Convocatoria xeral (21)

A Axencia Turismo de Galicia convoca bolsas para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

Tipos de bolsas:
Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas:
a) Para as bolsas de 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (EBAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
b) Para as bolsas de 1º curso de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) En ambos os casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta convocatoria.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU200A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 27 de agosto de 2021.
Máis información no DOG do 27 de xullo de 2021 e en
http://www.cshg.es/index.php/es/formacion/informacion-interes/becas-y-financiacion 

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia convoca 14 bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación relacionadas co ámbito da súa actuación.
A contía destas bolsas por beneficiario será de 1.100 euros mensuais.
Modalidades:
  Graduados/as en Economía ou Empresa, sede de Madrid: 5 bolsas
  Graduados/as en Dereito, sede de Madrid: 5 bolsas
  Graduados/as en enxeñería. Sede de Madrid: 2 bolsas. Sede de Barcelona: 1 bolsa.
  Graduados/as en Xornalismo, sede de Madrid: 1 bolsa
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de septiembre de 2021.
Máis información no BOE do 26 de xullo de 2021 e em http://www.cnmc.es/

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca 11 bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro.

Bolsas:

1. Proxecto Legado científico de Jürgen Untermann.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas, grao en Estudos de Galego e Español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, grao en Filoloxía Clásica, grao en Linguas e Literaturas Modernas co itinerario de alemán.
- Coñecemento de alemán acreditando un nivel mínimo B1 mediante calquera certificación de centros públicos ou privados, ou ben acreditando un módulo ou un minor en alemán ou a propia titulación de grao en alemán da universidade correspondente.
As titulacións relacionadas coa arquivística serán consideradas como méritos e serán valoradas.

2. Proxecto Corpus de referencia do galego actual (Corga).
- Ser licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica, Portuguesa ou Tradución e Interpretación ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Inglesas; en Lingua e Literatura Modernas (Francés, Italiano, Románicas e Portugués); en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Tradución e Interpretación; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

3. Proxecto Corpus documentale latinum Gallaeciae (Codolga).
Esta bolsa ten como finalidade a formación dentro do Proxecto Corpus documentale latinum Gallaeciae que se está realizando no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Ser licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Clásica, en Historia ou en Humanidades ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia.
- Ter cursados estudos de Latín, xustificados cun mínimo de 2 materias superadas no expediente académico ou cun máster en estudos medievais.
Os coñecementos no manexo de ferramentas informáticas (xml, bases de datos e equivalentes) serán considerados como méritos relacionados e serán valorados.

4. Proxecto Bibliografía informatizada da lingua galega (Bilega).
- Posuír algunha das seguintes titulacións ou outras titulacións que se consideren equivalentes: licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica ou Portuguesa ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Modernas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios ou en Estudos de Galego e Español.
- Acreditar nivel B2 nalgunha das seguintes linguas: portugués, catalán, francés, inglés, italiano ou alemán.

5. Proxecto Terminoloxía científico-técnica.
- Ser licenciado/a en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Inglesas; en Lingua e Literatura Modernas; en Linguas Estranxeiras; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Tradución e Interpretación.
- Posuír coñecementos de inglés ou francés equivalentes ao nivel B2.
- Ter formación, polo menos elemental, en terminoloxía ou en lexicografía (demostrable mediante a superación dalgunha materia, publicacións científicas, asistencia a simposios, seminarios ou congresos especializados, comunicacións presentadas a congresos, etc.).

6. Proxecto Informes de literatura.
- Ser licenciado/a en Filoloxía Galega ou Galego-Portuguesa ou graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; Linguas e Literaturas Modernas (con maior ou minor en Lingua e Literatura Galegas).
- Acreditar coñecementos na elaboración de repertorios bibliográficos comentados, ben mediante estudos que inclúan formación a este respecto a nivel de licenciatura/grao ou máster, ben pola asistencia a actividades formativas complementarias (cursos, seminarios ...) ben pola publicación de traballos concretos arredor deste contido.

7. Proxecto Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos.
- Ser licenciado/a en Filoloxía Galega ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Tradución e Interpretación; en Lingua e Literatura Modernas (con maior ou minor en Lingua e Literatura Galegas).
- Acreditar coñecementos específicos en crítica e investigación literarias, ben mediante estudos que as inclúan a nivel de licenciatura/grao ou máster, ben pola asistencia a actividades formativas complementarias (cursos, seminarios, coloquios...), ben pola publicación de traballos concretos dos que participen estas disciplinas.

