Premio Internacional de Fotografía Jalón Ángel

17 Xan 2024

O Arquivo Fotográfico Jalón Ángel, custodiado pola Universidade San Jorge (Grupo San Valero), organiza o X Premio Internacional de Fotografía Jalón Ángel. Establécense tres categorías:
- Retrato: espontáneo ou pousado. O protagonista da imaxe pode ser unha soa persoa ou varias (retrato de grupo). Será unha imaxe centrada na persoa, non se admiten retratos de animais, ou fotografías de obxectos ou plantas.
- Viaxes: fotografías que mostren as particularidades naturais, culturais ou as tradicións dun país (inclúe paisaxes urbanas ou naturais, pero non se centrarán na figura humana como elemento principal ou único).
- Patrimonio Cultural: imaxes que reflictan a herdanza cultural, artística e/ou histórica que sexa propia dunha comunidade, pobo ou país mantida ata a actualidade e transmitida ás xeracións vindeiras, tanto material como inmaterial, e relevante para a cultura dun pobo, unha rexión ou toda a humanidade.

Un autor só poderá presentar unha fotografía por categoría. Poderase realizar por calquera procedemento fotográfico, pero non se poderá usar Intelixencia Artificial en todo ou en parte da imaxe. Poderá ser en branco e negro ou en cor. O retoque tanto químico como dixital será mínimo (iluminación, contraste, balance de cor) e non desvirtuará a toma orixinal.

Enviarase en formato dixital a través da seguinte ligazón https://www.jalonangel.com/premio .

Requisitos
Poderá participar calquera autor maior de idade.

Dotación
Premio á mellor fotografía na categoría retrato: 1000 €, trofeo e diploma.
Premio á mellor fotografía na categoría de viaxes: 1000 €, trofeo e diploma.
Premio á mellor fotografía na categoría de Patrimonio Cultural: 1.000 €, trofeo e diploma.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de maio de 2024.

Máis información
https://www.jalonangel.com/