Emprego público (136)

Praza de Oficial de oficios varios no concello de Coirós (A Coruña)

 

Concello de Coirós (A Coruña), convoca unha praza de Oficial de oficios varios, pertencente á escala de Administración Especial, subescalade Servizos Especiais e clase E de persoal funcionario, a cubrir polo sistema de concurso oposición, en quenda libre.

Prazo: O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, a contar desde

o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado.

Máis información:  BOE Núm. 294 Xoves 6 de decembro de 2018

O Concello de Coirós publica as bases para a provisión da praza “Técnica/o de información xuvenil e animación sociocultural”,

Titulación:
a) Título de diplomada/o universitaria/o en educación social, ou ti´tulo de grao en educación social
b) Certificado de profesionalidade de Información Xuvenil
c) Curso básico de Información, Orientación e Asesoramento á Mocidade
d) CELGA 4 ou equivalente
e) Estar en posesión da licenza de condución B1, ou en condicións de obtela na data na que remate o prazo de presentación de instancias, e dispoñibilidade de vehículo.

O prazo para presentar solicitudes será de 20 días a partir da publicación no BOE
Máis información no BOP da Coruña do 15 de novembro de 2018 e no DOG do 5 de decembro de 2018

O Concello de Coirós publica as bases para a provisión da praza “Técnica/o de información xuvenil e animación sociocultural”

Titulación:
a) Título de diplomada/o universitaria/o en educación social, ou título de grao en educación social
b) Certificado de profesionalidade de Información Xuvenil
c) Curso básico de Información, Orientación e Asesoramento á Mocidade
d) CELGA 4 ou equivalente
e) Estar en posesión da licenza de condución B1, ou en condicións de obtela na data na que remate o prazo de presentación
de instancias, e dispoñibilidade de vehículo.

O prazo para presentar solicitudes será de 20 días a partir da publicación no BOE
Máis información no BOP da Coruña do 15 de novembro de 2018

O Concello de Chandrexa de Queixa está a elaborar unha bolsa de emprego para o servizo de axuda no fogar.
O prazo estará aberto ata o 23 de outubro de 2018.
Máis información no BOP de Ourense do 8 de outubro de 2018 e en www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

Convocatoria de probas selectivas 2018 para o acceso á formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Enfermeiros, Psicólogos, Químicos, Biólogos e Físicos

 

O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social convoca probas selectivas 2018 para o acceso no ano 2019, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos, Enfermeiros e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

 

Máis información: BOE Núm. 223 Venres 14 de setembro de 2018

Prazas, mediante concurso-oposición, no marco de procesos de consolidación e estabilización de emprego na Mancomunidade do Salnés

 

A Mancomunidade do Salnés publica as bases e a convocatoria das seguintes prazas para a Mancomunidade do Salnés, mediante sistema de concurso-oposición, no marco dos seguintes procesos:

a) De consolidación:

Técnico emprego/proxectos subvencionados

Administrativo

b) De estabilización de emprego

Técnico turismo/proxectos subvencionados

Máis información: DOG Núm. 177Luns, 17 de setembro de 2018

1 praza de técnico de facturación de persoal laboral temporal

 

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir 1 praza de técnico de facturación por concurso oposición,  mediante contrato temporal de remuda ao 75 % da xornada.

Máis información: DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2018

Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación

 

Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica a Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Máis información: DOG Núm. 152Xoves, 9 de agosto de 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180809/AnuncioG0424-300718-0004_gl.html

 

Subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publica a Orde do 23 de xullo 2018 pola que se convocan subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2018

Máis información: DOG Núm. 152Xoves, 9 de agosto de 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180809/AnuncioG0424-300718-0006_gl.html