En portada (1177)

Xa podes ver a entrevista con Dani a través do programa TalentoMozo,  en instagram de Xuventude ⁣⁣⁣⁣DANI2

 

⁣⁣⁣⁣Descubrirás unha historia de música, inspiración e emoción da man de Dani; que nos contará a súa experiencia como artista @danic0stas

 

Canle IGTV de Xuventude

 

 

A Xunta de Galicia impulsará as iniciativas e comercios integrados na Federación Galega de Xoves Empresarios (Fegaxe-Aje Galicia) a través da súa adhesión ao Carné Xove. A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asinou esta mañá o convenio nun dos negocios que se sumou a esta iniciativa, Nela Biosense, situado no polígono de San Cristovo de Cea. Este acordo permitirá incluír os establecementos da entidade de ámbito autonómico nos descontos e vantaxes desta axuda destinada a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos.

Trátase dunha das iniciativas postas en marcha polo Goberno galego o pasado mes de decembro para dar continuidade a este carné con tanta tradición na Comunidade e que inclúe descontos no ámbito cultural, no aloxamento, nos transportes, no comercio ou no ensino. Unhas vantaxes que son recoñecidas en toda España e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo.

Fabiola García sinalou, entre outras novidades desta axuda, que pasará a ser gratuíta, indefinida e accesible ao 100% da xuventude galega. De feito, nas últimas semanas xa está comezando a chegar ás casas das 400.000 mozas e mozos galegos. Así mesmo, a Xunta porá en marcha unha aplicación móbil que permitirá ter acceso a un listado de descontos e promocións xeolocalizados.

Impulso ao comercio local

A conselleira puxo en valor o traballo realizado desde a Federación Galega de Xoves Empresarios impulsando o emprendemento da xuventude e promocionando a súa creatividade e cultura empresarial.

Neste sentido, destacou que con este convenio trátase de achegar o Carné Xove ao comercio local, pero tamén de promover e axudar a estes novos empresarios que se adherirán a lista doutros 1.000 locais xa integrados do ámbito da educación, o ocio, os transportes ou o aloxamento.

 

Premios Talento Mozo Galicia. Membros do xurado

De conformidade co establecido no artigo 13 da Orde do 16 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 60 do 30 de marzo), o día 3 de maio de 2021 ditouse a resolución de nomeamento do xurado por parte da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que desempeña a súa presidencia conforme ao citado artigo.

Conforman o xurado dos premios Talento Mozo Galicia as seguintes persoas:

Presidenta: Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Consellería de Cultura Educación e Universidade e Eva López Barrio, responsable do programa Women Emprende e membro da asociación de mulleres investigadoras e tecnólogas de España, na modalidade de Ciencia.

Inés Santé Riveira, directora xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e Martín Alemparte Vidal, director-xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra Courel, na modalidade de Rural.

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte e Belia Méndez Rial, xefa do servizo do deporte en idade escolar, na modalidade de Deporte.

Fernando Guldrís Iglesias, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e Luciano Covelo Fandiño, presidente de AJE (Asociación de Jóvenes Empresarios) Galicia, na modalidade de Empresa.

Anxo Manuel Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e Susana González Martínez, consultora de arte, xestora cultural e comisaria de exposicións, na modalidade de Cultura e Creación.

María Begoña Mosteiro Blanco, subdirectora xeral do Instituto da Xuventude de Galicia, como secretaria do xurado.

Unha vintena de negocios achegarán aos beneficiarios do carné ofertas e rebaixas nos produtos e servizos que ofrece

(Podes consultar aquí o listado de establecementos adheridos)

Queres participar nun proxecto de voluntariado na comunidade autónoma de Galicia?
Tes interese por coñecer e preservar a nosa biodiversidade e espazos naturais?

Non perdas esta oportunidade!

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de poñer en marcha, para 2021, un novo programa de voluntariado ambiental, de carácter interxeracional e totalmente gratuíto para as persoas voluntarias, que se desenvolverá durante as fins de semana entre os meses de maio e setembro. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a protección e conservación do medio ambiente, incidindo desde unha perspectiva de sensibilización e educación ambiental.

Están programadas 20 actividades con 228 prazas nos seguintes espazos naturais:

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: lla de Ons

Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Illas Cíes

Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Cortegada

Parque Nacional marítimo-terreste das Illas Atlánticas de Galicia: Illa de Sálvora

Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

Parque Natural O Invernadeiro

Parque Natural Serra da Enciña da Lastra

Parque Natural Monte Aloia

Parque Natural Fragas do Eume

Parque Natural e Reserva da Biosfera de Baixa Limia-Serra do Xurés

Reserva da Biosfera Terras do Miño Mondoñedo

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras do Burón Ribadeo

Xeoparque de O Courel

ZEC Ancares-Courel

ZEC Canón do Sil


Nestes espazos, as persoas voluntarias desenvolverán actividades de apoio na:

- Preservación, limpeza e conservación nos espazos naturais sinalados
- Investigación (catalogación de flora e fauna de Galicia)
- Sensibilización e formación en materia de medio natural

O programa desenvolverase con todas as garantía de seguridade e saúde fronte a Covid-19, polo que as prazas serán limitadas a 10 ou 12 persoas por acción, en función das quendas sinaladas no cadro adxunto, ofrecéndose un total de 228 prazas. A Xunta de Galicia cubrirá os gastos de desprazamento (autobús e/ou barco), manutención, aloxamento, seguros e actividades formativas, a partir do punto de encontro en Santiago de Compostela, na parada de autobuses que hai diante da estación de tren. Cada participante deberá levar os útiles de aseo persoal e toalla así como calzado e roupa axeitada para actividades ao aire libre.

