Premios e concursos (148)

O Concello de Noia convoca o XXIII Certame Literario de Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos".

Os textos deben ser inéditos e escritos en lingua galega. A temática é libre se ben deberán estar encadrados no relato de aventuras. Terán unha extensión de entre 70.000 e 100.000 caracteres. Cada autor poderá presentar unha única obra.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo Concello de Noia. R/ Rosalía de Castro, 2. 15200- Noia. A Coruña.

Requisitos
Poderá concorrer a este premio calquera persoa maior de idade de calquera nacionalidade.

Dotación
Premio único: 3.000 €, trofeo e publicación

O prazo de recepción de orixianis estará aberto ata o 20 de outubro de 2024.
 
Máis información
https://axendacultural.aelg.gal

O Concello do Grove convoca o XXXI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.

Os textos deben ser inéditos e totalmente orixinais. Estarán escritos en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e terán unha extensión de entre 50 e 100 páxinas, tamaño folio DIN A4, de dous mil cincocentos caracteres cada  páxina, aproximadamente, escritos en letra Arial, tamaño 12, espazo entre liñas de 1,5 e as follas deberán estar numeradas.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo XXXI Premio Manuel Lueiro Rey. Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. R/ Monte da Vila, 11. 36890- O Grove. Pontevedra.

Requisitos
Poderá concorrer a este premio calquera persoa física, excepto as persoas gañadoras das catro últimas edicións.

Dotación
Premio único: 3.000 €

O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de setembro de 2024.
 
Máis información
https://axendacultural.aelg.gal

Concurso de Novos Compositores/as “Juan José Olives”

O Grupo Enigma, Orquestra de Cámara do Auditorio de Zaragoza (Aragón), convoca un concurso dirixido a novos compositores/as baixo o nome do que fose director artístico e titular da OCAZEnigma nos seus inicios: Juan José Olives.

Este certame, levado a cabo por esta entidade con 25 anos de percorrido, ten como obxectivo “promover a creación musical actual das persoas menores de 35 anos que residan en España”.

O prazo para a recepción das obras finaliza o 31 de maio de 2024. A inscrición deberá facerse de maneira en liña a través da seguinte dirección de correo electrónico: ocaz.auditorio@zaragozacultural.com.

Requisitos:
-Compositores/as
-Persoas mozas menores de 35 anos (inclusive)
-Residentes en España
-Obras inéditas e cunha duración entre os 8 e os 10 minutos
-Unha única obra por concursante
-Persoal máximo por obra: 1 frauta (frauta piccolo, frauta en sol, frauta baixa), 1 clarinete (clarinete en sib ou a, clarinete piccolo en mib, clarinete baixo en sib), 1 violín, 1 violoncelo e 1 piano

Dotación:
A obra seleccionada será incluída e estreada na Xira anual do Festival de Ensembles do Grupo Enigma ou, na súa falta, na tempada número 30 do Grupo Enigma.

Máis información:
Auditorio / Palacio de Congresos
C/Eduardo Ibarra, 3
50009 Zaragoza (Aragón)
Correo electrónico: ocaz.auditorio@zaragozacultural.com
Teléfono: 97 672 13 62 / 97 672 13 00

Grupo Enigma - Información do Concurso

O Ministerio de Ciencia convoca o XXXV Certame "Jóvenes Investigadores", dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

A finalidade desta convocatoria é promover e incentivar a investigación nos centros docentes que impartan ensinos de etapas previas á universidade, mediante a concesión de premios a traballos relevantes de investigación científica ou tecnolóxica realizados polos alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato ou Formación Profesional.

Os traballos deberán adscribirse a unha destas cinco áreas de coñecemento:
- Artes e Humanidades
- Ciencias Sociais e Xurídicas
- Ciencias Físicas, Químicas e Matemáticas
- Ciencias da Terra e da Vida
- Tecnoloxía e Enxeñería

Requisitos:
Poderán tomar parte neste Certame, de forma individual ou colectiva, ata un máximo de tres mozos/as, de nacionalidade española ou con residencia legal en España, que cumprisen 15 anos antes do 31 de decembro de 2023 e que non cumprisen 21 anos ao 30 de setembro de 2024.

Premios:
- Premio Especial do Certame "Novos Investigadores", de 5.000 euros
- 7 primeiros premios, de 4.000 euros cada un.
- 10 segundos premios, de 3.000 euros cada un.
- 10 terceiros premios, de 2.000 euros cada un.
- 11 accésits, de 1.000 euros cada un.
- Oito premios de 2.000 euros aos profesores-titores de cada un dos traballos galardoados cos primeiros premios e o premio especial. En caso de existir máis dun titor, o importe repartirase equitativamente entre eles.

