B (Ahmed, Yassine, Said, Andrea, Raquel, Mohammed, Esther, Rocío, Kilian, Cristopher, Sofía, David, Lucía, Tamara, Nerea, Diego, Sabela e Eduardo) e a profesora Patricia, en colaboración cos Correspondentes Xuvenís Sonia, María Cristina, Nuria Omaira, Andrea, Sabela, Lucía, Ana, Aida e Alba, para participar na campaña  No Hate:

http://www.hitsbook.com/oportunidades/dia-de-los-derechos-humanos-yodefiendo-1010/yodefiendo-los-derechos-humanos-nohatees-9/

Facebook dos Correspondentes Xuvenís do Mestre Landín:
https://www.facebook.com/pages/Correspondentes-Xuven%C3%ADs-IES-Mestre-Land%C3%ADn/1013552348662070?ref=hl


Parabéns ao alumnado e profesorado participante!!!

no-hateXa podedes lanzar os vosos tuits co hashtag #Yodefiendo coa finalidade de contribuir á acción con motivo do “Día Internacional dos Dereitos Humanos” o vindeiro 10 de decembro. O obxectivo é intentar chegar ao máximo número de persoas posible que dean voz á súa vez á defensa dos dereitos humanos a través de Twitter e, con ela, á Campaña NO HATE; obxectivo que conseguiremos asimismo cos retuits.

Queremos asimismo animarvos a que preparedes, si o creedes convinte, un vídeo coma este, dunha duración de entre 10 e 15 segundos, como parte da acción que se está levando a cabo entre todos. ¡Tendes ata o día 10 de decembro para facelo!

Baixo o lema No hate Speech online (non ao discurso de odio na Rede), o Consello de Europa convocou esta Campaña que pretende mobilizar os cidadáns especialmente aos mozos, para que debatan, actúen xuntos en defensa dos Dereitos Humanos e loiten contra calquera forma de intolerancia en Internet.

Obxectivos xerais:

Aumentar a conciencia sobre as expresións da intolerancia e o odio en Internet e sobre os riscos que estas comportan para a democracia.
Implicar os mozos para que loiten polos Dereitos Humanos (DDHH) en Internet e dotalos de medios e coñecementos.
Detectar os focos e formas do discurso do odio, o seu impacto e a súa percepción, para ter un coñecemento global da situación, e reducir os seus niveis de aceptación.
Mobilizar mozos polos DDHH e formalos para que actúen contra o racismo e a discriminación.
Apoiar e solidarizarse coas persoas e os grupos obxecto da expresión da intolerancia e odio on-line.
Motivar a participación da xuventude e a cidadanía en xeral.
Avogar por consensos sobre os instrumentos da política europea para combater a incitación á intolerancia e ao odio en Internet.
A campaña non pretende limitar a liberdade de expresión en Internet, senón loitar contra a intolerancia e a incitación ao odio online en todas as súas formas, incluídas as que máis afectan aos mozos, como as diferentes modalidades de ciberacoso.
Estará baseada no ensino e difusión dos Dereitos Humanos, a participación dos mozos e a alfabetización dixital.

www.nohate.es

portadanovembro2014A última edición de Xuventude.Novas de 2014 ofrece unha reportaxe sobre os proxectos que o programa Yuzz seleccionou en Galicia para levar os seus impulsores ata Silicon Valley este mesmo mes de decembro. Este certame sobre innovación tecnolóxica tivo como sedes galegas a Vigo e a Santiago, que desenvolveron unha pulseira para coidar de persoas maiores e un sistema de localización cos teléfonos intelixentes para facilitar e analizar as compras. Os responsables dos dous proxectos gañadores foron recibidos pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen destacou a “capacidade de emprendemento” dos xóvenes.

O boletín interactivo da dirección xeral de Xuventude e Voluntariado dá conta tamén dunha nova campaña para concienciar sobre os riscos de practicar ‘sexting’, a difusión de imaxes íntimas a través das redes sociais. A campaña recolle dez razón para evitar esta práctica, na que se constatou que a miúdo os xóvenes perciben menos perigo do que en realidade existe.

A entrega dos premios do concurso artístico Xuventude Crea é outro dos contidos destacados deste Xuventude.Novas. Dentro da serie de entrevistas cos gañadores do certame, neste número é a quenda de Alberto Blanco, primeiro premio na modalidade de deseño de xoias, e de Lara Díaz, que vence una categoría de artes plásticas cunha creación pictórica. Blanco explica como se prantexou o deseño das pezas da colección ‘Orografía’ e afirma que aspira a encamiñar os seus pasos profesionais ao mundo da xoiaría. Díaz dá conta do significado da súa obra ‘Deshabitar. Habitación de invitados’ e comenta como compaxina o seu traballo coa afección pola pintura.

Outras dúas reportaxes do boletín son para senllos proxectos apoiados pola Iniciativa Xove. Un deles é a webserie ‘Fame’, que mestura thriller e un pouco de humor negro, valéndose de excelentes interpretacións e un traballo técnico de primeiro nivel. A serie está sendo un éxito de audiencia en internet. E o outro proxecto do que se dá conta é o impulsado por un grupo informal para divulgar un sistema de mostraxe de aire entre a xuventude. O propósito desta iniciativa científica e técnica é poder coñecer o grao de contaminación ambiental, sobre todo en espazos pechados.

