Novas e actividades (1093)

Xa podes consultar o Boletín de Eurodesk de marzo.

Boletín marzo 2021

Xacobeo Miudiño

Mar 03, 2021

Este proxecto audiovisual destinado a público infantil (concretamente a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade) ten como eixo vertebrador o Ano Xacobeo e o Camiño de Santiago e aspira a cubrir un baleiro, dado que non había ata o momento material audiovisual sobre estes temas destinado aos máis novos.

As tres pezas audiovisuais que conforman Xacobeo Miudiño, ”Descúbreo”, “Camíñao” e “Víveo” adaptan boa parte do contido existente na web oficial sobre o Camiño de Santiago a un público cuns gustos, esixencias e capacidades moi específicas. No tocante ao formato, mesturan imaxe real con animación e contan cunha voz en off que fía o relato. Cun tratamento moi ameno, os vídeos buscan ademais a participación activa do espectador, que poderá interactuar co contido na pantalla: premer co rato para saber máis sobre algún aspecto ou responder certas preguntas, de maneira que a experiencia do vídeo sexa en parte personalizada.

Á hora de reproducir os audiovisuais pódense habilitar subtítulos, de xeito que o material sexa accesible para persoass con discapacidade auditiva.

Malia que os tres vídeos que conforman o proxecto son independentes e comprensibles por separado, existen unha orde de visionado recomendable que seque a secuencia “Descúbreo” - “Camíñao” - “Víveo

 

xacobeomiudiño1xacobeomiudiño2xacobeomiudiño3

“Twitter revélase como un territorio hostil para as mulleres, con especial incidencia naqueles ámbitos de maior proxección pública, como a política e a comunicación, que cumpren unha función esencial nas sociedades democráticas”.

Esta é unha das principais conclusións do proxecto Mulleres pontevedresas na rede. Análise do sexismo, misoxinia e discurso do odio en Twitter, que a investigadora da Universidade da Coruña Teresa Piñeiro e o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Martínez Rolán levaron a cabo no marco da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo.

O estudo baseouse na análise das publicacións realizadas ao longo dun ano por 50 mulleres de “recoñecido prestixio na esfera pública”, 22 delas vinculadas á provincia de Pontevedra, así como das interaccións cos seus perfís dos usuarios e usuarias desta rede social. En total, Rolán e Piñeiro analizaron máis de 550.000 chíos, entre os que detectaron 62.560 que contiñan insultos e comentarios ofensivos, a meirande parte, o 96%, dirixidos a políticas e xornalistas.

“Este estudo nace da crecente preocupación polo discurso do odio e sexismo que atopamos día a dia na internet”, sinalan os investigadores no póster no que presentan as conclusións dun proxecto que se completou coa creación dunha páxina web e unha serie de podcast nos que analizan os resultados da investigación.

http://micromachismos.webs.uvigo.es/o-proxecto/

No Instagram de Mocidade de Oleiros podedes ver entrevistas a mozos e mozas contando a súa experiencia nos seus estudos: Educación infantil, Animación socicultural e turística, Dirección de cociña, Laboratorio de análise e control de calidade , Asitencia á dirección, Enxeñeiría de camiños, Audioloxía protésica, Audiovisuais, Integración social, Logopedia, Peiteado, estética e benestar, Deseño de moda, Enfermaría, Galego portugués, Socorrismo, Inef, Arte dramático, Monitora de tempo libre...

Así como mozos e mozas que crearon unha asociación, charlas sobre anticonceptivos...

https://www.instagram.com/centrosmocidadeoleiros/

 

Tes unha frente de Apolo,        
i uns ollos tes verde mar;        
na miña vida vin outros        
de máis hermoso mirar,        
pero con eles non fico,        
galán, de me namorar.        

Que choras... galán, a moitos        
cal ora a ti vin chorar;        
que morres por min...        
a cantos lle oín o mesmo cantar        
e inda están vívo-los probes        
defuntos que así falar.        

Gústanme os teus ollos verdes.        
¡Como non me han de gustar!        
Gústame, galán, miralos        
cando me veñen mirar.        
Mais n'hei de ser en quen deles        
nin d'outros se namorar.

