Novas e actividades (1295)

Digochiño

Mar 23, 2023

A CRTVG estrea nova canle en YouTube Kids, dedicada aos máis pequenos da casa e onde xa é posible atopar os vídeos de ‘Digochiño’, a mascota do #DígochoEu, que están tamén dispoñibles na súa propia web, digochiño.gal.

YouTube Kids é unha plataforma de vídeos que ofrece unha experiencia en liña máis segura para os menores, cunha contorna máis controlada para que estes poidan navegar por si mesmos facilmente. Ademais, axuda a pais e coidadores a guialos nesta aventura no eido dixital. Esta nova proposta súmase á estreada pola CRTVG este mesmo mes de marzo: a web digochiño.gal, dedicada ao raposo branco e azul que cada sábado fomenta na G2, xunto a Esther Estévez, o uso do galego entre os cativos da casa.

Tanto a web coma a canle en YouTube Kids, son un contedor dos vídeos con todas as conversas entre o raposiño e a xornalista en que, entre outros temas, falan de ecoloxía, feminismo, expresións tipicamente galegas ou cuestións cotiás, incorporando tamén cancións, que son as que máis están triunfando nos primeiros pasos de Digochiño en YouTube Kids.

En Youtube: https://www.youtube.com/@digochino
Na rede: https://xn--digochio-j3a.gal/

Espazo Compartido

Mar 21, 2023

Espazo Compartido e un título propio da Universidade da Coruña para a formación laboral de persoas con discapacidade cognitiva
O seu obxectivo é dotar en habilidades persoais, sociais e competencias básicas para a empregabilidade e o fomento da inclusión laboral de mozas e mozos con discapacidade cognitiva.

Duración: 2 cursos académicos (900 horas/curso)
Prazas dispoñibles: 18
Equipo docente interdisciplinar
Prácticas en servizos propios da UDC e empresas externas

Docencia regrada
Talleres de formación complementaria: primeiros auxilios, manipulación de alimentos, como preparar o CV, como afrontar unha entrevista de traballo, preparación de oposicións...
Formación inclusiva con outras titulacións da UDC
Intercambios interuniversitarios
Actividades de extensión universitaria: cultura, saúde e deporte

Requisitos
Idade: ter entre 18 e 30 anos
Discapacidade intelectual igual ou maior ao 33%
Ser beneficiario do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Ter esgotada a etapa escolar
Demostrar unha conduta social axustada
Autonomía persoal

Prazo de inscrición: do 27 de marzo ao 19 de maio de 2023

https://www.udc.es/es/cufie/ADI/EspazoCompartido/ 

O Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no programa Campus de Profundización Científica en Soria, durante o mes de xullo de 2023 para alumnado de 4º da ESO.

Constitúe o obxecto deste Campus favorecer o desenvolvemento do interese científico por parte dos alumnos, potenciar as súas capacidades demostradas no ámbito das ciencias, así como fomentar o esforzo individual e a motivación do alumnado, á vez que se integra nun ámbito no que prima a convivencia e o intercambio de experiencias culturais e educativas entre alumnos procedentes das distintas Comunidades Autónomas.

 
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 estudantes cada un, que terán lugar nas seguintes datas:
- Primeira quenda: Do 4 ao 12 de xullo de 2023.
- Segunda quenda: Do 18 ao 26 de xullo de 2023.

O traslado dos estudantes desde os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como desde este ata os seus domicilios será por conta dos estudantes

Requisitos:
- Alumnadoque no curso escolar 2022/2023 estean a cursar ensinos de 4º de ESO en centros educativos españois sostidos con fondos públicos.
- Que obtivesen unha nota media no curso escolar 201/2022 superior ou igual aos 9,0 puntos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 14:00 do 21 de abril de 2023

Máis información no BOE do 18 de marzo de 2023 e en https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html 

A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2021/22 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2022.

Poderanse conceder ata 23 premios extraordinarios, un por cada familia de formación profesional de grao superior que se imparte en Galicia.

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso 2021/22 nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ter rematado os seus estudos no ano 2021.
2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

A dotación para os premios será de 1000 € por premio.

O prazo para optar aos premios estará aberto ata o 20 de abril de 2023.
A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311B
Máis información no DOG do 20 de marzo de 2023 e en https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pon en marcha unha nova edición do programa Cultura no Camiño, unha programación cultural destinada aos concellos de Galicia polos que discorren os distintos Camiños de Santiago, e que se desenvolverá entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2023.

Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos de Cultura no Camiño 2023, a Axencia Galega das Industrias Culturais abre un prazo do 13 ao 29 de marzo para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir as súas propostas a través da páxina web www.galescena.gal 

Poderán inscribirse espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.

http://www.agadic.gal/Avisos/detalles/817

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2023.

Beneficiarias:
a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros de entre 14 e 30 anos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus estatutos.

As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos.
- Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas.
- Carecer de fins de lucro

Finalidade:
Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de abril de 2023.
Máis información no BOE do 15 de marzo de 2023 e www.injuve.es 

No BOE do 4 de marzo de 2023 publícase o Programa de Mocidade Delegada de España en Nacións Unidas destinado a mozos e mozas españois co fin de ser integrados nas delegacións oficiais de España ante Nacións Unidas.

