Listado campamentos Pontevedra

Listado campamentos Pontevedra (9)

Datos xerais

FervenzAventura é un Centro de Actividades na Natureza, preto da Fervenza do Toxa, a máis alta e espectacular de Galicia.

O edificio consta de 6 aulas de actividades, 1 sala de usos múltiples, 7 cuartos con liteiras, 2 comedores, pistas deportivas (voleibol, fútbol, pista de hípica, piscina...), granxa, invernadoiro.

Accesibilidade

A instalación está adaptada parcialmente mediante camiños pavimentados. As habitacións teñen liteiras e hai 4 baños adaptados.

A piscina non está adaptada.

Como chegar

A poboación de referencia a que hai que chegar é Bandeira, en Silleda, Pontevedra.

Dende alí son 5 quilómetros e están tódolos cruces indicados.

Enderezo

Reboreda-Abades, 6 CP 36589 Silleda (Pontevedra)

Teléfono

986 69 66 22 / 695 06 99 33

Actividades

    • Aventura na Fervenza


ACTIVIDADES XERAIS: escalada, tiro con arco, tirolina, geocaching, hípica, vivac, xogos nocturnos, xincacnas, obradoiro de coiro, aua da natureza e piscina.

fervenzaventura silleda

Residencia T. L. Panxón

panx2Datos xerais

A residencia está situada ao pe da praia de Patos, con acceso directo á praia a través dun tramo de escaleiras. Ten unah zoa de xardín ao que se accede desde a rúa través dunha rampla accesible.

Ten tres andares, planta semisotano, planta baixa e primero andar, ten ascensor, 76 habitacións das que 4 están adaptadas. As habitacións están situadas entre a planta baixae o primeiro andar.

Accesibilidade

Cómo chegar

Enderezo

Rúa Cansadoura, 2, 36340 Panxón, Nigrán, Pontevedra 

Teléfono

886 12 06 94 / 886 12 06 95

Actividades

Zerowaste

______________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS: Xogos de coñecemento, obradoiros (expresión corporal e performance, body painting, video creación eco-youtubers, emerxencias acuáticas), running e recollida de lixo, acrosport, xincana, aula mariña ecolóxica, kaiak e excursións.

panx1

Granxa Escola - Albergue Tomiño

Datos xerais

Corazón de Carballo é instalación xuvenil rexistrada como granxa escola na Comunidade Autónoma de Galicia.
Corazón de Carballo conta con dous amplos comedores, cociña, área de aseos e duchas, baño adaptado, ampla sala de usos múltiples, aula de natureza, varias áreas cubertas para a realización de actividades e obradoiros, cancha deportiva, piscina, áreas axardinadas, áreas temáticas: zona de cuadras, galiñeiros, horta, zona de plantas mediciñais e ‘hospital de plantas’, composteiros, área de prehistoria con areeiro, zona de recuperación da vacaloura, área micorrizada, área temática de queixería, miradoiro de orientación, etc.
Ademáis encádrase nun paraxe de montaña, arroupándonos a Serra do Argallo e a Serra da Groba.
Nas nosas inmediacións temos regatos con fervenzas, áreas de viñedos e bodegas, zonas de grande importancia patrimonial.

Accesibilidade

Toda a instalación está adaptada, con percorridos de ramplas por toda a instalación, facilitando o acceso a persoas con diversidade funcional. Temos unha habitación adaptada, un baño adaptado, salón adaptado, aula de usos múltiples adaptada. Tamén son accesibles areas de animais. A piscina non está adaptada.

Cómo chegar

En coche: Barrio Vilar, 45. Tomiño 36740 [262Q+48 Tomiño(GoogleMaps)]
En autobus: Atsa Vigo-A Guarda
Aeroportos cercanos: Aeroporto de Vigo (Peinador)(36 km)[69JF+F3 Vigo(GoogleMaps)]. Enlaces con autobus ou taxi.
Estación tren: Estación de Tui (14 km). Enlaces con autobus ou taxi.

