Outras (42)

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan rehaVIta para o ano 2021

Persoas destinatarias:
a) Persoas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estaren inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) Vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude estean residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
c) Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas que, tendo sido beneficiarias do programa Aluga, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis meses anteriores.
e) Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
f) Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
g) Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.

Requisitos:
a) Que estean empadroadas en  Galicia durante, polo menos, os 12 meses anteriores.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello de Galicia.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvencione non supere os importes sinalados no artigo 6.
e) Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (IPREM).
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grao, coa persoa arrendadora.  
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 11 de decembro de 2021.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento VI482A ou VI482B en caso de prórroga.
Máis información no DOG do 20 de xaneiro de 2021 e en http://igvs.xunta.gal

A Xunta de Galicia convoca axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica ás persoas economicamente máis vulnerables.

Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.

Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas de electricidade.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2021.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento IN414D e tamén en https://axudascortes-subministracion.xunta.gal

Máis información no DOG do 20 de xaneiro de 2021 e na Dirección Xeral de Enerxía, teléfono 981 957 024
http://ceei.xunta.gal e no correo ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.es

Tarxeta Benvida

Xan 19, 2021

A Consellería de Política Social convoca unha axuda económica para as familias que no ano 2021 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos.

Contía da axuda
- Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes.

- Aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 € terán dereito a axuda no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos nas seguintes contías:
a) 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
b) 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo.
c) 2.400 €/ano a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
a) Ter fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nadas/os entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
b) Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

O prazo de presentación de solicitudes será de  dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedementos BS403B

Publicado no no DOG do 19 de xaneiro de 2021
Máis información en http://www.familiasgalegas.org e en tarxetabenvida.familia@xunta.gal

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca as seguintes axudas:
- Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependesen economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
As axudas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2018.
O importe das indemnizacións é de 7.000 €, que será aboada unha única vez por cada persoa beneficiaria.
O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI460A en https://sede.xunta.gal
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2021.

Máis información no DOG do 11 de xaneiro de 2021 e en https://igualdade.xunta.gal

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca a seguintes axudas en materia de violencia de xénero

Axudas de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
Tipos de axudas:
- Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.
As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI434B
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2021.

Prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero.
Requisitos das solicitantes
Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación.
Ter cesado a convivencia co agresor, ou coa persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, no intervalo temporal que comprende aos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así se esixa pola lexislación vixente, ter permiso de residencia.
No caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente

As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario SI434A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto todo o ano.

Máis información no DOG do 7 de xaneiro de 2021 e en https://igualdade.xunta.gal

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de España convoca axudas destinadas a fomentar o emprendemento feminino e á creación de empresas por mulleres 2020.

As axudas obxecto desta convocatoria articúlanse nas seguintes liñas:
- Liña 1: Nova actividade empresarial con alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou na ou na  mutualidad do colexio profesional correspondente e no Imposto de Actividades Económicas (IAE) de mulleres desempregadas.
- Liña 2: Financiamento dos gastos directos necesarios para a posta en marcha da nova actividade empresarial.

As axudas concederanse conforme á orde de entrada das solicitudes presentadas por aquelas empresarias que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, e sempre que se atopen dentro do prazo e exista dispoñibilidade orzamentaria.

As axudas que se concedan ao amparo desta convocatoria estarán cofinanciadas ao 100% polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 18 de decembro de 2020 ás 23:59  h.

A contía das axudas por cada solicitude presentada será de 600 euros no caso da liña 1 e ata un máximo de 2.000 euros no caso da liña 2.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/11/18/pdfs/BOE-B-2020-42312.pdf

Emprego convoca bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2020 e 2021.
As accións formativas con dereito a bolsa son as que se inicien entre o 21 de novembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021.
Prazo:  A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito, coa data límite do 30 de novembro de 2021.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301V
Máis información no DOG do 20 de novembro de 2020 e en
https://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00281.html

O Concello de Lugo publica as bases de axudas para financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domicilio habitual da mocidade residente no termo municipal de Lugo.

Colectivos a quen se dirixe estas axudas:
- Vítimas de violencia de xénero.
- Familias monoparentais con cargas familiares.
- Unidades de convivencia con descendentes a cargo ata os 25 anos (inclusive) e/ou con grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.
- Unidade de convivencia formada exclusivamente por mozos/as ata 35 anos de idade inclusive como titulares da unidade familiar.

Prazo: proximamente farase a convocatoria.

Bases: http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/12-11-2020.pdf#page=11

A Consellería de Emprego convoca subvencións para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local nos concellos e para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio nas entidades sen ánimo de lucro.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR351B para concellos e TR352B para asociacións sen ánimo de lucro
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2020.
Máis información no DOG do 30 de outubro de 2020 e en https://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/secretaria-xeral-de-emprego

https://xatemprego.gal/

Aquí podes consultar axudas que se convocan ao longo do ano tanto para a contratación de mozos e mozas como para autoemprego.

Temén podes consultar que pasos tes que dar para crear unha empresa.

Axudas á contratación