O Programa ten como fins:
a) A incorporación de mozas nas delegacións oficiais de España no marco de Nacións Unidas.   
b) Dar a coñecer e aumentar o interese da mocidade española polas Nacións Unidas.
c) Promover o labor que España leva a cabo en materia de política exterior nos distintos foros das Nacións Unidas.
d) Potenciar a participación da mocidade na elaboración da axenda multilateral, facilitando que as visións dos mesmos sexan tidas en conta no proceso de toma de decisións a nivel internacional.
e) Cumprir cos compromisos adquiridos mediante a Resolución 2250 (2015) do Consello de Seguridade das Nacións Unidas sobre Mocidade, Paz e Seguridade.
f) Contribuír á inclusión das inquietudes da mocidade nos foros de Nacións Unidas.

Para o cumprimento dos fins mencionados, os mozos delegados:
a) Participarán na planificación, realización e avaliación das distintas actividades a nivel nacional e internacional que incluirán, entre outras, a participación presencial e telemática en delegacións oficiais de España en foros multilaterais e a difusión do Programa a nivel nacional, así como o desenvolvemento do Plan anual de traballo aprobado.
b) Participarán na formación específica para a mocidade delegada.
c) Participarán no estudo e preparación das temáticas de traballo obxecto do Programa.
d) Colaborarán no desenvolvemento de actividades de consulta, comunicación, difusión e promoción das actividades nas que participasen e sobre os temas abordados, dirixidas a outros mozos e organizacións xuvenís.
e) Propoñerán futuros proxectos que dean a coñecer o Programa.
f) Elaborarán unha memoria final da participación no Programa.
g) Responderán a un cuestionario para avaliar o desenvolvemento do mesmo, así como calquera outra acción necesaria para o cumprimento dos fins desta iniciativa.

En breve abrirase un prazo para que a mocidade interesada en participar no programa presente as solicitudes.

BOE do 4 de marzo de 2023

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca os Premios Nacionais de Mocidade para o ano 2023.

Os Premios Nacionais de Mocidade 2023, supoñen un recoñecemento ao labor desenvolvido polo mozos/as, de carácter extraordinario, cuxa finalidade é a de estimular e recoñecer, a traxectoria e esforzo, de carácter extraordinario, daqueles novos que pola súa dedicación no seu traballo e a súa implicación persoal, poñen de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade.

Concederase un único premio en cada unha das seguintes categorías:
- Compromiso social. Recoñecemento ao labor desenvolto no ámbito social e o voluntariado.
- Cultura. Recoñecemento á utilización de disciplinas artísticas para transmitir valores.
- Medio Ambiente. Recoñecemento á realización de actuacións que fomenten o respecto ao medioambiente.
- Deporte. Recoñecemento a actuacións realizadas para que o deporte sexa un medio para adquirir e transmitir valores entre os máis novos.
- Ciencia e tecnoloxía. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións desenvoltas no ámbito da ciencia e a tecnoloxía.
- Dereitos Humanos. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións desenvoltas no ámbito dos dereitos humanos.

A dotación do premio é de 5.000 € por cada categoría.
Os Premios Nacionais de Mocidade están dirixidos a mozos e mozas de nacionalidade española, ou con residencia legal en España, que non superen a idade de 30 anos na data na que finalice o prazo para a presentación das candidaturas.

O prazo para presentar a inscrición estará aberto ata o 11 de abril de 2023.

Deberá achegarse, xunto á solicitude da candidatura, unha memoria na que se fará constar os motivos que fundamentan a candidatura que se presenta e á que se dá o seu respaldo, a actuación concreta realizada polo candidato pola que se opta a un dos premios previstos, os motivos polos que a actuación se considera modélica e innovadora, así como o impacto positivo da devandita actuación.

Máis información no BOE do 10 de marzo de 2023 e en www.injuve.es 
Mozos e mozas premios de 2022: https://www.injuve.es/conocenos/noticia/premios-nacionales-de-juventud-2022

O YouthSpeak Forum é o evento que une aos mozos e mozas do noso país con expertos, organizacións e empresas para discutir sobre os problemas globais e nacionais co obxectivo de xerar novas ideas e co-crear proxectos que se poidan levar á acción para impactar o país e contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 das Nacións Unidas.

O evento será en Madrid o 14 de abril de 2023, e tratará en profundidade os ODS
ODS 8 de Redución das desigualdades
ODS 10 de Crecemento económico e traballo decente
ODS 12 de Produción e consumo sostible.

Axenda YouthSpeak Forum:
- Inspírate: Mozos/as emprendedores/as e expertos móstrannos a súa contribución aos ODS mediante as súas propias sorprendentes historias.
- Actúa: Convidamos ós e ás asistentes a tomar acción e aprender unha metodoloxía para crear proxectos e contribuír á Axenda 2030s.
- Involúcrate: Aprender unha ferramenta ou habilidade a través da man de empresas/organizacións, usando exemplos prácticos de retos vinculados aos ODS.

O obxectivo é brindar ás novas xeracións unha plataforma para expresar a súa opinión, fomentar habilidades de liderado e conectar con profesionais en varios ámbitos.

Requisitos
Novos e novas emprendedores e emprendedoras do noso país.

Dirección
Facultade de INEF-UPM en Ciudad Universitaria de Madrid - C/ Martín Fierro,7, 28040 Madrid

Máis Información en youthspeakforum@aiesec.es e na páxina web www.youthspeakforumspain.com