Novas e actividades (1093)

A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

O prazo de presentación de solicitudes será entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.
As solicitudes presentaranse en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.
 
Estrutura e organización da proba:
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica.
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.

Realización da proba:  As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 27 de maio de 2021.
 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as ppersoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.

O prazo de presentación de solicitudes será entre os entre os días 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D

Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinada:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 15 de abril de 2021.  

Máis información no DOG do 9 de febeiro de 2021 e en www.edu.xunta.es/fp

Que ciclos formativos podes estudar en Galicia?:  http://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas

O Instituto da Mocidade (INJUVE) lanza unha consulta dixital dirixida a organizacións xuvenís, direccións xerais de mocidade das comunidades autónomas ou dos concellos e a toda a mocidade ata os 35 anos de idade que queira participar.

O obxectivo é fomentar a participación, dando voz aos mozos como protagonistas da posta en marcha de actuacións para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). En concreto, a enquisa articúlase ao redor de cinco eixos fundamentais que recollen as principais preocupacións e inquietudes da poboación nova:
  Emprego e emprendemento
  Vivenda e emancipación
  Ecoloxismo
  Educación
  Feminismo.

O cuestionario estará dispoñible na páxina web do INJUVE: http://www.injuve.es/conocenos/sondeoagenda2030

O Consello da Cultura Galega subiu á Rede un audiovisual a modo de visita guiada, a mostra Afonso X e Galicia, sobranceira figura política e cultural do medievo con fortes vencellos coa nosa terra e do que se celebra, este ano, o 800 aniversario do seu nacemento. Precisamente na dita relación afonda Afonso X e Galicia.

A exposición que o CCG inaugurou o 12 de xaneiro está pechada por mor das circunstancias sanitarias actuais pero  volverase abrir ao público cando o permitan as circunstancias sanitarias e estará na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela até o 24 de abril.
A partir dese momento comezarán os itinerarios previstos e a a primeira das súas paradas será Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Visita guiada á exposición:  https://www.youtube.com/watch?v=ijixVHSr3zE&featu

Web da exposición: http://consellodacultura.gal/exposicions/axg/exposicion.html

Na web da Ciug xa podes consultar a taboa de ponderación na Abau 2021/2021.
Están publicados os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia.

Novidade: Si non tes claro que querres estudar tes a opción dos graos abertos.
Nun grao aberto durante o primeiro ano podes ir cursando materias de diferentes graos dunha mesma rama de coñecemento e, durante o segundo ano, elixir o grao que máis se adecúe ás súas preferencias.

Ponderacións: https://ciug.gal/PDF/poderacions.pdf

Ofertas en Galicia de graos abertos:

5USC Enxeñerias
Universidade da Coruña

O premio de danza de Lausanne foi creado para identificar; promover e apoiar aos novos talentos da danza máis prometedores. Este premio está dirixido a mozos e mozas de 13 a 18 image3346anos.

Sábado 6 de  febreiro

14.00  h: Variacións clásicas dos finalistas
15.00  h: Variacións contemporáneas dos finalistas
15.45  h: Extractos da Gala do  Tricentenario da Escola de Ballet da Ópera de París
16.30  h: Actuacións do Premio á Creación Nova
16.30  h: Premio á traxectoria
16.35  h: Cerimonia de entrega de premios

Para ver a transmisión en vivo en ARTE Concert,  fai clic aquí!!

A web da Deputación acolle unha exposición virtual con trinta fotografías sobre as Reservas da Biosfera. Trátase das imaxes que competiron no VI Concurso de Fotografía destes BAS ARBORES CORAZON RESERVAS 3territorios que promove a Deputación de Lugo

Esta edición, que tivo como fío condutor As nosas árbores, busca pór en valor e dar a coñecer o patrimonio natural destas dúas Reservas da Biosfera, xestionadas pola Deputación de Lugo.

Entre as fotografías atópanse tamén as tres vencedoras desta edición, que levan por título As árbores, o corazón das nosas Reservas, Monumento Natural e Green.

A sétima convocatoria do concurso, que versará sobre Sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, dará a coñecer as bases nas próximas semanas a través do Boletín Oficial da Provincia.

Unha das imaxes gañadoras do IV Concurso de Fotografía das Reservas Terras do Miño e Os Ancares Lucenses ilustra o mes de marzo no calendario do 2021 editado pola Rede Española de Reservas da Biosfera, en colaboración coa prestixiosa National Geographic. A fotografía, do castro de Santa María de Cervantes, foi realizada por Óscar Doral e leva o título de Ocaso Castrexo.