8. Proxecto Lírica profana galego-portuguesa.
- Ser licenciado/a en Filoloxía Galega, Portuguesa, Hispánica, Clásica ou Románica, ou ben graduado/a en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Lingua e Literatura Modernas (con maior ou minor en Filoloxía Románica); en Lingua e Literatura galegas; en Lingua e Literatura Españolas ou en Filoloxía Clásica ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
- Acreditar coñecementos específicos de literatura románica medieval (especificamente lírica) mediante estudos que a inclúan a nivel de licenciatura/grao ou máster, e/ou pola asistencia a actividades formativas complementarias (cursos, seminarios, coloquios..., dun mínimo de 40 horas de duración) centradas na literatura medieval.
- Acreditar a capacidade para ler/ traducir textos en diferentes linguas románicas no período medieval mediante estudos realizados durante a licenciatura/grao ou máster, e/ou pola asistencia a actividades formativas complementarias (cursos, seminarios, coloquios, dun mínimo de 40 horas de duración). Os solicitantes deberán evidenciar nos seus expedientes os datos que avalan tal capacidade.

9. BiRMED: Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval.
- Estar en posesión do título de licenciatura ou de grao en calquera titulación da Área de Humanidades, sempre que se acredite formación específica en estudos medievais.
- Acreditar coñecementos de literatura medieval (valorarase o coñecemento específico da literatura galego-portuguesa, segundo a epígrafe de formación complementaria).
- Posuír competencia para comprender textos escritos en diferentes linguas románicas e inglés (valoraranse as linguas que poidan ser convenientemente acreditadas ou certificadas, conforme a epígrafe de formación complementaria).

10. Proxecto Dimensións da identidade colectiva de Galicia.
- Ser licenciado/a ou graduado/a en Ciencias Políticas e da Administración ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
- Posuír coñecementos avanzados de estatística quer avalados con título oficial a nivel de máster que conteñan materias relativas a estes coñecementos, quer con graos específicos neste campo.
- Acreditar experiencia no manexo do software Bellview System e en control de campo.
- Acreditar experiencia no manexo dos softwares de análise estatística, SPSS, STATA ou R

11. Proxecto Legados literarios.
- Estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou ben do grao en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios; en Tradución e Interpretación; en Lingua e Literatura Modernas (con maior ou minor en Lingua e Literatura Galegas) ou a mesma titulación universitaria pero con distinta nomenclatura ou denominación, dependendo da universidade de procedencia.
- Acreditar coñecementos específicos en crítica e investigación literarias

Requisitos:
Estar en posesión do título universitario de licenciado ou licenciada ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude.
Ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007-2008 ou posterior.
Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os/as que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.
Non resultar beneficiario/a dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos.

A data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2021 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2023.

As solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento PL500D e na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades www.cirp.es 
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 19 de agosto de 2021

Máis información no DOG do 19 de xullo de 2021 e en www.cirp.es 

O Consello da Cultura Galega convoca dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid.
Estas bolsas teñen como finalidade facilitar a presenza dun/dunha creador/a na Casa de Velázquez en Madrid. Está destinada a creadores ou creadoras do ámbito das artes visuais (agás pintores e escultores) ou músicos.

Requisitos xerais:
Estar en posesión da titulación universitaria requerida e ter rematado os estudos no curso académico 2009/10 ou posterior.
Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

Bolsa de estadía de creación na Casa de Velázquez en Madrid
Esta bolsa ten como finalidade facilitar a presenza dun/dunha creador/a na Casa de Velázquez en Madrid. Está destinada a creadores ou creadoras do ámbito das artes plásticas, musicais, escénicas ou visuais (agás pintores e escultores)
Requisitos:
Posuír unha titulación universitaria ou de grao superior en ciclos formativos de ensinanzas artísticas, coreográficas, escénicas, musicais, deseño, imaxe e son.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos.
Presentar unha memoria do proxecto.
Os proxectos de artes visuais (debuxo, cine, fotografía, gravado, vídeo) ou composición musical deberán estar avalados por un responsable dun centro de creación, dun museo, dun conservatorio, etc. No proxecto de creación deberase xustificar tanto a necesidade da estadía en Madrid como a da proxección da cultura galega.

