En portada (1172)

A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecila Vázquez, visitou o pasado 16 de febreiro ao equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Terra de Trasancos de Narón.  Este equipo está formado por Soraya, Julian, Selena, Alexis, Moises, Desiree, Isabel, Ángela, Lara, Victoria, Aarón, Yaiza, Raul, Kenia, Nadia e Raul.

Blogue:
https://correspondentesiestrasancos.blogspot.com.es/2017/12/quen-somos-os-correspondentes.html

Facebook:
https://www.facebook.com/Correspondentes-IES-Terra-de-Trasancos-450230348708280/

Actualización do rango de idades dos participantes para os intercambios de Italia e Xeorxia, que pasan de 18 a 30 anos.

Podes consultar a información do programa en “A Xuventude no mundo” edición 2018: intercambios xuvenís a Italia, Xeorxia e Xapón

No marco do programa “A Xuventude no mundo”, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con distintas entidades noutros países, convoca catro intercambios xuvenís.

 

País

Lugar de intercambio

Nº de prazas

Data de realización 2018

Italia

Polo Tecnico Profesionale I.I.S. Vendramin Corner – Venecia

20

28/03-03/04

Comuna de Fondachelli Fantina- Sicilia

20

11/03-17/03

Xeorxia

Asociación Biridge to Europe-Tiblisi

5

16/07- 22/07

Xapón

Prefectura de Wakayama

30

03/09-10/09

 

Obxectivos: facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal.

Prazo de inscrición: do 31 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2018.

Inscrición: mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por participante.

Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión dalgún deles pode ocasionar a desestimación da solicitude.

Admítese a inscrición nos catro intercambios, tendo en conta os requisitos de participación en cada un deles. No caso de inscrición dobre, triplo ou cuádruplo o/a solicitante deberá indicar a orde de preferencia de participación.

Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza para o intercambio.

No caso de que unha persoa solicite participar nos dous ou máis intercambios, a admisión nun intercambio exclúe a admisión nos outros, salvo que non se cubran as prazas destes últimos.

Confirmada a praza nos 10 días (naturais) seguintes os/as seleccionadas deberán remitir a galeuropa@xunta.gal

  • Unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata a cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo.

  • Unha copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade (ou copia da Tarxeta Sanitaria Europea no caso dos intercambios de Italia).

  • No intercambio á Prefectura de Wakayama (Xapón): unha declaración de compromiso de acoller na súa residencia en Galicia a dous mozos/as xaponeses/as durante tres días no mes de marzo de 2018 (9, 10 e 11 de marzo de 2018) con motivo do desenvolvemento do intercambio de acollida na comunidade autónoma galega.

A non remisión destes documentos no prazo establecido supón a perda da praza no intercambio.

De producirse baixas despois de adxudicarse as prazas, ofertaránselle aos/as solicitantes da lista de espera, tendo que presentar estes o billete e a documentación nos 5 días (naturais) seguintes da comunicación.

No caso de que o billete de transporte adquirido fose anulado posteriormente a súa remisión á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a praza para o intercambio será anulada e considerada non adxudicada.

Recibidos correctamente os documentos requiridos, aos seleccionados/as seralles facilitado, posteriormente, o nome do/a coordinador/a que acompañará ao grupo, así como o lugar de encontro no lugar de realización do intercambio.

Realizarase o intercambio se existe un mínimo da metade das prazas convocadas para cada un.

 

INTERCAMBIO XUVENIL A SICILIA (ITALIA)

Título: “Mocidade para a inclusión de inmigrantes”.

Datas de realización do intercambio: do 11 ao 17 de marzo de 2018.

**O 11 de marzo todos os mozos e mozas participantes deben estar na Comuna de Fondachelli Fantina-Sicilia.

**Os/as mozos/as participantes deberán participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 17 de marzo.

Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).

Destinatarios/as: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.

Cobertura do intercambio:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.

