Outros cursos (137)

Universidade de Verán USC 24

A Universidade de Verán da USC convocará nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos que se desenvolverán en Compostela, Lugo e diversas vilas galegas.

Dende este mércores 15, xa é posible matricularse en cada unha das 41 actividades ofertadas.

O prazo permanecerá aberto ata dez días antes do comezo de cada curso.

A oferta dos 24 que se desenvolverán en Santiago de Compostela e os 4 de Lugo amplíase este verán con cursos na Coruña, Ares, Guitiriz, Lalín, Mondoñedo, Monforte, Noia, Oia, Ribeira, San Martiño de Meis, Seoane do Courel, Vilar de Santos e un máis compartido entre Lugo, San Cibrao e San Xoán de Tor.

Así, en Compostela organizaranse cursos sobre vida saudable, goberno dixital e inclusión social, desenvolvemento de enerxías renovables e transición enerxética, bioloxía e biotecnoloxía, manipulación informativa, as mulleres con poder da Idade Media, o mindfulness, as XV Leccións Xacobeas Internacionais da USC; dereito e música, xustiza climática e infancia, reimaxinar os territorios urbanos, Humanidades dixitais, o XII Curso de Divulgación da Química, creatividade e Camiño de Santiago, simulación clínica en situacións de urxencia, LaTeX, novas tendencias en medicina, unha proposta de iniciación ao audiovisual, a prestación de servizos sanitarios, matemáticas húngaras, os libros ilustrados de non ficción, bioimpresión en 3D, análise de datos con R e arquivos e museos.

No Campus de Lugo terán lugar propostas sobre o envellecemento na diversidade, a protección e o maltrato animal, a valoración nutricional e a abordaxe personalizada do deportista de alto rendemento e a prevención do risco cardiovascular.

A programación de verán da USC complétase con cursos sobre a inclusión das mulleres migrantes, na Coruña; o patrimonio inmaterial, en Ares; o cambio climático, en Guitiriz; a XIX edición do curso Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0, en Lalín; museos e educación, en Lugo, San Cibrao e San Xoán de Tor; a ficción fantástica, en Monforte; Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo; a fotografía documental, en Noia; oncoloxía integrativa, en Oia; a lingua galega no século XXI, en Ribeira; os viños galegos, en San Martiño de Meis; a biodiversiadde, en Seoane do Courel, e o sabugueiro, en Vilar de Santos.


Máis información:
www.usc.gal 

 

O MOOC sobre Conceptos básicos do traballo xuvenil, un curso en liña autodirixido desenvolto por Youth Partnership, xa está aberto!

Fialidade do curso:
- Familiarizarse máis cos “conceptos básicos” do traballo xuvenil (conceptos e definicións, formas, prácticas, enfoques, obxectivos, actores a nivel europeo e nacional).
- Obter unha visión xeral de como se apoia o traballo xuvenil (a través de políticas e estratexias, investigación sobre o traballo xuvenil, educación dos traballadores xuvenís, financiamento etc.)
- Inspírarte coas diversas boas prácticas que existen en Europa sobre diferentes aspectos do traballo xuvenil.
- Reflexionar sobre o futuro do traballo xuvenil en Europa e sobre como participar no desenvolvemento do traballo xuvenil.

https://pjp-eu.coe.int/en/web/youth-partnership/mooc-on-youth-work

Obradoiro Creación Literaria e Natureza

Obxectivos
-Adquirir as ferramentas básicas necesarias para un achegamento literario creativo á natureza.
-Coñecer as claves do ensaio naturalista.
-Dar os primeiros pasos na composición de obras literarias naturalistas.

Dirixido a:
Escritores/as, lectores/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores/as ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONG's ambientalistas, estudantes de literatura, universitarios/as e público xeral interesado.

Data: venres, 24 Maio, 2024 a sábado, 25 Maio, 2024

Lugar:
-Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, Oleiros).

Organiza: CEIDA

Patrocina: Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Programa:
Venres tarde:Pazo de Lóngora. 17 – 20 h.
O xénero:
-A Literatura de Natureza.
-Un percorrido pola literatura de natureza: algunhas obras clásicas e recentes.
A escrita
-“Ferramentas de campo” para a escrita de natureza.
-O caderno de campo literario: como tomar notas.
-Como trasladar as túas experiencias ao papel.
-A Costa de Dexo - Serantes: algunhas claves para a creación literaria.

