Novas e actividades (1093)

Unha crise dentro dunha crise. No medio desta devastadora pandemia, as persoas que se dedican á comunicación ambiental e científica necesitan atopar os espazos para narrar a gravidade do cambio climático e as súas consecuencias.

Data:  26 de novembro

Programa

12.00  h. Como e por que poñer o cambio climático no centro do debate. Relator: Clemente Álvarez, xornalista do País.

12.15  h. Quen é a nosa fonte nesta crise.
Participan:
Ana María Alonso Silva, Instituto Xeolóxico e Mineiro de España. Ámbito da xeoloxía.
Alicia Pérez-Porro, Asociación de Científicos Españois en Estados Unidos (ECUSA). Ámbito da bioloxía.
Sergi González, AEMET. Ámbito da climatoloxía.
Juan Manuel Zaragoza, Universidade de Murcia. Ámbito das ciencias sociais.

Modera: Rosa M. Tristán, xornalista ambiental.

13:00  h. Que contar cando todo está xa contado. Relator: José María Montero, Monti. Radio Televisión de Andalucía.

13:20  h. Outras formas de contalo
Desde o ámbito da ilustración. Olga de Deus, ilustradora.
Tik Tok e as redes máis novas. Antoni Gutiérrez- Rubí,  Ideograma.
Instagram e o activismo. María  Laín, activista.
A través de campañas. Juan Carlos do Olmo, WWF.
A fotografía e o cinema. Anxo Araújo, fotógrafo.

Modera: Esther Sánchez, comunicadora científica e ambiental.

14:00  h. Clausura.

O encontro está organizado por Explora Proxectos e "La Casa Encendida" e conta coa colaboración da Asociación Española de Comunicación Científica (AECC) e da Asociación de Xornalistas de Información Ambiental ( APIA).

O encontro pode seguirse en directo na canle Youtube da "La Casa Encendida": https://www.youtube.com/user/lacasaencendida

O programa de actividades Girl STEM, impulsado por AGASOL e AMTEGA para botar abaixo estereotipos e desigualdades de xénero no ámbito das novas tecnoloxías da información, entrevista esta semana coas intervencións de dúas expertas no eido dos videoxogos e deportes electrónicos: por unha banda Dhaunae de Vir, desenvolvedora de negocio transmedia, e pola outra Gisela Vaquero, deseñadora e guionista de videoxogos.

As dúas forman parte do movemento Women in games, que axuda, promove e dá visibilidade ás mulleres desenvolvedoras e xogadoras de videoxogos, tanto estudantes, afeccionadas coma profesionais.

A entrevista realizada por Luz Castro, fundadora da Asociación Galega de Videoxogos, analiza cal é a posición das mulleres neste crecente negocio e as medidas que é preciso adoptar para evitar que queden excluídas deste ámbito.

https://amtega.xunta.gal/nova/o-programa-girl-stem-entrevista-a-dhaunae-de-vir-e-gisela-vaquero-mulleres-referentes-na

O Portal Europeo da Mocidade é unha ferramenta dinámica e multilingüe que proporciona a información e as oportunidades máis recentes a nivel europeo para os mozos, mozas e as partes interesadas que viven, aprenden e traballan en Europa.

A información dispoñible é moi ampla, desde diferentes iniciativas europeas para a mocidade ata información sobre políticas de mocidade. Os usuarios tamén poden atopar contido práctico sobre como participar en diferentes programas da UE, como atopar oportunidades para viaxar ao estranxeiro, ler historias inspiradoras, as últimas noticias e eventos.

A rede Eurodesk estivo traballando nos últimos meses xunto coa Comisión Europea para renovar o Portal e proporcionar á lectores información e soporte fiables. Constantemente agrégase contido adicional.

Investiga e busca: https://europa.eu/youth/home_en

O Campus de Ourense (Universidade de Vigo) impulsou a mostra virtual Exxperimenta en feminino, iniciativa que ten como obxectivo último espertar nas rapazas e nos rapaces a vocación científica suplindo a carencia de referentes femininos nestes eidos.
A nova andaina inclúe 14 vídeos curtos nos que investigadoras e profesoras de catro centros do Campus de Ourense explican de xeito divulgativo a traxectoria e relevancia de 14 mulleres referentes nos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñarías.

Cada muller destacada foi elixida polas investigadoras de cada un dos 14 stands que formaron parte da edición 2020 de Exxperimenta atendendo á súa área de especialización.

https://exxperimentaenfeminino.webs.uvigo.es/exposicion-virtual_gal/

Dixicontos

Nov 19, 2020

Baixo o título de “Dixicontos", a Biblioteca Municipal do concello de Ames inicia unha serie de sesións de conta contos na rede que emitirá até finais de ano todos os mércores, ás 17:00 horas.
Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.
 