Bolsa de estadía de investigación na Casa de Velázquez en Madrid
Requisitos
Ser licenciado/a ou graduado/a nas áreas de Humanidades e Ciencias Sociais ou titulacións equivalentes.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos
Presentar unha memoria do proxecto.
A persoa investigadora deberá presentar unha memoria explicativa do proxecto de investigación que resuma as características xerais da investigación que vai levar a cabo.
A devandita memoria debe presentarse en formato A4, mecanografada a duplo ; e por unha soa cara, e a súa extensión non será inferior a cinco nin superior a dez páxinas.
A investigación que se vai desenvolver pertencerá ao ámbito das ciencias humanas e sociais cuxas fontes ou terreo de referencia se atopen en Madrid e terá que ver coa cultura e a historia de Galicia e a proxección da cultura galega.
Esta memoria débese acompañar dunha carta de convite dalgún centro de investigación, estudo ou documentación situado en Madrid, así como un escrito do responsable da investigación sobre o interese do proxecto.

Dotación:
Cada bolsa estará dotada con 1.100 € mensuais.
A Casa de Velázquez asumirá os gastos da hospedaxe. Proporcionará, ademais, tarifas preferenciais (boursier) para os gastos de manutención na cafetaría da Casa de Velázquez. Igualmente, ofreceralles a posibilidade de empregar os espazos de traballo e documentación da Casa de Velázquez. Do mesmo xeito, poderán participar nas actividades de investigación e creación da Casa de Velázquez.

Duración:
A duración de cada unha das bolsas será de 3 meses e a data estimada de comezo é o 15 de setembro de 2021 e rematarán, en calquera caso, o 31 de decembro de 2021.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de agosto de 2021.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento PR970A
Os formularios das solicitudes tamén estarán dispoñibles nas páxinas web do Consello da Cultura Galega http://consellodacultura.gal

Máis información no DOG do 14 de xullo de 2019 e en http://consellodacultura.gal
No teléfono 981 957 202 ou o enderezo electrónico rexistro@consellodacultura.gal
Presencialmente: Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela.

O Instituto Xeográfico Nacional convoca 16 bolsas de formación nos campos da astronomía, instrumentación astronómica e xeoespacial, xeodesia, xeofísica, xeomática e cartografía.
Requisitos: ter finalizado os estudos de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou enxeñeiro técnico, neste último caso só se posteriormente obtívose o título universitario oficial de máster, nos catro anos inmediatamente anteriores á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

A contía individual da bolsa será de 12.120 euros anuais, a razón de 1.010 euros mensuais.
Cando o centro de formación sexa o Centro Geofísico de Canarias, o importe anual da bolsa será de 13.200 euros e a asignación mensual de 1.100 euros.

A duración da bolsa será de doce meses, prorrogable por períodos de doce meses, ata un máximo de trinta e seis meses adicionais.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de agosto de 2021.
As solicitudes presentaranse en https://sede.mitma.gob.es/SEDE_ELECTRONICA/LANG_CASTELLANO/OFICINAS_SECTORIALES/IGN/BECAS/
Máis información no BOE do 8 de xullo de 2021

A Xunta de Galicia convoca 6 bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.
Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Requisitos:
Ter veciñanza administrativa en Galicia.
Estar en posesión dun título de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2021
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR809A
Máis información no DOG do 1 de xullo de 2021 e en http://www.cooperaciongalega.org

A Fundación de Axuda contra a Drogadicción pon en marcha o proxecto Lanzadeira WiT, no que ofrece 600 bolsas para mozas e mozos de 18 a 35 anos que queiran formarse en competencias dixitais que lles abran camiño a desenvolverse profesionalmente en contornas dixitais.

Para acceder á bolsa gratuíta de formación en liña en IT support con Certificado Profesional de Google non é necesaria ningunha experiencia previa e poden solicitarse a través da páxina de Lanzadeira WiT. Prazas limitadas.

