Listado campamentos Ourense

Listado campamentos Ourense (9)

Datos xerais

Albergue de categoría 2, situado na localidade de Bande, sendo a porta de entrada ao Parque Natural do Xurés e comunicación natural co Parque Nacional do Gerês e onde ambos integran a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés, compartindo cultura, tradicións e historia.

Distribuídas en tres plantas, o albergue dispón dun total de 68 prazas:

- 4 habitacións de 12 e 13 prazas en liteiras, con baños compartidos (plantas 1ª e 2ª)

- 1 dormitorio adaptado, con baño adaptado

- 6 dormitorios dobres con baño individual

O albergue conta cos seguintes servizos:

- Sala multiusos, para comedor e actividades

- Zona de escenario teatral

- Cociña industrial, totalmente equipada

- Zona de lavandería

- Zona de descanso

- Calefacción centralizada

- Acceso a internet en todo o edificio

Accesibilidade

Entrada adaptada con rampa mecánica. Habitación no piso principal (ao que se chega coa elevador mecánico) adaptada: estancia e baño. O resto de habitacións do piso principal teñen liteiras. No piso principal hai dúas habitacións de liteiras e o resto están no segundo piso (que non ten rampa de acceso) A salida de emerxencia está na zona adaptada do albergue (co elevador mecánico)

Como chegar

Dende Ourense: Autovía AG-31 ata Verea. Estrada OU-540 ata Bande.

Distancia: 41 km. Tempo: 36 minutos.

Na entrada de Bande, hai un desvío indicado (Albergue Muncipal de Bande) a 200 m. Do albergue.

Enderezo

Rúa Xoaquín Lorenzo s/n. 32840, Bande (Ourense)

Teléfono

693 831 639

696 760 910

Actividades

  • Eco ciencia-arte

ACTIVIDADES XERAIS: Actividades e obradoiros de ciencia, expresión artística, ambientais e ecoloxía, xogos tradicionais, kaiak, sendeirismo, vivaque e xeocaching.

 

albergue de bande 1

albergue de bande 2

Datos xerais

O albergue A Fábrica da Luz é unha instalación moderna nun edificio emblemático como é antigua central hidroelectrica, unha das primeiras de Galicia. Conta con calefacción de chan radiante, taquillas individuais con chave e respectando ao máximo o medio ó máximo coa utilización de pellets e liteiras de madeira ecolóxica.

Dispoñeos de espazos exteriores amplos rodeados de bosque autóctono. Conta con aula de audiovisuais, salas de biblioteca e xogos.

No exterior dispoñemos dunha ampla terraza á sombra dos castiñeiros.

Accesibilidade

O espazo do comedor e saliña de xogos están situados nunha primeira e segunda planta sen ascensor, polo que non estaríanadaptadas para persoas con mobilidade reducida

Como chegar

42°22'33.9"N 7°29'53.4"W

Enderezo

A Fábrica da Luz. Lugar A Fábrica da Luz s/n. Barxacova.

32748 Parada de SilParada de Sil

Teléfono

988 984 990/ 679 060 509

Actividades

  • Descubrindo a Riberira Sacra

ACTIVIDADES XERAIS: xeocaching, obradoiros (reciclaxe, de fabricación de marmaladas, danza) kaiak, btt, xogos (cooperativos, tradicionais), xincana e orientación.

fabrica da luz parada de sil

Residencia T. L. O Carballiño

 

carball1Datos xerais

A Residencia dispón de recinto propio, con ampla zoa axardinada e aparcamento. Pódese chegar en coche ata a mesma porta principal. Accedese ao interior do edificio por escaleiras e ramplas adaptadas. Conta con 78 habitacións distribuídas entre a planta baixa, primeiro e segundo andar. Hai ascensor. Cada habitación dispón de baño propio. Na planta baixa hai cuartos de baño adaptados. Acceso dende o hall de entrada á cafetería e salas de uso común. 

Accesibilidade

Accedese ao interior do edificio por escaleiras e ramplas adaptadas. Na planta baixa hai cuartos de baño adaptados. Hai ascensor. 