Sábado mañá.Costa de Dexo. 9:00 - 14:00 h.
-Visita ao Centro de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo (Aula do mar) e percorrido guiado pola contorna.
-Exercicio de escrita no Monumento Natural.
-Posta en común: lecturas comentadas.

Na xornada de campo do sábado, ademáis: roupa e calzado axeitados, protección solar, comida e bebida para a media mañá, e unha manta ou similar para sentar con comodidade no campo, se fóra necesario.

Inscrición:
-Inscrición gratuita.
-Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición.

Formulario de inscrición

Máis información:
educacion@ceida.org 
981 630 618

Curso Wooclap: dinamiza as túas clases e fomenta a participación do alumnado

O mércores 8 de maio ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición para o curso Wooclap: dinamiza as túas clases e fomenta a participación do alumnado do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo.

Trátase dun curso de 10 horas que se impartirá en modalidade virtual.

Calendario:
-Parte virtual síncrona (6 horas): os días 8 e 10 de xullo de 10 a 13 horas.
-Parte virtual asíncrona (4 horas): das 10 horas do 11 de xullo ás 23.59 horas do 21 de xullo.

Programa do curso.

Máis información:
Área de Formación e Innovación Educativa
cpfp@uvigo.gal
986 8120 35

https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pdi/mellora-tua-formacion-docente-investigadora/innovacion-educativa 

Cursos de verán no Centro de Linguas da UDC

A UDC organiza cursos de verán no Centro de Linguas, no campus da Coruña.

Datas: Dende o 20/05/2024 ata o 15/07/2024

Requisitos:
-Acéptase alumnado a partir de 16 anos.
-Os exames finais dos cursos en liña realizaranse de forma presencial.

Máis información:
Centro de Linguas da Universidade da Coruña
Facultade de Filoloxía, baix. (Campus Zapateira) R/ Lisboa, 7. 15008- A Coruña
Tel.: 981 167 000 ext. 4751 / 4752
e-correo: centrodelinguas@udc.gal
www.centrodelinguas.gal

 

Obradoiro Estado de Creación

A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo organiza o obradoiro Estado de Creacción, unha oportunidade única para explorar a creatividade e a expresión artística a través das artes escénicas.

Este obradoiro, que terá lugar os días 15 e 22 de maio, é de balde e está deseñado para todas as persoas que teñen inquedanzas sobre a creación a través do espazo-corpo e/ou a palabra.

Baixo a dirección de Stephanie Cubides Martínez, docente de teatro, actriz e pallasa humanitaria, os participantes mergullaranse nunha exploración creativa.

A metodoloxía de escritura en acción será o fío condutor destas sesións. A través dela, xeraremos posibilidades de intervención e interacción poética do corpo cos espazos. Non se trata só de palabras, senón tamén de movemento, emoción e creatividade.

O obradoiro Estado de Creacción é un espazo onde a inquietude é benvida. Non se require experiencia previa en artes escénicas, só roupa cómoda e auga.

Os participantes terán a oportunidade de explorar a súa creatividade, así como descubrir novas formas de expresión.

Dirixido a estudantes e público en xeral, a Facultade de Humanidades convida a todas as persoas interesadas a participar neste obradoiro único.

Máis información:
marcos.franco@usc.es 
stephanie.cubides@rai.usc.gal

www.usc.gal

Inscrición

Cursos formación prevención violencia de xénero

A Universidade de Vigo convoca dous cursos formativos especializados en prevención de violencia de xénero:

-A universidade, espazo libre de violencias machistas?

-E ti, sabes como actuar fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo?

Docencia en liña e algunha sesión presencial, destinada a toda a comunidade universitaria da UVigo (PDI, PTXAS e estudantado), organizado pola Unidade de Igualdade e financiado polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a Xunta de Galicia.

Inscricións a través de Bubela.