As animadoras á lectura da Biblioteca Municipal de Ames, Bibiana Fernández e Divina Calvo, asomaranse cada mércores a fiestra do facebook das bibliotecas para seguir animando á rapazada amesá a ler, escoitar e desfrutar das historias que contan os libros. Farano a través da rede, ampliando ademais deste xeito as posibilidades de aforo ilimitado que supón esta vía de comunicación.

Non é a primeira vez que a Biblioteca Municipal leva a súa actividade de contacontos á rede. Desde o mes de abril e até mediados de xuño de 2020, durante o período de confinamento, as actividades de animación á lectura víronse absolutamente limitadas. Nesa ocasión, as animadoras á lectura das bibliotecas realizaron 3 contacontos virtuais á semana que se retransmitiron os luns, mércores e venres, tamén a través do facebook do departamento.

Os 30 vídeos realizados nesta época seguen accesibles para todas aquelas persoas que os queiran ver na páxina de facebook da biblioteca.

https://m.facebook.com/Biblioteca-Municipal-de-Ames-114875005225367/

Esta semana Girl STEM conversa coa veterinaria ferrolá, Rebeca Atencia, que está á fronte do centro de rehabilitación de chimpancés de Tchimpouga (República Democrática do Congo), dependente da Fundación Jane Goodall.

AGASOL e a Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, continúan así este ciclo de conversas, enmarcado no Plan de Promoción do Talento Dixital da AMTEGA, que busca a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Na conversa, realizada por Bárbara Román, avogada responsable de Nolegaltech -unha empresa galega especializada en dereito tecnolóxico- Rebeca Atencia afirma que «ao principio ser muller foi un impedimento, pero ao final transformouse en algo positivo porque acabaron dando máis valor ao meu traballo». Neste sentido, a primatóloga aconsella ás rapazas novas «que crean nelas mesmas, se realmente soñan con algo, por moi raro e inalcanzable que pareza».

Entrevista: https://youtu.be/37kRlzfPwhc

prodis

 

A Fundación Prodis e Ecovidrio lanzan unha campaña solidaria. Este Nadal queren demostrar que a música non ten barreiras. Por iso crearon un hit ECO cun coro moi especial.
O reto? Se chegan a 1 millón de reproducións en Youtube, doarán 6000 euros á Fundación Prodis.

https://www.youtube.com/watch?v=EI2tULbn31k&feature=youtu.be

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae desenvolveron un conxunto de actividades para os grupos escolares que desexen visitalos e gozar das súas experiencias sen saír da aula. As visitas virtuais, que se realizarán a través dunha aplicación de videoconferencia, permitirán ademais interactuar coa aula a través do vídeo ou do chat. As actividades están abertas a todos os centros educativos de España, aínda que se lle dará prioridade os colexios da cidade.

A Domus ofrece un completo programa de talleres que inclúen diseccións en directo de corazón, de ollo e de flores, así como visitas virtuais á exposición sobre nutrición, acompañadas de xogos interactivos e experimentos.

No Aquarium Finisterrae haberá visitas guiadas á sala Maremagnum, deténdose nos ecosistemas mariños dos grandes acuarios, e na vida intermareal da Charca das Caricias. Tamén haberá unha visita á sala Nautilus, onde se poderá coñecer aos peixes de maior tamaño que nadan alí, como as quenllas, corvinas, douradas, robalizas e meros, así como os bancos de cabalas e xurelos.

Na Casa das Ciencias poderase descubrir, realizando unha conexión en liña desde a exposición «Puro Swing», os experimentos con péndulos de Galileo e Foucault que cambiaron a historia da ciencia. Unha oportunidade para comprender o secreto do botafumeiro, mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos e aprender a facer maxia con varios péndulos axustados.

Estas visitas virtuais serán gratuítas para todos os grupos escolares que as soliciten, e estarán dispoñibles para todos os niveis educativos.

Toda a información e os formularios de solicitude de visita están nesta dirección:  https://www.coruna.gal/mc2/gl/visitas-escolares

A entrevista coa enxeñeira galega Begoña Vila inaugura o ciclo de conversas da terceira edición do programa Girl STEM, derrubando estereotipos, que este ano se transforma nunha acción totalmente dixital e pedagóxica para adaptarse ás circunstancias impostas pola COVID-19, pero tamén para avanzar cara dinámicas máis eficaces que acheguen recursos cos que traballar de forma transversal nas aulas de todos os centros de ensino de Galicia.

Begoña Vila é unha enxeñeira astrofísica viguesa especializada no estudo de galaxias espirais que actualmente reside en Washington DC e traballa como enxeñeira de sistemas no centro de voo espacial Goddard da NASA, onde se encarga de controlar que o telescopio espacial James Webb teña a máxima precisión na toma de imaxes tras o seu lanzamento na primavera de 2019.

https://archive.org/details/sg-begona-vila-v-3-1