  • Trasporte no ámbito do intercambio.

  • Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Será a cargo do/a participante:

  • Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.

  • Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade ou Tarxeta Sanitaria Europea.

Actividades provisionais previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais; charlas coloquios sobre as sociedades multiculturais e políticas de integración; workshops sobre mediación e comunicación intercultural; reunións con autoridades locais; encontros con mozos e mozas sicialianos/as e cea intercultural.

Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:

Aeroporto de Catania.

Aeroporto de Palermo.

INTERCAMBIO XUVENIL A VENECIA (ITALIA)

Título: “Arte e historia veneciana”.

Datas de realización do intercambio: do 28 de marzo ao 3 de abril de 2018.

**O 28 de marzo todos os mozos e mozas participantes deben estar en Polo Tecnico Profesionale I.I.S. Vendramin Corner – Venecia.

**Os/as mozos/as participantes deberán participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 3 de abril.

Prazas: 20 (acompañados/as dun/ha/s coordinador/a/s).

Destinatarios/as: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.

Cobertura do intercambio:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.

  • Trasporte no ámbito do intercambio.

  • Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Será a cargo do/a participante:

  • Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.

  • Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade ou Tarxeta Sanitaria Europea.

Actividades provisionais previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.

Recomendación de aeroportos máis pretos para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:

Aeroporto Internacional Marco Polo - Venecia.

Aeroporto de Sant´Angelo – Treviso.

INTERCAMBIO XUVENIL A TIBLISI (XEORXIA)

Título: “A diversidade dos costumes, a convivencia entre culturas diferentes”.

Datas de realización do intercambio: do 16 ao 22 de xullo de 2018.

**O 16 de xullo todos os mozos e mozas participantes deben estar nas instalacións da Asociación Biridge to Europe en Tiblisi (Xeorxia).

**Os/as mozos/as participantes deberán participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 22 de xullo.

Prazas: 5 (acompañados/a dun/ha coordinador/a).

Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio.

Cobertura do intercambio:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.

  • Trasporte no ámbito do intercambio.

  • Datas de realización do intercambio:Actividades organizadas pola entidade de acollida.

Será a cargo do/a participante:

  • Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.

  • Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.

Actividades provisionais previstas: entre outras, actividades de ocio educativo e culturais, reunión con mozos /as de universidades estatais,; visitas varias: Ministerio de relacións e Asuntos Exteriores de Xeorxia, covas de Sataplia,..., workshops, encontros con mozos e mozas xeorxianos e cea intercultural.

Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:

Aeroporto de Tiblisi

INTERCAMBIO XUVENIL Á PREFECTURA DE WAKAYAMA (XAPÓN).

Título: “Conmemoración do 20 aniversario do irmanamento do Camiño Kumano Kodo co Camiño de Santiago”.

Datas de realización do intercambio: do 3 ao 10 de setembro de 2018

**O 3 de setembro todos os mozos e mozas participantes deberán estar en Wakayama.

** Os/as mozos/as participantes deberán participar no intercambio a totalidade dos días, é dicir, ata o 10 de setembro.

Prazas.- 30 (acompañados/as dun/ha coordinador/a).

Destinatarios: mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio e que non participaran nos últimos tres anos (2015-2017) no programa A Xuventude no mundo.

Cobertura do intercambio:

  • Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.

  • Trasporte no ámbito do intercambio.

  • Actividades organizadas pola entidade de acollida.

  • 3 días de estancia con familias xaponesas.

Será a cargo do/a participante:

  • Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.

  • Os gastos do seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.

Actividades provisionais previstas: percorrido durante 3 días do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses, cea intercultural e aloxamento durante 3 días con familias xaponesas.

Estancias con familias xaponesas: Os/as participantes neste intercambio adquiren o compromiso de acoller no seu domicilio particular en Galicia durante 3 días (9, 10 e 11 de marzo de 2018) a 2 mozos ou mozas xaponeses/as, con motivo do desenvolvemento do intercambio de acollida en Galicia.

