Idiomas (9)

A Fundación ONCE co fin de contribuír á igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade convoca axudas para cursos e estancias de entre 4 e 12 semanas de duración para estudar idiomas no estranxeiro. As bolsas para estancias de catro semanas son de 2.000 €, mentres que as de 12 ascenden a 6.000 €.
Todas elas cobren a formación en inglés, francés ou alemán a través de cursos que deberán desenvolverse entre o 15 de febreiro e o 31 de decembro deste ano e que haberán de ter unha carga lectiva de “polo menos 20 clases semanais dun mínimo de 40 minutos cada unha”.

Para quen?: Mozos e mozas de 18 a 29 anos de nacionalidade española con discapacidade legalmente recoñecida de polo menos o 33% e incritos/as en Garantía Xuvenil.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2021

https://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasCursoIdiomas.aspx

O Goberno de Indonesia convoca as bolsas  Darmasiswa destinadas a estudantes interesados en aprender o idioma oficial bahasa e profundar na arte e a cultura deste país asiático.

As axudas poderanse gozar durante o próximo curso 2019/2020 nalgunha das 71 institucións oficiais de educación superior de Indonesia e cubrirán un período dun ano completo.

Os aspirantes elixidos recibirán unha asignación mensual que oscilará entre as 2.950.000 rupias (uns 230 euros) e as 2.550.000 rupias (uns 180 euros), en función da cidade de destino que escolla cada un.

Ademais disto, todos os estudantes terán dereito a recibir o aloxamento e o transporte durante o programa de orientación previo ao goce destas bolsas e que terán lugar na capital, Iacarta, durante o mes de agosto, segundo recollen as bases desta convocatoria.

Para poder aspirar a unha destas bolsas é necesario proceder dun país que manteña relacións diplomáticas con Indonesia, así como ter estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.

Tamén é obrigatorio ter unha idade mínima de 17 anos e unha máxima de 35 anos no momento de solicitar estas bolsas, e contar con estudos de Educación Secundaria ou equivalentes.

Así mesmo, o dominio do inglés é outro dos requisitos indispensables para poder acceder a unha destas axudas, xa que a maioría de institucións de educación superior do país imparten as súas clases neste idioma.

O prazo para as Bolsas Darmasiswa: 1 de marzo. (Convócanse todos os anos)

http://embajadaindonesia.es/now-open-darmasiswa-scholarship-20192020/

A Axencia  Letona para o Desenvolvemento da Educación Pública convoca bolsas de estudo e investigación para o ano académico 2019/2020 así como bolsas para escolas de verán 2019.

O prazo estará aberto ata o 1 de abril de 2019

http://viaa.gov.lv/eng/international_cooperation/scholarships_gov/latvian_scholarships/

O Ministerio Educación Superior e Ciencia de Dinamarca convoca todos os anos bolsas para realizar no verán cursos de danés en Dinamarca, ás que poderán optar estudantes matriculados en licenciatura, mestría ou doutoramento.

A duración dos cursos é de tres semanas, impartidas no verán durante os meses de xullo e agosto, cun mínimo de tres horas ao día de formación no idioma danés, que están acompañadas de excursións e actividades culturais. Isto permite aos estudantes coñecer o idioma á vez que coñecen a cultura danesa e o país.

Prazo: abrése no mes de febreiro habitualmente

https://ufm.dk/en/education/programmes-supporting-cooperation-and-mobility/the-cultural-agreements-programme/danish-summer-language-scholarships

A través do Instituto Balassi é posible estudar Húngaro nas 23 delegacións que este instituto ten abertas en 21 países diferentes.

http://www.balassiintezet.hu/en/balassi-institute-hq/

O programa "Vulcanus en Xapón" foi creado en 1997 polo Centro para a cooperación industrial UE-Xapón e ofrece prácticas profesionais a estudantes da UE que consisten nun seminario dunha semana en Xapón, un curso intensivo de xaponés de catro meses e unhas prácticas nunha empresa xaponesa durante oito meses.

Podes solicitalo?
Para poder solicitalo debes ser cidadán dun país da UE e estudante universitario a partir do terceiro ano de enxeñería ou ciencias nunha universidade da UE: informática, enxeñería, enxeñería mecánica, química, electrónica, biotecnoloxía, enxeñería eléctrica, física, telecomunicacións, información, enxeñería nuclear, enxeñería civil, materiais metálicos, cerámica, sistemas de produción, etc.

O programa empeza en setembro e termina en agosto do ano seguinte. Ten por obxectivo mellorar e fomentar a cooperación industrial e a comprensión mutua entre Xapón e a UE. Ten en conta que se tes a obrigación de facer un ano de prácticas, o programa  Vulcanus pode estar recoñecido como parte do teu currículo universitario ou como un ano  sabático.

Como o solicitas?
Só tes que enviar a solicitude e esperar a que che seleccionen. Avaliaráseche en función das túas cualificacións académicas, as recomendacións dos teus profesores, os teus coñecementos de inglés, a túa motivación, a túa actitude con respecto ás relacións entre a UE e Xapón e a túa habilidade para adaptarche a unha cultura diferente.

Financiamento
O programa está financiado polo centro UE-Xapón para a Cooperación Industrial e as empresas xaponesas de acollida. Os estudantes reciben 2 millóns de  yenes para cubrir a viaxe de ida e volta e os gastos de estancia. O curso de idiomas e o seminario son gratuítos e os estudantes tamén reciben aloxamento durante todo o período.

Prazo: son bolsas anuais e normalmente ábrese a convocatoria durante o mes de xaneiro

https://www.eu-japan.eu/events/vulcanus-japan

O Ministerio francés de Asuntos Exteriores concede bolsas do goberno francés para cursar estudos, realizar prácticas ou estancias lingüísticas en Francia. Os Servizos de Cooperación e Acción Cultural das embaixadas e dos consulados xerais de Francia no estranxeiro conceden a maioría destas bolsas.

https://www.diplomatie.gouv.fr/es/venir-a-francia/estudiar-en-francia/estudiar-en-francia-becas/

O Ministerio de Educación da República Popular China convoca todos os cursos, entre outras, bolsas para cidadáns españois

Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada dea República Popular China en España
Tel: 913 883 988
E-mail: embajadachinaeducacion@hotmail.com

http://www.campuschina.org/scholarships/index.html

O Servizo Alemán de Intercambio Académico oferta un programa de bolsas para estudos de posgrao e de idiomas en Alemaña

https://www.daad.es/es/encontrar-becas/becas-para-candidatos-en-espana/