Erasmus para mozos/as emprendedores/as

03 Mai 2024

O Programa Erasmus para Mozos Emprendedores axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/o dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados con quen convive e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.

Vantaxes
Como novo/a emprendedor/a, beneficiaraste dunha formación en prácticas nunha pequena ou mediana empresa en calquera outro país participante. Isto facilitará un bo comezo do teu negocio ou fortalecerá a túa nova empresa. Tamén poderás beneficiarte do acceso a outros mercados, da cooperación internacional e das posibilidades de colaboración con socios no estranxeiro.

Como empresario/a de acollida, poderás beneficiarte das novas ideas que un/a novo/a emprendedor/a motivado/a pode achegar á túa empresa. Quizais coñeza ou estea especializado/a en unha área que ti non dominas e que podería complementar os teus coñecementos. A maioría dos empresarios de acollida gozaron tanto da experiencia que decidiron acoller a outros emprendedores ao finalizar o intercambio.

É, sen dúbida, unha colaboración beneficiosa para ambos, grazas á cal poderedes descubrir novos mercados europeos, atopar socios ou coñecer distintas maneiras de facer negocios.

De fronte ao futuro, beneficiarédesvos da oportunidade de establecer unha ampla rede de contactos; ademais, talvez decidades continuar colaborando e facervos socios a longo prazo (p. ex. en empresas conxuntas, subcontratando actividades, establecendo relacións de contratista-provedor etc.)

Máis información : https://www.erasmus-entrepreneurs.eu