A proba da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) estruturarase en dúas partes: parte obrigatoria e parte voluntaria.

A parte obrigatoria da proba versará sobre as materias xerais do bloque das materias troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato:

abauobrigatoria


A parte voluntaria servirá para mellorar a nota de admisión e o alumnado poderá examinarse dun máximo de catro materias, que elixirá entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Así mesmo, os estudantes poderán examinarse dunha das opcións lingüísticas (Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués) da Segunda Lingua Estranxeira II distinta da que cursasen como materia xeral do bloque de materias troncais.

abauvoluntaria

As probas correspondentes a estas materias teñen carácter voluntario e teñen por obxecto a avaliación nuns ámbitos disciplinares concretos relacionados cos estudos que se pretenden cursar e permiten mellorar a nota de admisión.

As probas:

- Farase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación.
- O exercicio de cada materia será único e determinado por sorteo público pola CiUG.
- Os exercicios adecuaranse ao currículo do bacharelato, e versarán sobre as materias do segundo curso.
- En cada proba, o alumnado disporá dunha única proposta de exame con varias preguntas.
- Para a realización dos exercicios, o alumnado poderá empregar, á súa elección, calquera das linguas oficiais de Galicia. Non obstante, os exercicios correspondentes a Lingua Castelá e Literatura II, Lingua Galega e Literatura II e Primeira e Segunda Lingua Estranxeira II deberán realizarse nos seus respectivos idiomas.
- Cada unha das probas da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade terá unha duración de 90 minutos. Haberá un descanso entre probas consecutivas de, como mínimo, 30 minutos.
- A ABAU terá unha duración de tres días.
- Preferentemente, as probas realizaranse en contornos próximos á vida do alumnado: situacións persoais, familiares, escolares e sociais, ademais de contornos científicos e humanísticos.
- Cada unha das probas conterá preguntas abertas e semiabertas que requirirán do alumnado capacidade de pensamento crítico, reflexión e madurez. Ademais destes tipos de preguntas, poderanse utilizar tamén preguntas de opción múltiple, sempre que en cada unha das probas a puntuación asignada ao total de preguntas abertas e semiabertas alcance, como mínimo, o 50 %:

1. De opción múltiple: preguntas cunha soa resposta correcta inequívoca e que non exixen construción por parte do alumno ou da alumna, xa que este/a se limitará a elixir unha de entre as opcións propostas.
2. Semiabertas: preguntas con resposta correcta inequívoca e que exixen construción por parte do alumno ou da alumna. Esta construción será breve, por exemplo un número que dea resposta a un problema matemático, ou unha palabra que complete unha frase ou dea resposta a unha cuestión sempre que non se facilite unha lista de posibles respostas.
3. Abertas: preguntas que exixen construción por parte do alumno ou da alumna e que non teñen unha soa resposta correcta inequívoca. Englóbanse neste tipo as producións escritas e as composicións plásticas.

Realizaranse dúas convocatorias da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU), unha ordinaria e outra extraordinaria.

Datas ABAU 2021
Convocatoria ordinaria: 8-9-10 xuño
Convocatoria extraordinaria: 13-14-15 xullo

Exames de cursos pasados: https://ciug.gal/gal/abau/exames

Máis información:  https://ciug.gal/gal/abau

O novo informe recompila as opinións de máis de 450.000 mozos e mozas en Europa e África.

A participación, a educación, o acceso dixital e o cambio climático son preocupacións crave. Inclúense no informe #YourVoiceYourFuture, un esforzo conxunto entre a UA, a UE e UNICEF que reúne os resultados e recomendacións de catro enquisas de U-Report en África e Europa.

https://au.int/sites/default/files/documents/39868-doc-yourvoiceyourfuture_-_turning_challenges_into_solutions.pdf

Únete ao Pacto Climático Europeo: forma parte dun movemento climático europeo en constante crecemento.

Se te preocupas polo medio ambiente e o teu obxectivo é ter unha forma de vida máis sostible para ti e o planeta, podes mellorar o teu compromiso e converterte en Embaixador do Pacto Climático.