Reunión previa á saída: Os /as mozos/as seleccionados/as serán convocados a unha reunión preparatoria do intercambio previo ao inicio do intercambio, no día e lugar que determine a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A asistencia será obrigatoria, agás causa de forza maior debidamente xustificada. A data de realización desta reunión será comunicada por correo electrónico con antelación suficiente.

Recomendación de aeroporto máis preto para chegar ao lugar de destino do país de realización do intercambio:

Aeroporto de Kansai.

MÁIS INFORMACIÓN

galeuropa@xunta.gal

Teléfono/s:981544645 - 981544869

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Galicia acolleu do 12 ao 16 de marzo de 2017 a I Conferencia do proxecto VoicEU na que participaron máis de 40 representantes de entidades de 14 países.

Este proxecto foi aprobado no marco do programa Europe for Citizens 2014-2020 da Axencia Executiva de Educación, Audiovisual e Cultura, Acción 2. Compromiso democrático e participación cívica, Subacción 2.2. Rede de cidades.

O obxeto deste proxecto é valorar a voz dos/as ciudadans para entender o eurocepticismo, ao tempo que se fortalece a rede de cooperación entre as cidades e entidades participantes. Durante os cinco días de duración de esta I Conferencia desarrollaronse actividades centradas en esta temática (talleres, mesas redondas...), nas que puido participar cualquera persoa interesada.

Celebráronse xornadas complementarias tamén en outros lugares de Europa: Taormina (Italia) do 22 ao 25 de xuño de 2017, en Budapest (Hungría) do 22 ao 25 de setembro de 2017, en Sofia (Bulgaria) do 30 de novembro ao 3 de decembro de 2017 e en Tesalónica (Grecia) do 14 ao 17 de decembro.

A continuación pódese consultar a documentación resumo do proxecto:

Descripción do Proxecto

Informe de execución do Proxecto

Logo do proxecto

No DOG do 4 de xaneiro publícase a modificación dos prezos de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Carné xove

6 €

Carné alberguista xove

5 €

Carné alberguista adulto/a

10 €

Carné alberguista grupo

16 €

Carné alberguista familiar

18 €

Carné teacher (ITIC)

9 €

Carné internacional xove (IYTC)

9 €

Carné student (ISIC)

9 €

 

http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade

No DOG do 9 de xaneiro de 2018 publícanse as subvencións concedidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2017:

DOG do 9 de xaneiro de 2018

Prezos da prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade

A Consellería de Política Social publicou a ORDE do 28 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

DOG Núm. 3Xoves, 4 de xaneiro de 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180104/AnuncioG0425-291217-0001_gl.html

O Instituto da Xuventude, Injuve, concede os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2017.

Premio de 3.000 euros, en cada unha das seguintes categorías:

Iniciativas emprendedoras en materia de emprego, a Cristina Balbás Martínez.
Voluntariado, a Francisco Plantón Amador.
Igualdade, a Carla García Medina.
Mención honorífica, sin dotación económica, a Alberto Cabanes Pérez de Madrid en la categoría de Voluntariado

Máis información no BOE do 21 de decembro de 2017 e en www.injuve.es

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Noia, o encontro sectorial “A comunicación no eido profesional”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.

Data:  22 de decembro de 2017
Horario:  10:30- 12:00
Lugar:  Espazo Xove de Noia. R/ Pedra Sartaña. s/n. 15200 Noia

Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.

O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará no Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa, o encontro sectorial “Os produtos ecolóxicos no sector panadeiro-pasteleiro”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.

Data: 19 de decembro de 2017

Horario: 10:30- 12:00

Lugar: Espazo Xove de Vilagarcía
        R/ Xoan Carlos I
        36600 Vilagarcía de Arousa


Entrada libre para os/as mozos/as interesados/as.

O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.