Concurso de Fotografía "Naturalmente, de todos"

07 Mar 2024

Cultura Inquieta convoca o Concurso de Fotografía "Naturalmente, de todos" para mostrar instantáneas que lembren a beleza do noso planeta. Que cada imaxe sexa un testemuño da conexión única entre a humanidade e o mundo natural. Porque este mundo é, naturalmente, de todos.

As fotografías deberán compartirse en Instagram (en perfís públicos) xunto ao hashtag #NaturalmenteDeTodos e xunto ás mencións (que non etiquetando) @culturainquieta e @iberdrola. Pódense presentar fotografías desde todos os países e nacionalidades. Non hai límite de fotografías, pódese participar con tantas como se queira.

Requisitos
Poderá presentarse a este concurso calquera persoa que o desexe.

Dotación
Primeiro premio: 500 €
Segundo premio: 300 €
Terceiro premio: 200 €
Do cuarto ao décimo premio: 100 € a cada un

O prazo de recepción de obras estará aberto ata o 27 de marzo de 2024.

Máis información
https://culturainquieta.com