Por último, o Xuventude.Novas indica algunhas das bases coas que se pode intentar que un vídeo se convirta en viral pola web. En esencia, hai que coidar tanto o contido como a factura técnica, e ter en conta que é un proceso no que o azar tamén ten unha importante intervención. A habitual axenda de espectáculos e de actuacións musicais por toda Galicia para as vindeiras semanas completa esta edición.

Nota: para unha correcta visualización en determinados navegadores de internet, recomendamos descargar o arquivo pdf en vez de abrilo noutra pestana.

Boletín Xuventude.Novas

A Xunta pon en marcha una campaña para concienciar tanto a mocidade coma as persoas adultas dos perigos que ten difundir determinadas fotografías ou vídeos a través de internet e das redes sociais.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentaron hoxe a campaña contra o sexting '10 razóns para non practicar sexting', onde López Abella destacou que esta é unha campaña pioneira en Galicia e incidiu na importancia do control das novas tecnoloxías xa que, segundo datos do Ministerio do Interior, 2 de cada 3 menores en España teñen perfil nas redes sociais, e o 60% deles se conecta diariamente a internet. Case un 30 por cento de nenas e nenos menores de 10 anos posúen un teléfono móbil, porcentaxe que sube ata o 83 por cento en rapaces e rapazas menores de 14 anos.

A Xunta incide na importancia dun uso responsable e seguro das novas tecnoloxías coa fin de evitar os posibles riscos por razón de xénero, e na busca da prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.

A secretaria xeral de Igualdade indicou que España ocupa o terceiro lugar do mundo, detrás de Brasil e Italia, no uso de redes sociais e o primeiro en Europa en facelo dende dispositivos móbiles. Isto conleva un aumento dos delitos relacionados con elas e así, neste ano 2014, máis de 200 persoas foron detidas por delitos sexuais ou de acoso en España. As cifras reflicten que, nos casos de sexting, as mulleres son vítimas de delitos relacionados con esta práctica en maior medida que os homes.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, indicou que o uso seguro das TICs e das aplicacións das contornas virtuais é unha das principais liñas de actuación dos técnicos do servizo ‘Quérote máis’ e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado porque “os mozos e mozas poden ter unha percepción do risco máis baixa na hora de compartir unha certa imaxe”.

Neste sentido, os técnicos do ‘Quérote máis’ están a desenvolver o programa ‘Conéctate’, no que se realizan diferentes accións como son a información e asesoramento aos mozos e mozas, tanto presencial como telefónica, en liña, e por mensaxería instantánea; accións formativas para a prevención do ciberbullying, que se desenvolven en centros de ensino, concellos e asociacións, ou campañas de sensibilización e participación na rúa, centros de ensino e a través das propias redes sociais.

Ademais, durante o curso 2013-14 realizáronse 25 intervencións con adolescentes para a prevención de posibles situacións non desexadas de acoso cibernético, coa participación de máis de 600 rapaces e rapazas.

Traballouse co profesorado nos cursos específicos de formación para o traballo co alumnado na aula e con grupos específicos, como menores con medidas xudiciais ou persoas con diversidade funcional.

Así mesmo, a campaña que se está a presentar hoxe difundirase desde as páxinas de http:// xuventude.xunta.es e dewww.voluntariadogalego.org, así como das redes sociais vinculadas, que suman máis de 27.000 seguidores.

Ademais, hoxe mesmo ponse en marcha un Plan de Formacion en diversos concellos galegos que ensinará a mozos e mozas o axeitado manexo das redes sociais, a súa finalidade e as repercusións que poden ter determinados comportamentos de risco, e que denominamos 'Violencia de xénero e o novo contexto dixital'; Trátase de obradoiros educativos para nenos, nenas e adolescentes, preferentemente expostos a situacións de violencia de xénero, centradas no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión.

Igualmente, e dando cumprimento aos obxectivos fixados no ‘VI Plan Galego para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes: Estratexia 2013-2015’, a partir do vindeiro 2 de decembro desenvolverase unha formación específica para o persoal de todos os Centros de Información ás Mulleres e das casas de acollida para mulleres en situación de violencia de xénero de Galicia, sobre ‘Violencia de xénero e sexual en internet, redes sociais e smartphones: coñecer, previr e actuar’.

PremiosNacionalesdeJuventud_2014O Instituto da Xuventude concede os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2014.

Un único premio de 3.000 euros en cada unha das seguintes categorías:

1. Iniciativas emprendedoras en materia de emprego, a dona Alice Lacien.
2. Comunicación intercultural, a don Joan Serra Montagut.
3. Voluntariado, a dona Jeimy Nathalia Me o Santander.
4. Igualdade, a don Felipe Campos i Louro.
5. Mención honorífica, sen dotación económica, a dona Cristina Joya Botia, na categoría de Voluntariado

Máis información no BOE do 21 de novembro de 2014 e en http://www.injuve.es/