Enderezo

Barrio Vilar, 45. Tomiño. CP 36740 (Pontevedra)

Teléfono

986 62 33 98

Actividades

Aventura na granxa

______________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS:actividades relacionadas coas tarefas de granxa, xestión de residuos xerados, elaboración dos diferentes tipos de compostaxe, reciclaxe, tiro con arco e roteiros.tomi

Centro Educ. Ambiental El Kiriko (Fornelos de Montes)

kiri2Datos xerais

EL KIRIKO é un centro de educación ambiental, ocio e tempo libre situado no municipio de Fornelos de Montes (Pontevedra). Ten unha extensión de 11 hectáreas e ofrece ás persoas  mozas gozar dun fantástico contorno natural.
O centro Kiriko conta cun edificio principal e outras instalacións secundarias. Conta con comedor, cociña industrial, biblioteca, salas de obradoiros e audiovisuais, aula de natureza enfermería, etc...
No exterior dispón dunha nave gandeira, aviario, invernadoiro, piscina, horta biolóxica, zoa deportiva, parque infantil, estanque e zoas de bosque autóctono.

Accesibilidade

Edificio principal con rampas de acceso, ascensor, portas e aseos accesibles a persoas en cadeira de rodas. Mobiliario disposto para favorecer seguridade e independencia a persoas con mobilidade reducida.

kiri1Cómo chegar

Coordenadas localización GPS: 42º 20´ 30.90´´ N - 8º 28´ 11.76´´ O

Enderezo

El Kiriko, Centro de Ocio en la Naturaleza
Soutosico nº 20
36847 Fornelos de Montes ( Pontevedra)

Teléfono

986 76 86 00 – 687 578 019

reservas@kirikonatura.com

Actividades

Kiriko Aventura


ACTIVIDADES XERAIS:Actividades na área de animais de granxa: coidados, alimentación dos animais, hábitos e costumes, etc., rocódromo, piragüismo, paddle surf,  ruta de sendeirismo, tiro con arco, obradoiro de cociña, xincana acuática, e piscina.

Concello de Mondariz-Blaneario (Mondariz Balneario)

Actividades

Multiaventura

______________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS: hípica, rocódromo, orientación, rutas en bicicleta, rutas de sendeirismo, barranquismo, raftin, piscina, xogos acuáticos e piragüismo.

Multiadeporte

______________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS: hípica, rocódromo, orientación, rutas en bicicleta, rutas de sendeirismo, barranquismo, raftin, piscina, xogos acuáticos e piragüismo.

Albergue Municipal Vicente Agulló (Lalín)

lalinDatos xerais

O albergue municipal “Vicente Agulló” atópase nun espazo natural con área recreativa á beira do río Asneiro. Conta con cuartos e baños múltiples, primeiros auxilios, cociña, comedor e espazo de usos múltiples na planta alta.

 

Accesibilidade

Ten baño adaptado e elevador para cadeira de rodas para acceder á planta alta. Os espazos exteriores ao albergue non están adaptados.

Cómo chegar

A 6,5 km de Lalín. Na estación de trens de Lalín, en Botos (PO-534), seguir as indicacións “Finca de Mouriscade”; unha vez alí, pasada a ponte do tren, xirar á dereita ata o final da pista.  (En Google Maps, escribir “Área de recreo Mouriscade”)

 


Enderezo

Finca de Mouriscade, 36515 Vilanova, Lalín, Pontevedra.

Teléfono

606 50 96 11 / 687 47 32 21

Actividades

Aventura+

____________________________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS: Roteiros, obradoiros, hípica, maxia, xogos cooperativos, xincanas, laser tag, escape room e zumba.

Campamento Xuvenil 'A Illa de Ons' (Bueu)

xuvenil A Illa de Ons

Datos xerais

Campamento situado na Illa de Ons. Ten unha capacidade de 60 prazas en tendas de campaña.

Accesibilidade

As características do campamento nesta illa veñen subliñadas pola propia situación, aproximadamente a 1,5 km do peirao. As edificacións do conxunto (espazo das tendas de campaña, aseos comúns, pavillón aberto, comedor) están alleas entre si, intercomunicadas mediante corredoiras de terra con certas pendentes e baixadas, non aptas para cadeiras de rodas nin para nenos ou nenas que precisen apoios ortopédicos.

