Listado campamentos Lugo

Listado campamentos Lugo (7)

ALBERGUE XUVENIL LUG2 (Lugo)

 

ALBERGUE XUVENIL LUG2 Lugo

Datos xerais

Lugo é unha cidade e municipio de España, capital do devandito municipio e da comarca e provincia homónimas. A cidade, de orixe romana, foi fundada no ano 25 a. C. por Paulo Fabio Máximo e é a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, son testemuño dos seus primeiros anos de historia, especialmente a súa muralla romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Xeograficamente, a cidade atópase situada sobre un outeiro, nunha comarca de montañas redondeadas e non moi elevadas nas terras do Alto Miño e circundada polo propio río Miño, ademais doutros de menor entidade. O municipio, incluído na Reserva da biosfera «Terras do Miño», é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2016 habitaban 98 268 persoas. A instalación é o Albergue Xuvenil Lug 2 inaugurado nos anos 60 como centro educativo residencial e reformado no ano 2009 atópase situado a pouco máis de 5 minutos do centro da cidade de Lugo e a pouca distancia da natureza que nos ofrece o rio. O Centro consta de tres plantas cunha capacidade para 75 prazas. Na planta baixa atópase:

  • Recepción
  • Cociña
  • Comedor, con capacidade para máis de 100 persoas
  • Baños xerais
  • Salón de Actos para 80 persoas equipado con aparellos de son e imaxe
  • 2 zonas wi-fi no edifico

Accesibilidade

Ten accesibilidade para persoas con mobilidade redicida.

Cómo chegar

  • A CORUÑA: Autovía A-6, ata o centro de Lugo
  • SANTIAGO DE COMPOSTELA: N-634 e logo autovía A-6, ata o centro de Lugo; ou N-547 e A-54 ata o centro de Lugo
  • OURENSE: N-120 E CG-2.2 ata o centro de Lugo
  • PONTEVEDRA: Autopista AP-9 ata Santiago de Compostela

Enderezo

Rúa Pintor Corredoira 4

27002 Lugo

Teléfono

nuevolug2@gmail.com

982 828496

Actividades

  • O Musical                                                                                                                         

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de temática artística, con masterclass: musicais, elaboración dun musical (guións, canto, teatro, montaxe de decorados), escalada,  btt, kaiak e piscina.

  • AYCH Tecnolóxico                                                                                                                        

ACTIVIDADES XERAIS: campamento de temática tecnolóxica e de aventura, con Design thinking, 3D printing, prototipaxe, comunicación dixital e audiovisual, hackathon, robótica, escalada en rocha e rocódromo, tiro con arco, actividades de auga. Realidade estendida, web app.

Albergue Municipal de Quiroga (Quiroga)

Albergue Municipal de Quiroga Quiroga

Datos xerais

O albergue atópase en pleno corazón da Riberia Sacra, no Concello Quiroga un fermoso val flanqueado pola Serra do Courel, as Terras de Trives, a comarca de Valdeorras e as Terras de Lemos.

Ten capacidade para 150 persoas. Dispón de salón comedor, sala de xogos, sala de estar, salas de obradoiros, cociña, lavandería e ascensor.

Conta cun centro médico 24 horas a 50 metros de distancia.

Accesibilidade

Conta con dúas ramplas exteriores de acceso na parte frontal do edificio, 4 habitacións que dispoñen o baño accesible así como dos baños comunitarios con facilidades para persoas con discapacidade.

Instalacións adaptadas para colectivos con discapacidades.

Cómo chegar

  • Coruña – Lugo - Quiroga

Por estrada A6 dirección Lugo ata a saída Dirección Monforte de Lemos CG2.2 ata Bóveda para tomar a LU652 de enlace coa N120 dirección Ponferrada ata chegar a Quiroga.

Distancia desde a Coruña 185 km

  • Santiago a Quiroga

AP53 ata Lalín, Vía rápida Lalín - Monforte ata enlace coa N120 dirección Ponferrada ata chegar a Quiroga

Distancia desde Santiago: 161 km

  • Vigo a Quiroga

Autovía ata Ourense para tomar a N120 ata chegar a Quiroga

Distancia desde Vigo:178 KM

 

Enderezo

R) Real 118

27320 Quiroga (Lugo)

Poblado de Fenosa

Teléfono

Teléfono: 982428166 982428493

Página web: www.tourgalia.com

https://www.facebook.com/alberguedequiroga

Actividades

  • Explora O Courel

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de multiaventura en inglés, con aula de natureza, xeoloxía, aula de minería, actividades de auga, kaiak, orientación con gps, olympic games.

Concello de Carballedo ou limítrofes

- OFRECERASE INFORMACIÓN DESTA INSTALACIÓN EN BREVE

Actividades

  • Adventure Camp

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de multiaventura con actividades de auga, ambientais e actividades en inglés.