Cómo chegar

Está situada na vila do Carballiño a 29 km de Ourense. Nun entorno de natureza fronte ao Parque do Carballiño que atravesa o rio Arenteiro. Chégase dende a AG-53 (Ourense - Santiago) ou dende a N-541 (Ourense-Pontevedra). 

Enderezo

 Av. do Parque, S/N, 32500 O Carballiño, Ourense

Teléfono

 988 78 81 11 (recepción)

carball2Actividades

  • Arte e tecnoloxía

ACTIVIDADES XERAIS: Obradoiro ODS, obradoiro de iniciación Arte transmedia, videocracións,  obradoiros de expresión corporal e performance, xincanas, roteiros e xogos de improvisación teatral.

(Vilariño de Conso)

  • Aventura na montaña

ACTIVIDADES XERAIS:

Sendeirismo, coñecemento do entorno,tiro con arco, baloncesto, bicicleta, kaiak, escalada, rapel, orientación, obradoiros, praia fluvial, excursións...

Albergue San Xoán de Río (San Xoán de Río)

sxdr1

Datos xerais

O albergue de San Xoan de Río está situado no lugar de O Senreiro, no Concello de San Xóan de Río (Ourense), nas inmediacións das antigas instalacións de DECCA Navigator, na primeira Paisaxe Natural Protexido de Galicia, na comarca das Terras de Trives, entre a Serra de Castrelo e o monte Cerengo, a 1005 metros de altitude. Atópase nunha situación privilexiada preto de numerosos recursos naturais (castiñeiros centenarios, carballos) e de patrimonio arqueolóxico e artístico. O albergue é, en si, un miradoiro sobre Ou Val do Navea. Conta con observatorio astronómico (Casa das Estrelas), laboratorio de Ciencias (Casa da Terra) e a 24 km da Estación de Montaña de Manzaneda.
Ten 80 prazas

Accesibilidade

Ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.

Cómo chegar

OURENSE: Estrada OU-536 ata desvio San Xoán de Río OU-0705 ( a partir de ahí 7,6 Km ata o desvío ao Albergue, pasando o pobo de San Xoán de Río)

 

Enderezo

Lugar Senreiro, SN. 32770. San Xoán de Río (Ourense)

Teléfono

982 82 84 96
campamentosdegalicia@vidalactea.com
http://www.galiciayouthostels.com/

 

Actividades

  • Astronomía

ACTIVIDADES XERAIS: campamento en torno á astroloxía que inclúe a olimpíada interplanetaria e outras actividades de multiaventura con tiro con arco, aula natureza, piscina, orientación, roteiros,   compás e GPS, paintball.

sxdr2

ALBERGUE PENEDOS DE XACINTO (ENTRIMO)

ALBERGUE PENEDOS DE XACINTO

Datos xerais

Campamento de montaña, con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 100 prazas en tendas de campaña.

A instalación dispón de pista polideportiva, salón de actividades, rocódromo, anfiteatro, alpendre cuberto e enfermería.

Accesibilidade

Acceso sen barreiras arquitectónicas. Exteriores e zonas comúns de fácil acceso.

Cómo chegar

Situado a 70 Km de Ourense, na estrada de Entrimo-Illa Olelas. A instalación atópase a 2 Km de Entrimo, no lugar coñecido como Cabeza da Vella.

Enderezo

Cabeza da Vella. 32860 Entrimo (Ourense).

Teléfono

988 434 779

Actividades

  • Teatro e aventura na natureza

ACTIVIDADES XERAIS: Dramatización, Expresión corporal e desinhibición, Obradoiros de formación, Ensaios e propostas teatrais, Técnicas de circo, malabares e equilibrio, Deportes acuáticos: Actividade que engloba diversos xogos e dinámicas deportivas que se desenvolverán na piscina, Gran xogo, Deportes cooperativos, Rocódromo e tirolina, Orientación con gps, Tiro con arco, Xogos activos, Aula de natureza, Conecta2 e piscina.

