Novas e actividades (1104)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) poñen en marcha actividades para o fomento da sociedade dixital no ano 2021.

O convenio, enmarcado dentro da Estratexia Galicia Dixital 2030, recolle a realización de actividades para fomento do talento dixital das persoas máis novas (Tech Kids), formación en Administración electrónica, Block Chain e Ciberseguridade así como a creación de espazos de networking entre profesionais TIC (Programa tres14.pm)

Tech Kids: Fomento do talento dixital da infancia e mocidade

O programa Tech Kids ten como obxectivo identificar e desenvolver o talento dixital e fomentar o interese pola tecnoloxía e a ciencia entre a infancia e a mocidade galega. O programa Tech Kids estruturarase arredor de tres eixos: Encontros con profesionais TIC, Mática e Ciberseguranza-Kids

A través dos encontros con profesionais TIC, nenas e nenos desde 6 a 18 anos poderán interactuar cun experto en temáticas relativas á elaboración de personaxes 3D, creación de videoxogos, robótica, intelixencia artificial, impresión 3D ou industria 4.0, entre outras.

A iniciativa Mática consiste na realización dun programa piloto de carácter específico para crear unha comunidade de xoves de 12 a 18 anos de distintas localidades, a través dun programa de xornadas online que proporcione: Ferramentas e contidos que lles permita ver a tecnoloxía e as súas aplicacións na sociedade, referentes de mulleres do sector TIC de distintos ámbitos (empresarial, administración pública, docente) así como información e coñecemento que lles permita decidir a súa futura carreira profesional.

A actuación Ciberseguranza-Kids desenvolverase a través de 12 xornadas de divulgación en modalidade on line mediante charlas con tipoloxía de contacontos ou outro tipo de actividades de carácter dinámico e participativo. Esta actividade está dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos de idade. Ademais, esta iniciativa comprenderá a publicación de vídeos específicos con contido en materia de ciberseguridade para a súa difusión permanente.

Estas tres actuacións tamén forman parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, Plan DigiTalent, impulsado pola Amtega para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.

Xornadas formativas sobre Administración electrónica, Block Chain e Ciberseguridade

O convenio contempla formación para o desenvolvemento das potencialidades dos traballadores dos sectores tecnolóxico e das Administracións así como formación específica dirixida aos axentes da Red CeMIT

No marco destas xornadas formativas, cabe salientar a formación en Block Chain, dirixida a un publico técnico e profesional.

Ademais, a formación en Ciberseguridade, enmarcada tamén no Plan de Inclusión Dixital de Galicia, permitirá crear novos recursos formativos e impartir cursos formativos sobre Ciberseguridade dirixidos aos axentes das aulas CeMIT.

Creación de espazos de networking: Programa tres14.pm

Outra das novidades deste convenio céntrase na creación de espazos de debate, opinión, coñecemento e networking para profesionais do ámbito TIC, invitando a expertos/as en distintas materias para que realicen unha exposición sobre a materia e un coloquio posterior,

As actuacións previstas polo CPEIG completaranse con actividades de difusión para a comunidade de colexiados, profesionais, organismos e empresas do sector TIC galego, en temas de investigación, tendencias de mercado, innovación, etc.

https://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-e-o-cpeig-colaboraran-no-fomento-do-talento-dixital-das-persoas-mais-novas-tech-kids-e 

Búscanse heroes

Xun 17, 2021

A Fundación Equipo Humano en Galicia está a executar un programa de mellora de empregabilidade e emprendemento dirixido a menores de 30 anos galegos rexistrados en garantía Xuvenil, coa colaboración do Fondo Social Europeo ( POEJ) e a Fundación Incyde. Por suposto, 100% gratuíto para os participantes.

https://sebuscanheroes.es/

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22

Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2021/22 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2019/20 (Boletín Oficial del Estado núm. 199, do 22 de xullo).

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 578,32 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 886,83 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.423,59 €.
d) Máis do 30 %: 2.112,22 €.

Prazos:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato ata o 9 de xullo de 2021 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos ata o 2 de agosto de 2021 (este incluído).

As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 16 de xuño de 2021 e nos CRD:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/ 

* O limiar 2 de renda familiar:

Familias dun membro: 13.236
Familias de dous membros: 22.594
Familias de tres membros: 30.668
Familias de catro membros: 36.421
Familias de cinco membros: 40.708
Familias de seis membros: 43.945
Familias de sete membros: 47.146
Familias de oito membros: 50.333

A Consellería de Educación convoca 30 prazas de persoas colaboradoras bolseiras para o curso 2020/2021, nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo:

CRD da Coruña: 18 prazas.
CRD de Ourense: 6 prazas.
CRD de Vigo: 6 prazas.

Requisitos:
a) Dezaoito anos cumpridos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2021.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.
c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2021/22.
A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teñan que realizar o devandito labor de apoio.

Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:
a) Estudos de grao: 60 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.
Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.
Non obstante, os solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculados no número mínimo indicado a seguir:
a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.
b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50% do créditos indicados.

Incompatibilidades
1. As persoas beneficiarias de praza de colaborador bolseiro non poderán realizar, mentres gocen desta, ningún tipo de traballo remunerado.
2. Así mesmo, será incompatible con estar en posesión ou reunir os requisitos necesarios para obter un título académico de nivel igual ou superior ao dos estudos que pretende realizar.
3. A condición de beneficiario será compatible coa obtención de axudas na convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia.