MAIO
Luns 13 de maio de 16:00 a 19:00h
Martes 28 de maio de 16:00 a 19:00h

XUÑO
Luns 10 de xuño de 16:00 a 19:00h
Martes 25 de xuño de 16:00 a 19:00h

XULLO
Martes 23 de xullo de 16:00 a 19:00h

SETEMBRO
Martes 17 de setembro de 16:00 a 19:00h
Luns 30 de setembro de 16:00 a 19:00h

OUTUBRO
Martes 8 de outubro de 16:00 a 19:00h
Luns 21 de outubro de 16:00 a 19:00h

NOVEMBRO
Martes 5 de novembro de 16:00 a 19:00h
Luns 18 de novembro de 16:00 a 19:00h


Máis información en:
Teléfono: 986 813 419
Correo electrónico:igualdade@uvigo.gal
www.uvigo.gal/campus/igualdade

Curso sobre detección de patóxenos de orixe alimentaria
 
A Facultade de Ciencias da USC acolle o 3 de xuño a celebración do curso ‘Detección de patóxenos de orixe alimentaria. Trasladando o laboratorio ao campo’, unha proposta formativa coordinada por Alexandre Lamas e impartida por Alejandro Garrido que está incluída no Plan Formativo 2024 do Campus Terra da USC. 
 
As persoas interesadas en participar neste curso, orientado a estudantado universitario e tamén a profesionais e axentes do sector produtivo, poden formalizar xa a súa inscrición en liña.
 
O programa do curso, que se desenvolverá en quenda de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, pretende facilitar a transferencia ao sector produtivo de técnicas de microbioloxía dependentes de cultivo e de bioloxía molecular empregadas de rutina nos laboratorios de seguridade alimentaria, ademais de abordar aplicacións prácticas en situación reais.
 
A temática do programa afondará sobre métodos de microbioloxía dependente de cultivo para a detección de patóxenos na cadea alimentaria e tamén tratará as técnicas moleculares como alternativa máis rápida aos métodos de microbioloxía dependentes de cultivo. 
 
Daquela, no curso explicarase de forma teórica e práctica o emprego de técnicas isotérmicas como a amplificación isotérmica mediada por bucle (LAMP, por as súas siglas en inglés). 
 
Asemade, tamén se demostrará de forma práctica como estas técnicas poden ser aplicadas na propia industria alimentaria sen necesidade de contar con laboratorios dedicados e con equipamento custoso.
 
Máis información:
 
A Xunta de Galicia, xunto co Servizo Público de Emprego Estatal convocan os seguintes  cursos 100% subvencionados para os profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, destinados a mellorar as súa competencias e desenvolvemento profesional.
 
Os cursos se imparten en modalidade 100% en liña, sen horarios e a través dun campus virtual que estará dispoñible as 24 horas: https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta
 
- 6 Sigma. Ferramentas de seguridade, eficiencia y productividade (70 horas)
- Análises de custos para a toma de decisións (66 horas)
- Avaliación do impacto ambiental (130 horas)
- Cociña creativa e de autor (85 horas)
- Competencias dixitáis básicas (70 horas)
- Estratexias de servizos: calidade e orientación ao cliente (110 horas)
- Habilidades comerciais (70 horas)
- Negocios en liña e comercio electrónico (90 horas)
- Planificación e xestión do tempo (70 horas)
- Posicionamento en buscadores (55 horas)
- Posicionamento na web para o emprendemento (100 horas)
- Programa avanzado en agile project management. Scrum (160 horas)
- Redes sociais e márketing 2.0 (70 horas)
- Xestión da seguridade informática na empresa (110 horas)
- Xestión de comunidades virtuais (110 horas)
- Xestión loxística (160 horas)
 
A inscrición para estes cursos pode realizarse desde a seguinte páxina web: https://www.cursosfemxa.es/ocupados-xunta
 
Máis información:
Teléfono gratuíto:900100957
Correo electrónico: atencionalumno@femxa.com 

Programa formativo `Muller, a Cooperativa é para Ti´

A Unión de Cooperativas EspazoCoop impulsa o programa formativo "Muller, A Cooperativa é para Ti", consta de cursos de teleformación, gratuítos, para mulleres, que se imparten na Aula Virtual de EspazoCoop.

-Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas
25 h. Teleformación. Do 25 de abril ao 12 de abril de 2024

-Desenvolvendo a idea cooperativa
25 h. Teleformación. Do 13 ao 29 de maio de 2024

A fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración e a igualdade no mundo laboral para as mulleres, en condicións dignas e estables, e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional.

Son empresas de base democrática, asemblearia, e participativa, na que se poden dar xeitos para a conciliación persoal, e exercer a cogobernanza xunto a máis persoas e socias.

Información e inscricións:
https://espazo.coop/rede-eusumo/programa-muller-a-cooperativa-e-para-ti 

Formulario de inscrición