Novas e actividades (1093)

Co obxectivo de dar a coñecer o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), en colaboración coas oficinas da Rede de Servizos de Información Xuvenil (RedSIJ), organiza unhas Xornadas informativas de Garantía Xuvenil.

Estas sesións van dirixidas ás persoas mozas e nelas informarase sobre que é Garantía Xuvenil, que tipo de oportunidades pódense atopar e responderase ás preguntas máis frecuentes sobre como inscribirse e como descargar o certificado.

Igualmente, darase espazo ás persoas participantes para que expoñan as súas dúbidas.

Estas xornadas telemáticas terán lugar do 18 ao 26 de maio en horario de 11:30 a 12:30 horas

http://www.injuve.es/empleo/noticia/sesiones-informativas-sobre-garantia-juvenil 

Desde Solidariedade Internacional Galicia están a desenvolver unha investigación sobre como participades os mozos e as mozas de entre 14 e 30 anos (ambos incluídos).

Interésalles coñecer que temas sociais te interesan, se participas ou non dalgunha iniciativa, e a túa opinión sobre se che parece importante ou non iso de “participar”.

No seguinte enlace podes acceder ao cuestionario en liña https://soligalicia.limesurvey.net/322386?lang=gl

O cuestionario é anónimo, fácil de cubrir e non dura máis de dez minutos. O prazo para cubrir o cuestionario estará aberto ata o 23 de maio.

Podedes ler máis sobre o estudo na web de Solidariedade Internacional de Galicia:
https://solidaridadgalicia.org/como-e-a-participacion-xuvenil-en-galicia/ 

Durante o último ano, as entidades de voluntariado tiveron que inxeniar novas formas de levar a cabo as súas actividades, de forma que puidesen continuar ofrecendo un apoio máis necesario que nunca. Neste encontro comparten a súa experiencia co voluntariado en liña, dando a coñecer as claves dos seus programas e dialogan sobre os retos que poidan ter no futuro.

Aínda que as actividades en liña de voluntariado foron unha excepción no seu momento, hoxe convertéronse na forma maioritaria de colaboración. A necesidade de combinar os protocolos de protección e seguridade coa actividade de voluntariado deu lugar a distintas iniciativas que comparten un mesmo obxectivo: continuar axudando a quen máis o necesitan. Isto provocou unha profunda transformación do voluntariado, desde a coordinación da actividade ata a xestión do persoal voluntario, pasando pola adaptación tecnolóxica da actividade e dos beneficiarios.

Participan:
- Isabel Rey, Fundación Montemadrid.
- Yisel Ramírez, Fundación Cibervoluntarios.
- Fernando Fernández-Gil, Fundación Alicia e Guillermo.
- Maria Ángeles Altozano, FEVOCAM.

Modera: Violeta Estebaranz, responsable do Espazo para o Voluntariado da Fundación Montemadrid.
Coordina: Espazo para o Voluntariado da Fundación Montemadrid.
Dirixido a: entidades de voluntariado interesadas nesta modalidade, persoas voluntarias e público xeral.

A actividade desenvólvese nunha sala Zoom. Unha vez realizada a inscrición, e antes de cada sesión, enviarase un correo electrónico de confirmación cos datos de acceso ao encontro.

https://www.lacasaencendida.es/encuentros/buenas-practicas-voluntariado-virtual-12517

Xa podes consultar o Boletín Eurodesk do mes de maio 

Boletín Eurodesk maio 2021

Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural.

O proxecto componse de cinco audiovisuais que inclúen cadanseu videoclip do Dúo Vaguedades, a primeira banda tecno da historia, formado nada máis e nada menos que polos mesmísimos Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

O proxecto Dúo Vaguedades forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

Dubidar

Pondal e Rosalía pasan unha tarde de choiva na casa. A conversa, aparentemente intrascendente, agocha moita poesía, culta e popular. Nesta entrega podermos escoitar un tema do Dúo Vaguedades sobre unha das características que disque define os galegos e galegas: a dúbida.

 

V1

Falar por falar

Titorial para explicar como se debe ligar en distintas zonas de Galicia, algo para o que é fundamental a dialectoloxía. Complétase cunha canción que nos anima a falar os sete falares, falar por falar, falar sen parar, falar sen cancelas e falar en galego.