Cómo chegar

En barco desde Bueu, Sanxenxo e Portonovo.

Enderezo

Campamento Xuvenil A Illa de Ons. (Pontevedra)

Actividades

Illa Marabilla

______________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS:Paddle surf, tiro con arco, pelot-ons, orientación con gps , kaiak, snorkel, aula de natureza, diverciencia, actividades de praia, videoclip, xincana de aventuras e gran xogo.

 Ons 1

Ons 3

Campamento Xuvenil 'Pontemaril' (Forcarei)

xuvenil Pontemaril

Datos xerais

É un campamento de media montaña con capacidade para 140 prazas en tendas de campaña e 48 prazas en albergue da instalación.

Accesibilidade

As instalacións non están adecuadas para a accesibilidade de persoas en cadeira de rodas ou con apoios ortopédicos (muletas, etc.), xa que a situación das tendas ou pavillóns existentes (dormitorios, aseos, multiusos) atópanse nun contorno forestal onde os accesos son de terra ou grava, con certas subidas e baixadas, sen aplanar. Tamén hai que ter en conta as particularidades propias do desenvolvemento das actividades xerais.

Cómo chegar

Situado a 2 Km de Forcarei, na estrada N-541 de Pontevedra-Ourense. Ferrocarril a Pontevedra.

Enderezo

Campamento xuvenil Pontemaril. 36550 Forcarei (Pontevedra).

Teléfono

986 755 045

Actividades

Aventura na natureza

_____________________________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS: Actividades de supervivencia, gran xogo de aventuras, piragüismo, bicicleta na natureza, circo, piscina, kaiak polo, carreira de orientación, xogos predeportivos e sendeirismo na montaña.

Pequecho aventura

_____________________________________________________________________________________________________________________________ 

ACTIVIDADES XERAIS: Piragüismo, bicicleta na natureza, circo, piscina, kaiak polo, actividades de supervivencia, carreira de orientación, xogos predeportivos, sendeirismo na montaña, obradoiro de conservación do medio e reciclaxe, e excursións.

Pontemaril Forcarei 1

Pontemaril Forcarei 2

Pontemaril Forcarei 3

Albergue Xuvenil 'As Sinas' (Vilanova de Arousa)

xuvenil As SinasDatos xerais

O albergue está nunha zona turística á beira do mar con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 120 prazas en liteiras.

A instalación dispón dunha pista polideportiva de fútbol sala e baloncesto.

Accesibilidade

O albergue conta cun pavillón adaptado para persoas discapacitadas con problemas de mobilidade. O pavillón número 3 conta con 13 camas baixas, 1 aseo e 1 ducha adaptados e, a maiores, fóra do pavillón, nos aseos comúns, existe 1 aseo e 1 ducha adaptados para nenos e igual para nenas. Non hai barreiras arquitectónicas para acceder ao comedor e ás salas de uso múltiple xa que estas teñen ramplas. En canto ás actividades xenéricas deste albergue, hai que considerar as limitacións que poden xurdir no desenvolvemento de vela, táboa, piragüismo e kaiak polo.

Cómo chegar

Está situada na ría de Arousa a 4 Km de Vilagarcía de Arousa, na estrada Vilagarcía-Cambados.

Autobuses e ferrocarril a Vilagarcía.


Enderezo

Praia das Sinas, 36620. Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Teléfono

986 554 081

Actividades

O mar que i maxinas

____________________________________________________________________________________________________________________________

ACTIVIDADES XERAIS: Vela, táboa, piragua, kaiak polo, snorkel con seadoo scooter, introdución á pesca, skimboard, actividade consistente no deslizamento sobre a auga cunha táboa tipo surf, voley praia, shuttleball praia, paddlesurf,  fútbol, baloncesto, voley praia e slack-line

Vilanova Sinas 3

Vilanova Sinas 1