Outros cursos (96)

Curso gratuito Envellecemento e TEA. Familias e entidades ante o reto do envellecemento

Un reto emerxente que require dunha abordaxe sen dilación é o envellecemento da poboación con TEA.

Apenas coñecemos ás persoas da terceira idade con diagnóstico de TEA, pero cada vez son máis as persoas maiores de 45-50 anos que presentan Trastorno do Espectro do Autismo. É preciso, polo tanto, prever novas modalidades de recursos para as novas necesidades deste colectivo, que comezan a acadar estas etapas da vida e analizar os retos que van xordir neste eido, como a necesidade de manter a continuidade dos apoios especializados que viñeron gozando ao longo da súa vida ou de desenrolar servizos que minimicen o seu desarraigamento ou illamento social.

Programa completo
Datas de realización: 28 e 29 maio de 2021
Modalidade online a través de ZOOM
Inscrición no curso

Se estás interesado no tema da Dinamización Xuvenil, en Coruña tes varios cursos dende o Servizo Público de Emprego impartidos por Cruz Vermella.

Título: "Dinamización de Actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil"

Contido:
- Actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil
- Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil
- Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre
- Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil

Lugar de impartición: Rúa Médico devesa Núñez 1. Coruña
Teléfono información: 981 169 163

Datas de inicio:
20 de maio de 2021. Horario: 9.30-14.30
1 de xuño de 2021. Horario: 9.30-14.30
5 de xullo de 2021.  Horario: 9.30-14.30
6 de setembro de 2021. Horario: 15.30-20.30

https://emprego.xunta.gal/portal/es/buscador-formacion.html 

"Emprendemento e Drons" e un programa en liña e gratuíto para menores de 30 anos, convocado pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Fundación INCYDE e o Concello de Santiago.

O obxectivo fundamental do curso é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa / Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha.


O programa está orientado a:
•Xente nova menor de 30 anos, inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e que queiran emprender ou empregarse en actividades que utilicen os drons como ferramenta de traballo, permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade.
•Emprendedores/as que conten cunha idea de negocio e desexen realizarun proxecto viable de creación de empresa cultural para a súa posteriorposta en marcha.

Duración do Programa: Do 28 de xuño ao 6 de agosto de 2021 (6 semanas na modalidade en liña e unha semana de traballo de campo).

Datas: do 28/06/2021 ao 07/08/2021.

Máis información e Inscricións: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

PROGRAMA

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca o programa TRANSFORMACIÓN DIXITAL, XESTIÓN EMPRESARIAL E EMPRENDEMENTO NAS EMPRESAS CULTURAIS E CREATIVAS.

O programa é gratuíto e está orientado a:

•Mozas/os menores de 30 anos, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

•Emprendedores/as que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa cultural para a súa posterior posta en marcha.

O obxectivo fundamental do programa é proporcionar unha visión global daqueles sectores de actividade organizada que teñen como obxecto principal a produción ou a reprodución, a promoción, a difusión e/ou a comercialización de bens, servizos e actividades de contido cultural, artístico ou patrimonial.


Duración: 6 semanas. Clases ONLINE a través de ZOOM (3 tardes á semana) e 1 hora de tutoría individual á semana.

DATA: Do 10/05/2021 ao 25/06/2021

 

Máis información e INSCRICIÓNS

PROGRAMA

CALENDARIO DO CURSO

A Escola Galega de Administración pública convoca as XVI e XVII Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que terán lugar os vindeiros martes, 4 e 18 de maio de 2021, cos seguintes contidos:

- Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal
- Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
- Sede electrónica.

Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 4 e 18 de maio de 2021.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas cada xornada.
Número de prazas Cidadanía: 13.

A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
- Para a XVI xornada E-martes que se desenvolverá o día 4 de maio: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 26 de abril de 2021.
- Para a XVII xornada E-martes que se desenvolverá o día 18 de maio: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 10 de maio de 2021.

Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.
https://egap.xunta.gal 

A Fundación CEL a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa: FORMACIÓN PARA A CREACIÓN DO TEU PLAN DE EMPRESA.

Datas: do 26 ao 29 de abril de 2021

Horario: de 16:00 a 20:00 h

Duración: 15 h

Lugar: nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais de recente creación, e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e a economía social.

Obxectivos: Neste curso abordaranse os conceptos básicos para elaborar o plan de empresa dunha entidade de economía social, dende a idea de negocio, ata a proposta de valor, o plan de marketing, a organización e xestión de persoas e o plan económico-financeiro. Permitirá aos/ás promotores/as dunha inicitativa de economía social deseñar de xeito ordenado a creación da súa empresa, tratando os temas fundamentais para mellorar as probabilidades de éxito.

Programa:

Módulo 1: O modelo de negocio
Módulo 2: O plan de marketing
Módulo 3: A organización e as persoas
Módulo 4: O plan económico-financeiro
Podes consultar o cartel premendo aquí.

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición (límite de prazas: 10 persoas)

Para máis información: 982284150 / formacion@fundacioncel.org

Dende a Fundación Laboral de la Construcción van a levar a cabo o Proxecto Constrúate para impulsar a incorporación á industria da construción mediante o Contrato para a Formación e o Aprendizaxe de mozos e mozas de entre 18 e 25 anos de idade que estén inscritos como demandantes de emprego.

A duración do contrato será de 1 ano e recibirán formación no certificado de profesionalidade de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

Enlace para inscicións: http://microsites.fundacionlaboral.org/CONSTRUATE?pag=6&idioma=0

https://galicia.fundacionlaboral.org/

Máis información no IES de Vilamarín.

Teléfono 988 685 050

Agaca, a través da Rede Eusumo, organiza un novo obradoiro:EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Datas: 20, 22, 27 e 29 de abril e 3 de maio de 2021

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Modalidade: en liña a través da aula virtual

Obxectivos:

Comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideais.
Coñecer algunhas das oportunidades de negocio que existen no medio rural e ter acceso a contactos para desenvolver proxectos novidosos.
Definir os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.
Coñecer os apoios que poden prestar as cooperativas a xuventude con proxectos de emprendemento no medio rural.
Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición, no 981 584 783 ou agaca@agaca.coop
- Para mais info: www.agaca.coop

Programa Formativo