O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.
O programa estrutúrase nas seguintes categorías:
- Categorías escolares (ESO e Bacharelato)
Nestas dúas categorías, poderán participar os centros educativos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 1º e 2º de Bacharelato.
Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/a e un/unha profesor/a que será o/a corrdinador/a. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría).
O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán 8 equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado.
- Categoría de Universidades:
Destinada aos mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados/as no curso académico no que se convoca o programa.
Nesta categoría poderán participar un máximo de 16 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.
Fase de formación
Previamente ao inicio dos debates da fase clasificatoria realizaranse unhas xornadas de formación. As datas e lugares de realización das xornadas de formación serán comunicadas aos equipos inscritos con antelación suficiente.
PARLAMENTO XOVE 2022 - 13ª EDICIÓN
Xa está aberta a convocatoria para a décimo terceira edición do Parlamento Xove correspondente ao curso 2021-2022. Descarga o Regulamento do programa para coñecer todo o necesario sobre o proceso de inscrición e a competición.
CALENDARIO PARLAMENTO XOVE 2022 |
||
Envío do formulario de participación |
ESO/Bach: ata o 17 de xaneiro de 2022 Universidades: prazo ampliado ata o 7 de febreiro |
|
Envío do formulario de inscrición e documentación |
ESO/Bach: desde adxudicación de prazas ata o 25 de xaneiro de 2022 Universidades: desde adxudicación de prazas ata o 11 de febreiro |
|
Fase de formación | Febreiro 2022 | |
Fase clasificatoria |
Marzo 2022 |
|
Fase final |
Maio 2022 |
Formulario de participación (aberto desde o 15 de decembro de 2021 ata o 17 de xaneiro de 2022):
Formulario de inscrición e documentación
Unha vez confirmadas as prazas pola organización, os equipos deberán enviar o formulario de inscrición e a documentación complementaria esixida ao correo electrónico
Modelos:
FASE CLASIFICATORIA
Tema de debate: Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?
CATEGORÍA DE ESO
Datas: 4 (sorteo) e 5 de marzo
Lugar: Centro Residencial Docente da Coruña
Poderás seguir en directo todos os debates da fase clasificatoria de ESO non seguintes enlaces:
Resultados dos debates e clasificación:
CATEGORÍA DE BACHARELATO
Datas: 11 (sorteo) e 12 de marzo
Lugar: Centro Residencial Docente da Coruña
Poderás seguir en directo todos os debates da fase clasificatoria de Bacharelato non seguintes enlaces:
Sala A:
https://www.youtube.com/watch?
Sala B:
https://www.youtube.com/watch?
Sala C:
CATEGORÍA DE UNIVERSIDADE
Datas: 26 de marzo
Lugar: Centro Residencial Docente da Coruña
Poderás seguir en directo todos os debates da fase clasificatoria de Universidade non seguintes enlaces:
Sala A:
Sala B:
Sala C:
+ Resultados dos debates e clasificación
FASE FINAL
Tema de debate: Debe a Unión Europea actuar militarmente en terceiros países na defensa dos dereitos humanos?
Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal ou nos teléfonos 981 545 702 e 981 541 689.
Entra en flickr.com/photos/xuventudevoluntariado e atoparás todos os álbumes das diferentes edicións d o programa Parlamento Xove.
Todos os debates en liña dos cuartos de final do Parlamento Xove 2021 poden verse nos seguintes enlaces:
- Sala A (ESO): https://vimeo.com/547866831/a82d89ccd6
- Sala B (Bach): https://vimeo.com/547868063/27bb5853e2
Os debates de semifinais e as finais tiveron lugar de xeito presencial o sábado 15 de maio de 2021 no Parlamento de Galicia. Tamén poden verse na canle de streaming do Parlamento de Galicia: https://mediateca.parlamentodegalicia.gal