Correspondentes Xuvenís 3.0 (144)

Correspondente xuvenís 3.0 

O equipo de Correspondentes Xuvenís do CPI Domingo Fontán de Pontevedra publica na súa conta de instagram fotos coa entrega das bolsas oficiais de Correspondentes Xuvenís.

https://www.instagram.com/correspondentesdeportas/

Parabéns polo traballo desenvolto!

PORTAS2PORTAS3PORTAS4PORTAS5

O equipo de Correspondentes xuvenís do CIFP A Farixa de Ourense estrea canle de Podcast.

Nesta aventura radiofónica o equipo de correspondentes busca difundir informacións de especial interese para a súa comunidade educativa dun xeito ameno e entretido.

A intención, se os estudos o permiten, é publicar un episodio por semana. Non vos perdades a vosa cita semanal coa información!!!

Tamén contan cun blog para difundir información.

podcast

Saray, Carla, Claudia, Naira, Ainhoa, Tania, Jose, Alejandro, Ainhoa, Aldara, Antia, David, Mauro, Eva, Cristian, Pablo, Uxia, Lara, Daniela, Fátima, Hugo, Nicolás e Artai e o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Val de Tea de Ponteareas.

Participan en obradoiros creativos para a difusión da información xuvenil organizados polo servizo de Voluntariado do Concello de Ponteareas baixo a xestión de Rocío Marquez.

Parabéns a todas e todos!

fotos fanzina val do tea 2021fotos fanzine val do tea 2021 4fotos fanzine val do tea 2021 5fotos fanzine val do tea 2021 6

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol comparten as súas experiencias tras participar no Encontro Ibérico-Insular de Correspondentes Xuvenís que se desenvolveu o 15 de abril de 2021.

O obxectivo do encontro foi crear unha rede de correspondentes a nivel peninsular e insular para que os mozos e mozas compartan boas prácticas entre eles, se coñezan e creen lazos entre iguais.

https://padlet.com/cxmontojo2021/e24nscs7q3yxdfju#

O equipo de Correspondentes xuvenís do CIFP A Farixa de Ourense tomaron a iniciativa de sortear entre o alumnado do seu centro que os sigan en instagram, un vale de 50 € para facer compras nalgún establecemento de Ourense.

O alumnado do CIFP A Farixa so ten que:
- Dar like a publicacion
- Etiquetar a 2 amigos nos comentarios
- Compartir nas historias etiquetandoos
O sorteo sera realizado a través de #sorteiogram.
Ata o 4 de maio ás 11:00.

Voceiros Farixa: https://www.instagram.com/p/COKkG9FnlUm/

Iria, Carmen, Brais, María, Uxía, Angela del Carmen, Marta, Daniel, Pablo, Candela e Marcos son o equipo de Correspondentes Xuvenís do CPR Nosa señora do Carme de Betanzos.

Parabéns polo traballo!!!

Os/as Correspondentes Xuvenís do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela elaboraron este video-presentación do equipo, que está integrado polo rosaliaaodia1alumnado do ciclo de Animación sociocultural e turistica, así como por varias alumnas de 4º da ESO.

Teñen unha conta en Instagram, Rosalía ao día, onde difunden información entres os seus/súas compañeiros/as, así como unha conta de Twiter.

Ademáis teñen este blog: http://rosaliaodia.blogspot.com/

 

Parabéns polo traballo desenvolvido!

Desde o IES San Mamede de Maceda envíannos fotografías do alumnado que forma parte do programa Correspondentes Xuvenís.

MACEDA. IES San Mamede1

Aquí podedes consultar a conta de Instagram que están a usar para difundir inforamción entre os seus compañeiros/as.

https://www.instagram.com/correspondentes.mamede/

Malia as restricións orixinadas pola pandemia, o equipo de Correspondentes do IES Saturnino Montojo de Ferrol continúa desenvolvendo actividades voluntariado que complementan o seu labor fundamental de antenas informativas.

O equipo de correspondentes xuvenís impulsamos e colaboramos nas diversas actividades que se realizan no noso instituto para fomentar a cartel encontro interxeracional virtualinclusión, a solidariedade e os proxectos interxeracionais tan importantes neste tempo de confinamentos.

Estes son algúns dos proxectos nos que nos implicamos:

- Actividades por mor do Día Internacional da muller
- Difusión da actividade de madriñas dos departamentos.
- Preparación da presentación sobre Mulleres STEM e faladoiro sobre a traxectoria desas mulleres.
- Vidoconferencia  interxeracional sobre a evolución do rol da muller na sociedade desde o ano 45 á actualidade en colaboración coa sección de maiores de Afundación Abanca.
- Participación en clubs de lectura organizados polo equipo PLAMBE.
- Gravación e difusión de vídeos en TICTOC para contribuír a erradicar a violencia de xénero.
- Participación colaborativa no certame de lemas.
- Gravación de vídeos de TICTOC para dinamizar a lingua galega.
- Colaboración co facebook da biblioteca.
- Concurso de deseño de Superheroínas e superheroes.
- Gravación de vídeos en TICTOC para potenciar o uso correcto da lingua galega.
- Difusión e participación no certame de microrrelatos Carmela Loureiro.
- Participación e promoción dunha actividade interxeracional sobre Rosalía: poesía compartida."

IMG 2859

Antón, David, Alba, Antía, Martín, Nerea, Joanna, Laura, Sara Andrea, Ricardo e Jairo son o equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Monte Neme de Carballo.

Desde a súa conta de Instagram, @correspondentesdomonteneme, publican as novas que reciben de Xuventude.

Así de ben locen as bolsas e máscaras de Correspondentes Xuvenís

Parabéns polo traballo desenvolvido!!

https://www.instagram.com/correspondentesdomonteneme/