As bolsas foron cedidas polo programa social Work in Tech de INCO Academy, que chegou a máis de 16 países en Europa onde máis de 9.500 persoas formáronse para despegar as súas carreiras na área de Tecnoloxías da Información. Desde que foi posto en marcha en 2018, o 82% dos alumnos e alumnas que o cursaron atoparon traballo, accederon a un posto de traballo mellor ou se incrementou o seu salario.

Deste xeito, a formación ofertada, dunhas 120 horas e que conta cun Certificado Profesional de Google, capacita en competencias relacionadas co Soporte ás Tecnoloxías da Información (IT Support). En concreto, adquírense competencias en resolución de problemas de servizo ao cliente, sistemas operativos, administración de sistemas, automatización e seguridade, coñecementos todos eles imprescindibles para ofrecer soporte en tecnoloxías da información e que teñen unha gran demanda no mercado laboral.

Lanzadeira WiT ofrece ademais unha rede de apoio ao estudante: un plan de tutorización para o acompañamento na experiencia de aprendizaxe e un plan de mentorización no que profesionais expertos na área tecnolóxica e no de recursos humanos orientaranlles neste tránsito laboral.

Requisitos
Estas bolsas diríxense a mozos vulnerables, de 18 a 35 anos, e de forma prioritaria a mulleres novas desempregadas ou en situación de exclusión ou vulnerabilidade. Para acceder a elas, as persoas interesadas terán que solicitalo directamente a través do formulario para acceder ao proceso de selección.

https://lanzaderawit.campusfad.org/ 

O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para promover a iniciación en tarefas de investigación dos/as estudantes universitarios/as que vaian finalizar os estudos de segundo ciclo ou de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais.

A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2.000 €.

Requisitos:
Poderán solicitar bolsas colaboración os estudantes universitarios que no curso 2021-2022 estean matriculados de último curso de estudos de Grao ou de primeiro curso dun Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde
8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática en https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites e Servizos»
Prazo: 30 de setembro de 2021.
Máis información no BOE do 3 de xuño de 2021 e en http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/becas-ayudas.html

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia ás actividades académicas que se celebrarán nas súas sedes durante o ano 2021.

Bolsa completa. Inclúe o aloxamento e manutención nas instalacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou noutras residencias concertadas e a matrícula gratuíta ao curso ou seminario solicitado.
Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago da matrícula no curso ou seminario solicitado polo estudante.

Requisitos:
- Ter matrícula formalizada no curso académico 2020/2021 ou 2021/2022 en estudos oficiais conducentes á obtención dun título de Grao, Máster ou Doutoramento nunha Universidade española, ou do EEES ou en calquera outro estudo que equivalla a eles, segundo a normativa vixente.
- Ou ben finalizar calquera dos estudos oficiais enumerados con posterioridade ao 31 de decembro de 2016.
- Nota media na titulación: deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico de Grao igual ou superior a 7 sobre base 10

A concesión das bolsas non se realiza mediante abonos directos aos estudantes, senón que consiste na exención do abono de determinados prezos polos servizos académicos, de aloxamento e de restauración prestados pola Universidade.

Prazos de solicitude:
- Para as bolsas correspondentes aos Cursos da Sede en Santander ata o 31 de maio de 2021.
- Para as bolsas de matrícula do resto de sedes, establécense os seguintes prazos:
Ata o día 15 de maio para os cursos que se celebren do 20 de xuño ao 15 de Julio
Ata o día 15 de xuño para os cursos que se celebren do 16 de xullo ao 10 de setembro de 2021.
Ata o día 15 de agosto para os cursos que se celebren do 13 ao 30 de setembro de 2021.
Ata o día 5 de setembro para os cursos que se celebren en outubro de 2021
Ata o día 15 de outubro para os cursos que se celebren en novembro e decembro de 2021.

Máis información no BOE do 17 de maio de 2021 e en http://www.uimp.es/cursos-de-verano-en-santander.html

A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 900 bolsas de introdución á investigación "JAE Intro ICU", no marco do Programa "JAE".
A finalidade das bolsas é a iniciación á carreira científica nas diferentes áreas, mediante bolsas para estancias en institutos e centros da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

Requisitos:  estudantes universitarios/as, cursando estudos de grao, licenciatura ou máster que teñan completados, polo menos, o 50 % dos créditos (ECTS) correspondentes ao grao.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2022.

Máis información no BOE do 23 de abril de 2021 e en https://sede.csic.gob.es/programa-jae