Os requisitos de participación serán os seguintes:

- Ter 18 anos cumpridos.
- Residir na comunidade autónoma de Galicia.
- Cumprimentar o formulario de participación na web de voluntariado, www.voluntariadogalego.org  

As persoas voluntarias poderán participar nunha, algunhas, ou en todas as accións programadas. A selección realizarase por rigoroso orde de inscrición. En todo caso, se o grupo de persoas apuntadas nunha actividade excede do máximo permitido para cada zona, pasarán a unha lista de reserva para o caso de que queden prazas vacantes.

Máis información en: erasmus.xuventude@xunta.gal

Teléfono: 881 999 567

voluntariado@xunta.gal

Teléfono Solidario 900 400 800

https://voluntariadogalego.org/novas/programa-de-voluntariado-ambiental-interxeracional-2021

Celebramos o Día do Libro!

Ocasión única para pasar pola túa libraría de sempre e comprar material para unha nova "torre de libros para ler" na mesiña de noite da túa habitación. Ou tamén pola biblioteca do teu concello.

Propostas:

- Un reto lector que nos envía o equipo de Correpondentes xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol, o libro proposto é "Enderezo descoñecido"

- Buscamos aportacións, se tes algún libro ou cómic que che gustara especialmente, podes facer a túa suxestión a través do noso correo, informacion.xuventude@xunta.gal  e incluirémolo na listaxe dos libros que nos recomendaron mozos e mozas ao longo dos últimos anos.

Lembra que tes descontos en librarías co teu carné xove

Descontos nas librarías da Federación de libreiros

Descontos noutras librarías:  LugoOurensePontevedra e A Coruña

Dende hoxe pasan a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos á mocidade posuidora do carné xove as distintas clínicas que Vitaldent ten en Galicia.

 

Consulta no seguinte enlace as entidades adheridas e os descontos e condicións aplicables para as persoas titulares do Carné xove.

http://xuventude.xunta.es/images/carneXove/guia/Vitaldent.pdf 

 

Así pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar nestes establecementos das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!

Xa podes disfrutar da conversa que mantiveron Cristina Pichel, Directora xeral de Xuventude e Manuel Fernández da empresa de servizos gandeiros Monte do Gozo dentro do programa Talentotalentomozoconversa Mozo. ⁣⁣⁣
⁣⁣⁣
Descubrirás unha historia de gandería, innovación e emprendemento da man de Manuel Fernández; que nos contará a súa experiencia como empresario en @sgmontedogozo

Como podes crear a túa propia empresa?

Dispoñible na canle IGTV de Xuventude

Os Espazos Xoves da Xunta acollen alumnado en prácticas formativas do ciclo superior de Animación sociocultural e turística. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou o Espazo Xove de Chantada onde destacou a vitalidade e iniciativa dos participantes.

Así mesmo sinalou que esta iniciativa, realizada a través dun acordo de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, permite que o alumnado destes ciclos teñan a oportunidade de poñer en práctica o aprendido, ao realizar actividades para mozas e mozos de entre 14 e 30 anos.

Neste curso hai once estudantes realizando prácticas nos diferentes Espazos Xoves de toda a Comunidade; en concreto, nos centros de Tui, Betanzos, Chantada, Ourense, Noia e Lalín. O período de prácticas comezou o pasado día 5 e finalizará o próximo 13 de xuño. Os estudantes están sendo supervisados e titorizados en todo momento polo responsable de cada espazo xove.

A Xunta de Galicia celebrou o Día Europeo da Información xuvenil cun evento en liña con mozas e mozos que forman parte do programa Correspondentes xuvenís. Foron dúas xornadas os díasatocha 17 e 18 de abril nas que os e as participantes adquiriron formación vinculada ao bo uso das redes sociais, así como para realizar dinámicas de deseño e emprendemento.

Un dos obxectivos deste foro foi conectar os participantes do programa Correspondentes xuvenís, que neste curso 2020-21 superan os 500 mozos e mozas. Ademais de achegar actividades durante os dous días que durou o evento, aproveitouse para recoller impresións e suxestións da mocidade, definir estratexias e deseñar novas iniciativas nas que se motive á participación da xuventude.

Este encontro, no que participou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, contou con actividades dirixidas a utilizar as ferramentas que proporcionan os teléfonos móbiles, tales como a cámara, a gravadora ou as diferentes aplicacións web para o seu uso para a transimisión de información xuvenil.

Así mesmo, organizáronse grupos para desenvolver iniciativas nos que os e as correspondentes puxeron en uso as habilidades aprendidas. Logo de rematar os proxectos, presentáronse a un xurado profesional que escolleu cal deles foi o mellor grazas ao seu deseño e a escolla de información.