O Pacto Europeo polo Clima é parte do Pacto Verde Europeo e está destinado a ser un espazo animado para compartir información, debater e actuar sobre a crise climática. Ofrece apoio para que un movemento climático europeo creza e se consolide.

Quen pode converterse en embaixador/a?
Calquera pode crear conciencia, informar e converterse nunha inspiración para que as súas comunidades e redes actúen por unha Europa máis verde.

Cal é o teu papel como embaixador/a?
- Comunicarte con persoas que aínda non están involucradas na acción climática pero que poderían desempeñar o seu papel.
- Informar, inspirar, participar e apoiar a acción climática cos seus amigos, familiares, na escola, a veciñanza.
- Predicar co exemplo na acción climática e na protección do medio ambiente (publicar unha foto da súa botella de auga reutilizable é un pequeno paso agradable!).
- Tamén podes organizar eventos en liña e fóra de liña, sesións de información temáticas entre pares, executar campañas nos medios de comunicación e redes sociais, organizar actividades específicas relacionadas coa acción climática e ambiental, por exemplo, limpeza de praias ou bosques ou plantación de árbores.

Cales son os beneficios de ser embaixador/a?
Serás recoñecido/a pola Comisión Europea polo teu rol como Embaixador/a, terás visibilidade da túa acción climática, recibirás ferramentas de comunicación e acceso á rede de Embaixadores.

Listo para o seguinte paso?
Completa o formulario en liña
A Comisión Europea selecciona aos/ás Embaixadores/as
Serás nomeado/a durante un ano

https://europa.eu/climate-pact/ambassadors/become-ambassador_en

A Xunta puxo en marcha o proxecto audiovisual Gastronomía para non perderse, unha serie documental que ten como obxectivo “poñer en valor os produtosgastronomiaparanonperderse2 tradicionais da cociña galega”, a través de cinco entregas conducidas polo xefe de cociña André Arzúa.

A serie céntrase en cinco manxares propios da cociña galega (congro seco, sardiña lañada, queixo de Arzúa, pan do país e androlla), protagonistas de cadansúa entrega.

Os audiovisuais poden verse de balde a través do Portal da Lingua Galega, e, en datas vindeiras, incorporarase á plataforma da Rede de Bibliotecas Públicas GaliciaLe.

Gastronomía para non perderse

Tesouros vivos

Feb 18, 2021

A UNESCO chámalles "tesouros vivos" a testemuñas de vida relevantes, portadoras de saberes de alta significación para a comunidade ou de manifestacións humanas en perigo de desaparecer e que posúen en sumo grao os coñecementos e técnicas precisas para interpretar ou recrear determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial.

Antaxurada achégase a distintos puntos do Camiño de Inverno para ofrecernos unhas serie documental de 5 capítulos con cadansúa entrevista a unha persoa significativa en relación ao territorio e ao patrimonio cultural inmaterial galego, co fin de darnos a coñecer de primeira man a historia e a cultura da nosa contorna. Cada audiovisual vai acompañado dunha proposta que persegue facilitar o labor de traballadoras e traballadores do ámbito cultural.

 

Ana LópezT1
Ana López preséntanos o oficio de polbeira e cóntanos anécdotas e experiencias das feiras ás que acudiu para desenvolvelo.

 

 

Celso Fernández SanmartínT2
O contador Celso Fernández Sanmartín fálanos do seu oficio e da importancia da familia de da veciñanza como fonte de historias.

 

 

Esther Teixeiro T3
Esther Teixeiro explícanos como era a viticultura e a produción de viño na Ribeira Sacra. Moito traballo, pero tamén momentos de diversión...

 

 

Josefina Pereira T4
Da man de Josefina Pereira chégannos lendas e historias arredor do Pico Sacro e de Gundián.

 

 

Amparo MontenegroT5
Desde San Vitoiro (Quiroga), Amparo Montenegro fala do Meco e das pampórnigas na romaxe dos Remedios.

 

https://www.proxectotesourosvivos.gal/