A Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de aproximación de europa 2020 aos cidadáns (acrónimo EUROCIUDADE_2020)

eurocidade chaves verin

O proxecto Eurocidade_2020 foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible. Período de vixencia do proxecto: 2015- 2019.

O orzamento total do proxecto, cunha financiación dun 75 % de fondos Feder, ascende á cantidade de 1.775.405, 17 euros.

Socios do proxecto:

  • Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurociudade Chaves – Verín (xefe de fila).

  • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

  • Fundación Galicia Europa.

  • Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ).

  • Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ).

  • Concello de Verín.

  • Cámara municipal de Chaves.

O proxecto ten como obxectivo afianzar procesos de achegamento e cooperación entre os distintos axentes que operan no territorio. Pretende fomentar o diálogo entre os diferentes axentes do territorio da Eurociudade e consolidar a cooperación transfronteiriza entre eles mediante a promoción da súa participación nas accións do proxecto e preparar a Eurociudade Chaves-Verín para os desafíos post 2020 asegurando a sustenibilidade da Agrupación Europea de Cooperación Territorial ( AECT) que a xestiona.

Así mesmo, o proxecto busca dar cumprimento, en proximidade, aos obxetivos da estratexia Europa 2020, potenciando o historial da cooperación transfronteiriza como elemento xerador do crecemento intelixente, inclusivo e sustentable, a favor da mellora da calidade de vida dos seus cidadáns.

Co proxecto Eurocidade_2020 preténdese alcanzar unha cidadanía máis activa e participativa na construción da Eurociudade e, consecuentemente, na construción da UE, un maior recoñecemento do apoio e importancia da UE no desenvolvemento local.

Máis información da Eurocidade Chaves Verín: http://es.eurocidadechavesverin.eu/

ACTIVIDADES

2019

- Xornada “Un día ao redor da música” (local de ensaio)

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17238-un-dia-ao-redor-da-musica-local-de-ensaio-da-eurocidade-chaves-verin

- Curso de lingua española – conversa

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17237-curso-de-lingua-espanola-conversa-eurocidade-2020

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17401-curso-de-lingua-espanola-conversa-eurocidade-2020

- Masterclass musicais: acción formativa en interpretación de nstrumentos de teclado

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17125-masterclass-musicais-accion-formativa-en-interpretacion-de-instrumentos-de-teclado

- Xornada formativa “Medioambiente e turismo sotible”

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17448-xornada-formativa-medioambiente-e-turismo-sostible-eurocidade-2020

- Xornadas de xuventude Eurocidade Chaves Verín

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17232-xornadas-de-xuventude-eurocidade-2020-chaves-verin

- Campo de voluntariado (campo de traballo) transfronteirizo Eurocidade_2020

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17646-campo-de-voluntariado-transfronteirizo-eurocidade-2020

2018

- Actividade formativa “Emprego na Eurocidade: traballo, turismo e termalismo”

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/14932-curso-emprego-na-eurocidade-traballo-turismo-e-termalismo

- Campo de traballo transfronteirizo Eurocidade_2020

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15028-campo-de-traballo-transfronteirizo-eurocidade-2020