Outras (42)

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga)

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través do formulario TR351F
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de maio de 2021.
Máis información no DOG do 27 de abril de 2021.

A Consellería de Educación convoca os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos universitarios conducentes á unha titulación oficial de grao no curso académico 2019/20, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Entenderase por curso académico o período comprendido entre o 1 de setembro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

Requisitos:
a) Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED415A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de maio de 2021.
Máis información no DOG do 23 de abril de 2021 e en www.edu.xunta.ga  e en orientacion.sug@edu.xunta.es

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

Requisitos:
a) Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de maio de 2021 e poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311A
Maís información no DOG do 22 de abril de 2021 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca o programa Aprol Rural, que consiste en axudas e subvencións a accións de fomento de emprego no rural en colaboración coas entidades locais rurais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes, a xestión da biomasa, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento TR351G
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de maio de 2021.
Máis información no DOG do 20 de abril de 2021

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convoca axudas para contribuir a minimizar o impacto económico e social do Covid-19 nos alugueiros de vivenda habitual.

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ao alugueiro, mediante a adxudicación directa ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social do COVID–19, teñan problemas transitorios para atender o pagamento parcial ou total do alugueiro.

Requisitos: Persoa maiores de idade que sexan titulares, en condición de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano.

Prazo: ata o 30 de setembro de 2021
A solicitude está dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal/ co código VI432E
Máis información no DOG do 6 de abril de 2021
http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada

A Secretaría Xeral da Emigración convoca subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo.

Persoas beneficiarias
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Liñas de subvencións
– Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
– Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

Contía:
- Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: 5.000 euros.
O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.
O importe máximo da subvención concedida será de 8.000 euros.
- Liña 2 subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego: 3.000 euros.

O prazo para presentar asolicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021 e poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento PR937A.

Máis información no DOG do 29 de marzo de 2021 e en http://emigracion.xunta.gal

O Ingreso Mínimo Vital é unha prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopen nunha situación de vulnerabilidade por carecer de recursos económicos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.

Idade a partir dos 23 anos

A solicitude realizarase no modelo normalizado, acompañada da documentación necesaria para xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.
A solicitude presentarase, preferentemente, na sede electrónica da Seguridade Social

http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/FAQ/48581/42b9f3e8-8eea-4106-864e-2b5bdad27269#IMV2 

Máis información: BOE Núm. 154, luns 1 de xuño de 2020.  https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/01/pdfs/BOE-A-2020-5493.pdf 

A Deputación de Lugo convoca o seguintes programas:

Xente Nova no rural para a mellora da empregabilidade dos mozos e mozas do medio rural mediante a concesión de 30 bolsas de axudas económicas a persoas físicas ou xurídicas, afincados endeterminados concellos, para a contratación por conta allea, financiando os custos salariais do 50% do SMI vixente durante 12 meses para a contratación dun mozo inscrito no sistema de garantía xuvenil.

O teu emprego no rural coa finalidade aumentar o emprendemento das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación como vía de acceso ao mercado laboral a través de 4 bolsas (2 para cada medida) de axudas económicas para a alta da actividade económica segundo algunha das modalidades previstas e que se atopen situadas nalgún dos concellos relacionados no Anexo I. Dúas bolsas de axudas por cada medida, sendo a contía o 75% do SMI vixente durante 12 meses.

https://deputacionlugo.portalemp.com/prende-bota-raices-no-rural.html?n=1

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca o Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal co formulario VI482C
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 10 de decembro de 2021.
Máis información no DOG do 16 de marzo de 2021

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos.

A contía da axuda para a adquisición de vivenda será de ata 12.800 € por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e de 10.800 €, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.

En todo caso, no suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado Área Rexurbe, a contía da axuda será de 15.000 € por vivenda.

As solicitudes tramitaranse preferiblemente en https://sede.xunta.gal co procedemento VI400A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o o 1 de setembro de 2021
Máis información no DOG do 15 de marzo de 2021 e en http://igvs.xunta.gal/