V2

 

Rexurdimento

Como auténticos visionarios, Rosalía e Eduardo propoñen crear un programa de variedades nunha televisión pública os venres ao serán. Ha ter éxito seguro. Sobre todo se lle poñen un nome sacado dun verso de Pondal. Cal pode ser? Despois, o Dúo Vaguedades participa nun casting onde mostra a súa valía cunha canción sobre o Rexurdimento.

V3

Verbos compostos

As novas tecnoloxías e as redes sociais chegan ás mans do Dúo Vaguedades, mais semella que Pondal non se amaña moi ben con elas. O videoclip, desta volta, lémbranos que “o galego é un idioma moi ben dotado”. E iso que non ten tempos compostos.

V4

Cultura nas verbenas

Rosalía e Eduardo charlan sobre a música das orquestras que percorren as verbenas galegas. Pero a cultura galega vai moito máis aló... como se pode ver no primeiro videoclip do Dúo Vaguedades.

V5

A Deputación da Coruña e AGALURE lanzan a campaña Non xogues co xogo. Aposta pola vida. nonxogues2

Aposta pola vida para loitar contra a ludopatía na mocidade e, nun ámbito máis específico poñer o foco nun uso racional das novas tecnoloxías e dos servizos de xogos e apostas online.

A campaña apóiase directamente nun vídeo que se está a difundir nas redes sociais dende este primeiro de maio. Está protagonizado por Xosé Antonio Touriñán, María Mera, David Perdomo, Eva Iglesias e o dúo Verto.

No vídeo lánzanse dúas mensaxes ben claras: “As apostas deportivas non son un xogo” e “cada vez son máis os casos de ludopatía entre a mocidade”.
O vídeo desta campaña, coa que se pretende concienciar á mocidade dos problemas de adicción que carrean as apostas e os xogos de azar desde as idades máis temperás, difúndese nas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) da Deputación da Coruña e tamén nas de AGALURE para “chegar directamente ao público obxectivo desta acción a través das canles de comunicación que máis empregan”.

https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=9376 

Que sabes de María Casares, Maruja Mallo, Emilia Pardo Bazán, Margarita Nelken, Federica Montseny, Victoria Kent, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Clara Campoamor...?

As mulleres foron silenciadas pola Historia e o rueiro das nosas cidades é unha boa proba diso, porque ata ben pouco, os únicos nomes femininos que recollían as nosas rúas eran os de santas ou virxes, e aínda hoxe, é unha materia pendente ese recoñecemento ao papel da muller.

O Ateneo de Santiago de Compostela, a través de Radio Ateneo dedícalle un programa, Mulleres no rueiro de Santiago pretende falar daquelas mulleres que están para dalas a coñecer, pero tamén de mulleres que hoxe non están, pero que polas súas achegas moitas veces descoñecidas, deben optar a ese recoñecemento.

Podes oír os podcast en https://ateneodesantiago.gal/radio/programas/24/las-mujeres-en-el-callejero-de-santiago 

Penélope Alonso, psicóloga do centro Querote+ de Vigo, conversa con Mikel Resa de @sidalava sobre o valor universal dosquerote1 bicos

Podes ver a conversa na canle IGTV de Quérote+

Os concertos do 'Galicia Emerxe' son de 40 minutos de duración. Comezaron a emitirse o 13 de xaneiro nas 'Noites Temáticas' da TVG2 e, cada mércores, repiten cita ás 23.30h. Os espectadores tamén teñen a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle da TVG os sábados ao redor das 10.40h. Unha vez finalizada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00h os sábados.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/galicia-emerxe 

O Auditorio do Mar de Vigo acollerá o tradicional Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega. Será presencial, o vindeiro 16 de maio, e poderase seguir en directo a través da web do CCG, e tamén a través da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda canle da TVG. O Concello de Vigo colabora na realización deste iniciativa que xuntará a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas.

As entradas do concerto serán de balde e pódense retirar a través da plataforma Teuticket.

http://consellodacultura.gal/especial/concerto-letras-2021/