Novas e actividades (1093)

Coñecendo as nosas deportistas é un proxecto da Secretaría Xeral da Igualdade, que pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Este proxecto ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os eidos, de cara á eliminación dos estereotipos e as discriminacións que aínda persisten na sociedade.

É un proxecto dirixido a toda a sociedade e moi especialmente ás mozas e aos mozos de Galicia para promover a igualdade entre mulleres e homes.

Podes ver as entrevistas na canle de youtube de Igualdade: https://www.youtube.com/playlist?list=PLT-maIFdEQd9HcMiCIEeN5moc0GeVZITw

http://igualdade.xunta.gal/gl/campanas/conecendo-nosas-deportistas

The conversation

Xan 07, 2021

A Universidade de Santiago adheriuse á plataforma The Conversation, plataforma de divulgación do coñecemento, que conta na súa base de datos con 113.900 autores procedentes de 3.713 universidades e centros de investigación internacionais.

En virtude desta adhesión, o persoal docente e investigador e o alumnado de doutoramento da USC poderán escribir na vertente española da plataforma divulgativa (The Conversation España, TCES) sobre asuntos relacionados co seu campo de especialización.

Nada en Australia, The Conversation conta con edicións en Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Francia, Indonesia e África, ademais da edición en español, que se lanzou no verán de 2018 e en só dous anos publicou máis de 3.300 artigos e logrou máis de 95 millóns de lecturas, sumando a audiencia da súa web e a republicación dos artigos nuns 200 medios de comunicación españois e latinoamericanos.

Constituída como asociación sen ánimo de lucro con vocación de servizo público, sen publicidade comercial, e de acceso libre e gratuíto, The Conversation España conta xa co apoio de 53 institucións académicas e científicas e fundacións.

https://theconversation.com/es

O rural de todas

Xan 05, 2021

O proxecto audiovisual "O rural de todas" está promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e ten como obxectivo contribuír a unha maior visibilidade do traballo das ORURALEDETODAS2 mulleres do rural. A través do documental relátanse historias e experiencias diversas que axuden a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade.

 

https://www.youtube.com/watch?v=lFAoBsdxL6Q

 

Zafirada é o 1° Premio da modalidade de Videocreación de Xuventude Crea 2020zafirada3

 

Poesía galega contemporánea convertida en linguaxe universal no formato de videopoema. Velaquí un exercicio de creación artística multidisciplinario que quere conectar a tradición líricaaraña3 secular galega co universo das tecnoloxías audiovisuais e o patrimonio natural galego.

 

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

 

https://www.youtube.com/watch?v=RE4ehFcpLOQ&feature=emb_logo

O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Xuventude publica "De puertas adentro y de pantallas afuera. Jóvenes en confinamiento"

Este barómetro ten como obxectivo principal analizar as transformacións que a crise do coronavirus e o período de confinamento produciron nas actitudes e formas de vida da xente nova, poñendo especial énfase nas cuestións que teñen que ver a convivencia no fogar, a actividade laboral e educativa e as prácticas de lecer.

En concreto, analizaronse aspectos relacionados con:
- Convivencia no fogar
- Relaciones persoais e usos das TIC
- Situación económica, estudos e actividade laboral
- Competencias e fendas dixitais
- Actividades de lecer durante o confinamento
- Exposición na internet, uso da internet e redes sociais
- Valor da información
- Sensacións sobre o futuro

https://www.adolescenciayjuventud.org/publicacion/de-puertas-adentro-y-de-pantallas-afuera-jovenes-en-confinamiento/

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUGA) ven de convocar a Proba de Acceso á Universidade para as persoas maiores de 25 anos, correspondente ao ano 2021, no ámbito das tres universidades públicas de Galicia.

Poden matricularse para realizar a proba as persoas que cumprisen ou cumpran 25 anos de idade no ano natural en que teña lugar a proba e que non posúan ningunha titulación académica habilitada para acceder á universidade por outras vías.


Prazo, horario e modos de matrícula:
O prazo de matrícula será do 8 ao 12 de febreiro, ambos os dous inclusive, de acordo coas instrucións que indique a CiUG na súa páxina web (ciug.gal).

O alumnado matriculado ao abeiro da presente convocatoria efectuará os exames da fase xeral, nun chamamento único, o sábado 27 de febreiro, a partir das 8.30 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Os exames da fase específica realizaranse, en chamamento único, o sábado 13 de marzo, a partir das 8.30 horas, na mesma facultade.

BASES DA CONVOCATORIA

Máis información: Comisión Interuniversitaria de Galicia

O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado unha solicitude co formulario ED550A.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de cada ano.

Calendario:
1. Reserva de praza no centro de orixe: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.
2. Data do sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.
5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.
9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro

Para máis aclaracións o DOG do 22 de decembro de 2020 e a Consellería de Educación, http://www.edu.xunta.gal/

"A humanidade non estará completa sen o teu verso". Con este lema, o 30 de decembro comeza Universal Poem, un proxecto artístico e social que dá á xente a oportunidade de unirse, escribindo a tempo real un verso a través de Twitter, sms (gratuíto) ou web e compartilo en pantallas públicas e privadas, para que sumado ao dos demais, forme o poema de toda a nosa especie, un poema sen final, o poema de toda a humanidade, un poema universal.

Este proxecto, que quere encher o mundo de versos, e finalizar 2020 con optimismo e facer 2021 un mundo máis colaborativo, é unha ferramenta social e educativa que se está implementando en bibliotecas e centros culturais en España, EEUU, Latinoamérica e Europa.

Podes participar neste proxecto de diversas formas:

Ata o 30 de decembro:

Axudando a difundir a mensaxe a través de redes sociais, compartindo o material de precampaña das redes de Universal  Poem e animando aos teus seguidores para seguir o proxecto.

Enviando un vídeo que axude a visibilizar o proxecto, desde o teu lugar de orixe. Por exemplo: “Son Ana, desde Miami, e o meu verso para Universal Poem é…” que se usará a partir do día 30 de decembro  etiquetando ao/a “poeta” e a Universal Poem. Pódese enviar por correo a: write@universalpoem.com

A partir do 30 de decembro:

Colaborando no verso escrito. Universal  Poem quere chegar ao cabo do mundo, a cada poeta do planeta. Participa!

https://www.instagram.com/universalpoem/