Visita aquí a exposición

                                                               

                                                                            1º premio, Árbores, o corazón das nosas reservas. Javier Cabanas Soengas

                                                                                                       

 

 

                                                                                     

Xa podes consultar as novas do Boletín Eurodesk do mes de febreiro.

http://www.eurodesk.es/noticias/boletin-eurodesk

Baixo o nome de Dixitou, un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo está a desenvolver un proxecto de análise e prevención de condutas aditivas e de risco da mocidade nas redes sociais.

Dixitou iniciouse en 2020 cunha análise, a cargo do persoal investigador da Facultade de Educación e Traballo Social, das condutas derivadas dun uso intensivo das redes sociais por parte de alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria da provincia de Ourense e o seu nivel de relación con diferentes variables sociodemográficas e socioeducativas.

O traballo de campo consistiu na realización dunha serie de cuestionarios a 178 estudantes de centros da provincia, con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos e sendo o 47,2% mulleres e o 52,8% homes.

Resultados:

As persoas enquisadas manifestaron que “tenden a acceder ás redes sociais na maioría das ocasións dende a súa casa, indicando que só algunhas veces recorren á casa de amizades ou ao uso de wifi nos espazos públicos”. Os resultados sinalan ademais que só con escasa frecuencia acceden ás redes sociais no contexto do instituto, o patio de recreo ou nos cambios de clase ou aula.

O dispositivo que utilizan máis habitualmente é o móbil (94,9%) e, moi escasamente, o ordenador persoal (2,2%).

Con respecto aos contactos que manteñen coas persoas das súas redes sociais, as de maior uso preferente, segundo os cuestionarios realizados, son Whatsapp, TikTok e Instagram. Xa en menor medida, as e os estudantes sinalan o uso do Facebook, Twitter e outros medios máis minoritarios.

Conclúese tamén na análise “que a adicción ás redes sociais é máis frecuente entre as mozas”.

Rematada esta fase de investigación, Dixitou pretende posibilitar a intervención socioeducativa neste sector de poboación para promover nel un uso máis axeitado das novas tecnoloxías, deseñando, coa colaboración de Enxeñaría Informática, unha aplicación informática que lle permita ao alumnado tomar conciencia dos riscos do abuso das redes sociais.

A aplicación, que está en fase piloto, consiste nun xogo no que as e os participantes teñen que superar, indicando se son verdadeiras ou falsas, 18 preguntas formuladas por un vilán, unha persoa aliada e un troll.

Está previsto que a aplicación estea dispoñible para o público unha vez sexa avaliada por alumnado de centros de Ensino Secundario Obrigatorio cando a situación sanitaria actual o permita.

http://fcce.uvigo.es/gl/

A Rede de observadores do medio mariño galego (Redogal) é unha ferramenta da Xunta de Galicia para o seguimento e vixilancia da vida mariña de Galicia.

As condicións do medio mariño sofren continuos cambios xa sexan naturais ou inducidos polo home. Os seres vivos actúan como bioindicadores destes cambios dos ecosistemas, polo que é necesario establecer unha rede de seguimento e vixilancia da vida mariña utilizando como ferramenta o concepto de “Ciencia cidadá”.

O obxectivo principal da rede é detectar e avaliar a presenza de especies mariñas que puideran ser indicadoras de cambios ou alteracións do ecosistema mariño. Isto inclúe tanto a presenza de especies raras ou pouco frecuentes como alteracións nas especies xa coñecidas (cambios na distribución ou na abundancia, malformacións, presenza de parásitos, etc.)

Como podes axudar?
Podes enviar os teus avisos a través da súa páxina web ou coa aplicación para dispositivos móbiles dispoñible tanto para Android como iOS.

O seguimento de especies mariñas en augas galegas é de vital importancia para o estudo do seu impacto sobre o noso ecosistema. Participa neste proxecto colaborativo reportando avistamentos, estarás contribuíndo a crear unha ferramenta de gran interés científico.

https://redogal.xunta.gal/gl

A Feira de Estudos e Carreiras da UE de Político/a é o lugar de encontro anual que reúne a universidades e organizacións do mundo  con estudantes e mozos/as profesionais que buscan un futuro en asuntos da UE, Relacións Internacionais, Ciencias Políticas, Negocios, Economía, Políticas Públicas, Asuntos Públicos e Lei .

Este ano a Feira de Estudos e Carreiras da UE é unha experiencia virtual.
A plataforma dixital dedicada que elixida está deseñada para permitir que os expositores e visitantes se conecten, descubran, intercambien e cren relacións sólidas, todo isto desde a comodidade e seguridade dos seus fogares.

A partir do xoves pola mañá, a feira presenta unha experiencia dixital de portas abertas. A axenda ofrece unha variedade de sesións interactivas que  inclúen seminarios, talleres, reunións individuais e un programa repleto de actividades en liña dedicadas a  empoderar aos líderes europeos do mañá.

Datas: 4 e 5 de febreiro

Máis información