Mencións de Honra:
- Unha mención de honra a un Titor-coordinador.
- Unha mención de honra a un centro docente ou asociación.
- Unha mención de honra a unha persoa ou institución.

Participación en certames e congresos científicos internacionais.
- Ata un máximo de tres traballos poderán participar no Certame Europeo de Mozos Investigadores (EUCYS)

As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición da web do Ministerio, http://www.universidades.gob.es
O prazo para a presentación será ata o 24 de maio de 2024.

Máis información no BOE do 9 de maio de 2024 e na web do Ministerio de Universidades, https://www.ciencia.gob.es/Convocatorias/2024/CJI2024

A UNESCO convoca un concurso internacional de fotografía baixo o título “Os Roteiros da Seda a través dos Ollos da Mocidade”.

A iniciativa, que está dirixida para as persoas mozas entre 14 e 25 anos (ambos inclusive), forma parte do Programa dos Roteiros da Seda e do Sector de Ciencias Sociais e Humanas da Organización.

Nesta edición o tema elixido para as fotografías que se envían no concurso é “Celebracións de vida” e as escenas para capturar para as fotografías serán as seguintes:
- Cerimonias de nacemento e bautismo
- Celebracións de aniversarios que simbolizan o paso do tempo
- Cerimonias simbólicas de ritos de paso
- Cerimonias de compromiso e vodas coloristas e festivas que celebren as tradicións culturais e a unidade familiar
- Celebracións tradicionais e modernas das transicións estacionais, como as festas de primavera ou outono, como Nowruz, e as festas da colleita, que reflicten a natureza cíclica da vida e os ritmos da natureza
- Eventos e celebracións: como rituais, festivais e peregrinacións, que honran as crenzas espirituais e o patrimonio cultural

As persoas participantes no concurso participarán nalgunha das dúas categorías posibles: de 14 a 17 anos e de 18 a 25 anos.

Requisitos:
- Persoas mozas de entre 14 e 25 anos (ambos inclusive)
- Cumprimentar o formulario de participación en liña

Dotación:
Tres gañadores de cada categoría de idade recibirán unha cámara profesional:
- Primeiro posto: unha cámara profesional
- Segundo posto: unha cámara semiprofesional
- Terceiro posto: unha cámara dixital de modelo estándar

O xurado fará “unha selección dunhas 60 das mellores fotografías do concurso que aparecerán nun álbum de fotos profesional titulado “Youth Lens on the Silk Roads” (“A Visión da Mocidade sobre os Roteiros da Seda”, en español) e poderán formar parte dunha exposición que se celebrará en diversos lugares do mundo”.

Prazo: 14 de xullo de 2024

Máis información:
silkroadsphotocontest@unesco.org 

Información do concurso de fotografía da UNESCO
Formulario de inscrición
Programa dos Roteiros da Seda

O Concello do Grove convoca o XII Concurso de Pintura Ernesto Goday.

Poderá participar calquera persoa física maior de idade que presente unha obra súa, orixinal e inédita. Cada autora ou autor só poderá presentar unha obra.
As obras participantes deberán ter unhas dimensións mínimas de 60 x 50 cm e máximas de 150 x 150 cm.
A técnica e o estilo son libres e o tema abarcará todo o relacionado coa paisaxe natural e urbana do Grove e as súas xentes
O premio para a gañadora ou gañador do concurso é de 3.000 €

A inscrición no concurso pode facere no enderezo de correo electrónico casadacultura@concellodogrove.es ou no enderezo postal:
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Rúa Monte da Vila, 11
36980 O Grove
Pontevedra

O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de setembro de 2024.

Máis información no BOP do 8 de maio de 2024 e na OMIX do Grove, teléfono 986 730 975.

A Fundación Ibercaja convoca o IV Concurso de Cómic “Universo Goya”.

As obras deberán ser orixinais e inéditas. O tema e a técnica son libres, aínda que o eixo central será a vida e traxectoria artística de Goya, podendo facer referencia a efemérides biográficas do autor, reflexións sobre a súa obra en conxunto ou sobre algún cadro, debuxo ou gravado de forma individual, etc. Deberán ser historias completas, autoconclusivas e realizadas entre 2 e 4 páxinas a unha soa cara, en branco e negro ou cor, formato vertical e en castelán. Cada autor poderá presentar ata 2 traballos.

As obras premiadas e seleccionadas formarán parte da exposición itinerante de cómic “Universo Goya”, que dará comezo no Espazo Novo Fundación Ibercaja (Paseo Fernando o Católico 1-3, 50006 Zaragoza) en decembro de 2024, dentro do Salón do Cómic de Zaragoza.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo culturafundacion@fundacionibercaja.es

Requisitos
Persoas mozas de entre 18 e 30 anos nados/as ou residentes en España. Non poderán presentarse os autores que fosen premiados nas convocatorias anteriores.

