Outras (46)

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca o Plan Galicia emprega de incentivos á contratación por conta allea, á formación e ao emprego con apoio a través de dous programas:

Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación (procedemento TR342C):
1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
2. Incentivos á contratación temporal, por medio da cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
4. Incentivos á formación para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Programa II: Emprego con apoio (procedemento TR342A).
Consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas, do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

A contratación indefinidas dunha persoa desempregada moza menor de 30 anos terá un incentivo de 6.000 euros.
A contratación temporais dunha persoa desempregada moza menor de 30 anos terá un incentivo de 3.000 euros.

Entidades beneficiarias
Persoas empregadoras e empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través dos formularios TR342C e TR342A.
O prazo xeral para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021.
O prazo para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e 26 de xullo de 2021 estará aberto ata o 27 de setembro de 2021.

Máis información no DOG do 26 de xullo de 2021 e en https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/es/?option=com_content&view=article&id=218

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axudas para a adquisición de vivendas protexidas

Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.
b) Ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda protexida.

A contía da axuda para a adquisición de vivenda será a seguinte:
a) No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
b) No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
En todo caso, as axudas terán o límite do 20 % do prezo de compra da vivenda.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o o 30 de setembro de 2021.
As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento VI420C
Máis información no DOG do 23 de xullo de 2021 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia.

Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego. A formación estará dirixida a obtención de, polo menos, un certificado de profesionalidade.
i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
j) Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures) así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

Entidades beneficiarias:
1. Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2020 superior a 500 persoas
2. As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

Tipos de programas:
A) Programas integrados destinados exclusivamente a mulleres.
B) Programas integrados destinados a persoas desempregadas pertencentes aos seguintes colectivos prioritarios:
a) Persoas con discapacidade.
b) Persoas en risco de exclusión social e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.
c) Mulleres coa condición de vítimas de violencia de xénero.
d) Persoas menores de 30 anos con baixa cualificación.
e) Persoas menores de 30 anos cualificadas.
f) Persoas maiores de 45 anos.
g) Persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia non incluídas na letra b).
h) Persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
i) Persoas desempregadas como consecuencia dun expediente de regulación de emprego de carácter extintivo, presentado nos doce meses anteriores á publicación desta orde.
j) Mulleres.
k) Persoas desempregadas de longa duración.
l) Persoas inmigrantes.
m) Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.

As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR332A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de agosto de 2021.
Máis información no DOG do 21 de xullo de 2021

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos das asociacións:
a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.

As persoas destinatarias finais dos programas serán as mulleres vítimas de violencia de xénero, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 20 de agosto de 2021
As solicitudes poden tramitarse a tavés de https://sede.xunta.es co procedemento SI451A
Máis información no DOG do 20 de xullo de 2021 e en http://igualdade.xunta.gal/

A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social e as unidades familiares con todos os seus membros en situación de desemprego, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR807I
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de agosto de 2021.
Máis información no DOG do 20 de xullo de 2021 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Liñas e axudas complementarias:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas, en ningún caso, poderán supor destrución do emprego existente por conta propia e allea.

d) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

e) Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.


Beneficiarias: empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2020 e o 16 de agosto de 2021.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de agosto de 2021
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento SI429A
Máis información no DOG do 14 de xullo de 2021 e en http://igualdade.xunta.gal/

A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro e a entidades locais galegas para a organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2021.

Os festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais obxecto de subvención deben cumprir cos seguintes requisitos:
– Ter unha duración mínima de dous días consecutivos e un máximo de seis.
– O orzamento destinado á contratación artística non superará o 50 % do orzamento do proxecto presentado e o importe por actuación non superará en ningún caso os 5.000 €.
– A programación contará, cando mínimo, cun 30 % do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e/ou compañías galegas.
– O proxecto obxecto de subvención debe ter un carácter libre e gratuíto para o público asistente.

Poden solicitar as subvencións:
a) Asociacións sen ánimo de lucro.
b) Concellos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de agosto de 2021.
As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A
Máis información no DOG do 7 de xullo de 2021 e en https://www.cultura.gal/es

A Consellería de Emprego e Igualdade convoca subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.gal co procedemento TR358A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2021
Máis información no DOG do 1 de xullo de 2021

A Consellería de Educación convoca premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

O alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
b) Ter no curso académico 2019/20 unha nota media igual ou superior a 8 puntos.
c) No caso dos graos oficiais será necesario ademais:
1º. Ter superado no curso académico 2019/20, con aproveitamento excelente, a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo serán 60, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
2º. Estar matriculado da mesma titulación no curso 2020/21.

d) E, no caso dos programas de simultaneidade de graos:
1º. Ter superado no curso académico 2019/20, con aproveitamento excelente, a totalidade dos créditos matriculados que, como mínimo, serán 72 excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
2º. Estar matriculado do mesmo programa de simultaneidade no curso 2020/21.

Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Máis información no DOG do 8 de xuño de 2021

A Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:

1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

Requisitos
Alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2021.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. O primeiro prazo, ata o 21 de xuño, para o para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2020-marzo 2021 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2021.
Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2021, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2021. O alumnado que teña horario flexible con autorización da secretaría xeral e remate despois do 31 de decembro de 2021 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

Contía da axuda.
A) Alumnado que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
Na Comunidade Autónoma:
Ata un máximo de 375 € cando se cumpran as seguintes condicións:
- O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.
- O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP dual.

A contía que percibirá o alumnado establecerase en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT ou, no caso da FP dual, do número de xornadas de permanencia na empresa.
Fóra da Comunidade Autónoma.
Percibirán unha cantidade fixa de 200€ aínda que realicen a FCT ou a FP dual en varios centros de traballo.

B) Alumnado que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español.

Unión Europea:
Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 120 € contía base e 72 € por semana
Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 180 € contía base e 120 € por semana
Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Suecia: 240 € contía base e 150 € por semana


Non integrados na Unión Europea:
Europeos: 180 € e 120 € por semana
Doutros continentes: 240 € e 150 € por semana

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 2 de xuño de 2021 e en www.edu.xunta.es/fp