 

Entrimo 1

Entrimo 2

Entrimo 3

Centro de educación ambiental Equal (Coles)

Centro de educación ambiental Equal

Datos xerais

O albergue está en pleno contorno rural de interior, no concello de Coles. Está a 1 km da Ribeira Sacra desde o municipio da Peroxa e próximo aos Peares e aos Canóns do Sil.

Está equipado con calefacción, comedor, lavandería, parking de superficie, armarios e aula de obradoiros. Ten mesa de ping-pong e piscina exterior. Nas zonas comúns hai unha biblioteca/sala de lectura, barra libre de dispensación de café, té e infusións ecolóxicas, xardín e zona de sombra para actividades ou descanso no exterior e sala de usos múltiples adaptada.

Para a práctica deportiva, próxima á instalación, hai un centro hípico, embarcadoiro e polideportivo.

Accesibilidade

A instalación consta de 2 plantas. Se ben a planta baixa permite a accesibilidade para actividades de día, a planta superior non é accesible para cadeiras de rodas ou persoas con dificultades motrices severas, xa que o acceso aos dormitorios é a través da escaleira.

Cómo chegar

A Barra, Concello de Coles. Estrada de Ourense - Santiago de Compostela (N-525), dirección A Peroxa, a 10 km de Ourense. Sinalización en Vilarchao, como Centro de Educación Ambiental.

Enderezo

A Barra s/n, 32152 Coles

Teléfono

988 206 353 / 669 257 283

Correo electrónico: info@centroequal.com

Páxina web: www.centroequal.com

Actividades

  • Danza moderna e Natureza

ACTIVIDADES XERAIS: Danza moderna, flashmob, coreografía e xogos teatrais, rutas, obradoiros de ecoloxía, obradoiros de reciclaxe creativo, e pequenas intervencións creativas na natureza. Xogos populares, xincanas disfraces, grandes xogos, veladas. Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Pazo de Fontefiz e Piscina.

COMPLEXO O CORGO (MUÍÑOS)

COMPLEXO O CORGO

Datos xerais:

Este complexo está equipado cun comedor central, instalacións deportivas, zonas cubertas con pérgolas, para chuvia e sol. Ten praias fluviais con zonas verdes; duchas, campo de deportes con herba artificial; polideportivo cuberto, incluso con alumeado; vestiarios e canchas deportivas; zonas de camiños e sendeiros e aparatos biosaudables. Dispón de zonas de lecer, de salas de ocio e obradoiros temáticos así como zonas de audiovisual. Hai vixiantes nas zonas de baños. Para a práctica deportiva, conta con barcos e piraguas.

Accesibilidade

Ten accesibilidade para persoas con discapacidade.

Cómo chegar:

  • A Coruña-Santiago-Ourense-en a Merca saida autovía a Celanova-Bande-Muiños
  • Vigo-Ourense-en a Merca saída autovía a Celanova-Bande-Muiños
  • A52-Xinzo a Bande-cruce en Puente Linares con Muíños-Calvos, vía Muíños

Enderezo

Complexo turístico-deportivo

O Corgo

Praza de San Rosendo, 1.

32880 Mugueimes (Ourense)

Teléfono

Complexo O Corgo:988 40 60 75 - 639 030 032

Concello de Muíños: 988 45 64 03

concello.muinos@eidolocal.es

Actividades:

  • Ven explorar con nós

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de multiaventura con actividades de auga, kaiak, vela, supervivencia, educación ambiental, dinámicas  de expresión teatral e xogos.

 

Estación de Montaña Manzaneda (A Pobra de Trives)

 

- OFRECERASE INFORMACIÓN DESTA INSTALACIÓN EN BREVE


Actividades

  • Manzaneda Alta Montaña

ACTIVIDADES XERAIS: Técnicas de montaña, multiaventura, obradorio de nudos, observación de fauna e flora, repoboación de árbores autóctonas, construcción de nidos para paxaros, interpretación das estrelas, reciclaxe nomedio natural, taller de orientación, sendeirismo,  piscina, xogos tradicionais, horta ecolóxica,  xincanas, cabalos, slackline e montain bike.