Dotación
Primeiro Premio: 2.000 € e 20 exemplares
Segundo Premio: 1.000 € e 20 exemplares

O prazo de recepción das obras estará aberto ata o 15 de xullo de 2024.

Máis información
https://www.fundacionibercaja.es
Inscrición
97 639 73 87

O Concello de Albolote (Granada) convoca o XXVII Premio de Poesía Moza "Antonio Carvajal".

Os poemas serán inéditos e non premiados con anterioridade e estarán escritos en lingua castelá. Terán absoluta liberdade temática e formal e unha extensión de entre os 500 e 800 versos.

A presentación das obras realizarase mediante o envío por correo electrónico ao enderezo animacion@albolote.com

O prazo de presentación estará aberto ata o 30 de xuño de 2024.

Requisitos
Poderán participar todos os autores españois e hispanoamericanos menores de vinte e cinco anos.

Dotación
Premio único: 1.202 €, publicación do libro na Editorial Hiperión e 50 exemplares

Máis información
https://albolote.org
animacion@albolote.com

O "Instituto de la Juventud" convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación para recoñecer o esforzo e o compromiso de xornalistas ou comunicadores novos no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional.

Esta convocatoria premiará os traballos que mellor contribuísen ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo escrito, Fotoxornalismo, Xornalismo Audiovisual e Xornalismo Radiofónico.

Para iso, premiaranse os traballos publicados entre o 2 de xuño de 2022 e o 11 de maio de 2023, enmarcados no ámbito do xornalismo social, entendido como aquel que asume a súa responsabilidade nos procesos sociais, reflexiona sobre o seu papel no devir social e preocúpase pola procura de solucións.

Estes Premios estarán dotados, en cada unha das modalidades, con 5.000 €.

Quen poden participar?
Poderán tomar parte nestes premios, persoas (de forma individual ou participando de forma colectiva, cun máximo de 3 compoñentes) maiores de idade, sexan de nacionalidade española ou sexan estranxeiros con residencia legal en España, que non superen os 35 anos de idade na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo: 5 de xuño de 2024

Máis información no BOE do 8 de maio de 2024 e en https://www.injuve.es

Premiados/as na edición de 2023

Premiados/as na edición de 2022

Premiados/as na edición de 2021

O Movemento pola Paz convoca o Concurso Internacional de Contos "A toda cor: Contos para loitar contra o racismo e a xenofobia".

O Concurso Internacional de Contos “A toda cor: Contos para loitar contra o racismo e a xenofobia” partirá de tres ilustracións deseñadas pola ilustradora Adaora Onwuasoanya Martínez que, abertas á interpretación e imaxinación de cada participante, pretenden inspirar para a creación de contos relacionados coa denuncia de expresións de racismo e xenofobia, a concienciación social sobre o que supoñen estas actitudes discriminatorias ou o lanzamento de propostas para construír relacións interculturais pacíficas.

As obras seleccionadas serán publicadas nunha antoloxía de relatos que realizará o Movemento pola Paz –MPDL– coa colaboración das editorial Edicións Dorna.

Os relatos deberán estar inspirados nunha das 3 ilustracións propostas, sen limitación en canto ao xénero, estilo ou público obxectivo (infantil, xuvenil ou adulto).

Os textos das obras propostas, orixinais e inéditas, deberán ter unha extensión de entre 3000 e 5000 palabras.

Cada participante poderá presentar un único conto por ilustración (máximo tres propostas por persoa, sempre que estean inspiradas en ilustracións distintas).

Os textos deberanse enviar en Microsoft Word (ou calquera outro procesador de textos), en formato DIN A4, tipografía Times New Roman, cun tamaño de letra 12 e interlineado 1,5.

Os contos enviaranse ao correo electrónico cuentos@mpdl.org

A recepción de manuscritos estará aberta ata o 30 de xuño de 2024 inclusive.

Requisitos:
Pode participar calquera persoa, sen limitación de idade, nacionalidade ou localización xeográfica.
As nenas, nenos e mozos menores de 14 anos necesitarán o consentimento da nai, o pai ou titor/titora legal para poder participar.

Dotación:
Os 9 contos gañadores serán publicados e difundidos nunha antoloxía que publicará o Movemento pola Paz coa colaboración das editorial Edicións Dorna.

As persoas seleccionadas recibirán unha copia da antoloxía en formato dixital e unha copia física en caso de atoparse en territorio español.

A cada gañador ou gañadora do concurso faráselle entrega dun certificado individualizado que o acredite, entregado en forma dixital e/o física.

Máis información:
cuentos@mpdl.org 

Movemento pola Paz