Residencias:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/ 

As bolsas solicitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento ED308A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 6 de agosto de 2021.
Máis información no DOG do 15 de xuño de 2021 e en www.edu.xunta.es 

YoEmprendo en economía social 2.0 Galicia é un proxecto de emprendemento en economía social dirixido a favorecer e promover a creación de emprego sostible e de calidade entre aquelas persoas desempregadas que queiran emprender un proxecto para a creación dunha empresa e/ou entidade de economía social, fomentando á súa vez o uso e aproveitamento dos recursos dixitais.

YoEmprendo en economía social Galicia 2.0 desenvolverá accións gratuítas para desempregados, organizado por Cepes, confederación empresarial española en economía social e Rede Española de Entidades polo emprego, Rede Araña, e financiado polo Fondo social europeo no marco do O.T. 8: Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.

Accións e servizos ofertados:
- Tutorización e mentoring: Realizaranse entrevistas individuais de diagnóstico inicial para coñecer como é a situación de inicio, desenvolver a idea de negocio e elaborar o plan de empresa.
- Asesoramento grupal sobre emprendemento e creación de empresas de economía social.
- Networking: Encontros virtuais con outros participantes e/ou empresarios interesados no mesmo sector de traballo para a posta en común de ideas e creación de sinerxias .
- Formación: Actividades formativas para a adquisición de coñecementos e habilidades necesarias para emprender en economía social.
- Asesoramento Covid-19: Gabinete de atención telemática para dúbidas relacionadas á situación COVID-19.
- Asesoramento tras a creación da empresa: Ás persoas participantes que cren a súa empresa ofreceráselles asesoramento gratuíto durante os 6 primeiros meses.
- Posicionamento virtual: Publicidade na web das novas empresas, unha vez creadas.
- Posibilidade de bolsa para gastos de constitución: Notario e rexistro.
- Período de execución do proxecto: A execución do proxecto abarca desde maio do 2021 a agosto de 2023.
- A quen vai dirixido o proxecto?: A todas aquelas persoas, que estando rexistradas como demandantes de emprego, estean interesadas en poñer en marcha un proxecto de emprendemento en economía social (cooperativas, asociacións, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego)

Máis información e inscrición: a través do formulario de inscrición (pica aquí) ou no teléfono 988 39 15 15

A Federación Autismo Galicia publica a GUÍA CoidamosTEA que xorde a raíz do Proxecto Coidamos-TEA que tivo por obxectivo traballar pola capacitación e apoderamento das familias das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (en diante TEA) e mellorar así a calidade de vida dos seus fillos e fillas e da propia familia.

Para consultar a noticia e descargar a Guía, preme AQUÍ

"A loita contra a violencia na infancia é un imperativo de dereitos humanos. Para promover os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes consagrados na Convención sobre os Dereitos do Neno é esencial asegurar e promover o respecto da súa dignidade humana e integridade física e psicolóxica, mediante a prevención de toda forma de violencia".

Así comeza a publicación da Lei de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia no BOE do 5 de xuño de 2021

A lei ten por obxecto garantir os dereitos fundamentais dos nenos, nenas e adolescentes á súa integridade física, psíquica, psicolóxica e moral fronte a calquera forma de violencia, asegurando o libre desenvolvemento da súa personalidade e establecendo medidas de protección integral, que inclúan a sensibilización, a prevención, a detección precoz, a protección e a reparación do dano en todos os ámbitos nos que se desenvolve a súa vida.

- título I recolle os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia.
- título II está dedicado a regular o deber de comunicación das situacións de violencia.
- título III, que regula a sensibilización, prevención e detección precoz.
- título IV sobre actuacións en centros de protección de persoas menores de idade.
- título V dedicado á organización administrativa.

Lei de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, BOE do 5 de xuño de 2021

A Consellería de Educación actualiza a oferta educativa dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional polo réxime ordinario, por curso completo:  oferta educativa clasificada por concellos

Tamén se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional:  oferta educativa a persoas adultas clasificada por concellos

Máis información en http://www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

Prazos do proceso de admisión na FP

- FP Dual
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ás 9.00 ao 2 de xullo ás 13:00 horas
Período de matrícula para as persoas admitidas a partir das 9:00 horas do 16 ao 23 de xullo ás 13:00 horas

- Cursos de especialización de formación profesional.
Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Matriculación das persoas admitidas a partir das 9:00 horas do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas

- Réxime ordinario
- Réxime para as persoas adultas
Presentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas
Matriculación 1ª adxudicación a partir das 9:00 horas do 20 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas

https://www.edu.xunta.gal/fp/

A Asociación Española de Pediatría alerta ante o impacto psicosocial da pandemia entre a mocidade, que está empezando a saturar as consultas e as urxencias hospitalarias.

Duplícanse os casos de urxencias psiquiátricas infantís, os trastornos de conduta alimentaria, que son cada vez más graves, os casos de ansiedade, trastornos obsesivo-compulsivos, depresión e as autolesiones e intentos de suicido en adolescentes. Tamén se incrementou a violencia sobre os menores, os malos tratos e os abusos e disparouse o consumo de pantallas entrea mocidade.

https://www.aeped.es/sites/default/files/20210602_ndp_salud_mental_covid-19.pdf