Campamento Xuvenil 'Os Chacotes' (Palas de Rei)

xuvenil Os Chacotes

Datos xerais

Atópase na vila de Palas de Rei, na ruta do camiño xacobeo, a 35 km de Lugo na estrada N-547 Santiago de Compostela – Guntín. O aloxamento é en tendas de campaña. Conta con comedor, cociña, primeiros auxilios e instalacións deportivas do concello, incluída a piscina.

Accesibilidade

Non dispón de zonas asfaltadas. Non é viable para persoas con problemas de discapacidade física.

Cómo chegar

Por estrada: autobuses desde Lugo a Santiago de Compostela todos os días.

Por ferrocarril: estación RENFE en Lugo.

Enderezo

Rúa As Lagartas s/n (Área Recreativa Os Chacotes), 27209 Palas de Rei (Lugo)

Teléfono

982 380 313.

Actividades

  • Multiaventura nos Chacotes

ACTIVIDADES XERAIS: Btt,  posta a punto da bicicleta, manexo da mesma e ruta a vilar de donas, escalada en rocódromo, tiro con arco, slackline, kaiak, piscina, xogos de confianza, láser tag, ruralalax, técnicas de vivac, marcha e visita ó castelo de pambre, ecopalas, conecta2:, raid aventura. triatlón e visitas.

  • Aventura_T

ACTIVIDADES XERAIS: Btt,  posta a punto da bicicleta, manexo da mesma e ruta a vilar de donas, escalada en rocódromo, tiro con arco, slackline, kaiak, piscina, xogos de confianza, láser tag, ruralalax, técnicas de vivac, marcha e visita ó castelo de pambre, ecopalas, conecta2:, raid aventura. triatlón e visitas.

 

Chacotes Palas 1

Chacotes Palas 2

Chacotes Palas 3

 

Albergue Xuvenil 'Benigno Quiroga' (Portomarín)

xuvenil Benigno Quiroga

Datos xerais

Atópase á beira do encoro de Belesar na xacobea vila de Portomarín. O aloxamento é en cuartos de 4 camas. Conta con comedor e sala de televisión e coas instalacións deportivas do concello, incluída a piscina.

Accesibilidade

Non dispón de ascensor nin de baños e dormitorios adaptados.

Cómo chegar

Atópase a 30 km de Lugo pola estrada LU-612 (Lugo-Portomarín). Autobuses diarios desde Lugo.

Enderezo

Avenida de Sarria, 20, 27178 Portomarín (Lugo)

Teléfono

982 545 022

Actividades

  • A miña primeira aventura

ACTIVIDADES XERAIS: Vela, paddleboard, kaiak, bicicleta, xogos tradicionais, tiro con arco, slackline, xogos predeportivos, piscina , excursións, obradoiro de conservación do medio ambiente e reciclaxe e xincana de aventuras.

 

 

Portomarin 1

Portomarin 2

Portomarin 3

 

Albergue Xuvenil 'Area' (Viveiro)

xuvenil Area

Datos xerais

Atópase situado ao pé de praia, na ría de Viveiro, mirando ao Cantábrico. Cuartos de 4, 5, e 6 camas, sala de televisión, aulas para actividades, laboratorio, comedor, cociña e instalacións deportivas.

Accesibilidade

Non dispón de ascensor nin de baños e dormitorios adaptados.

Cómo chegar

  • Por estrada: A 5 Km de Viveiro na estrada LU-862. Autobuses de Lugo a Viveiro todos os días.
  • Por ferrocarril: Estación FEVE en Viveiro (liña Ferrol-Xixón).

Enderezo

Praia de Area, 27850 Viveiro (Lugo).

Teléfono

982 560 851

Actividades

  • Naturarea: ambiente mariño e náutica

ACTIVIDADES XERAIS: Vela, windsurf, wakeboard, kaiak, aula de natureza mariña, snorquel, olimpiadas terra e mar, skimboard, paddlesurf, cometas de tracción, palas, excursións e volei praia.

 

 Area Viveiro 1

Area Viveiro 2

 

Area Viveiro 3

Campamento xuvenil 'A Devesa' (Ribadeo)

xuvenil A Devesa

Datos xerais

Atópase na parroquia da Devesa (Concello de Ribadeo) a 100 m das praias de Reinante e das Catedrais. O aloxamento é en tendas de campaña. Conta con comedor, cociña, primeiros auxilios, instalacións deportivas e pavillón de actividades.

Accesibilidade

Non dispón de zonas asfaltadas. Non é viable para persoas con problemas de discapacidade física.

Cómo chegar

Por estrada: A 11 km de Ribadeo, na estrada LU-862. Autobuses desde Lugo todos os días.Por ferrocarril: Estación FEVE en Reinante e Ribadeo (liña Ferrol - Xixón)

Enderezo

A Rochela s/n, 27700 A Devesa, Ribadeo (Lugo)

Teléfono

982 123 300

Actividades

  • Multiaventura: ambiente e mar

ACTIVIDADES XERAIS: Surf, bodyboard, cometas de tracción, diverpraia, conecta2, técnicas de vivac, escalada en rocódromo, slackline, tiro con arco, xogos tradicionais, obradoiro de reciclaxe e conservación do medio, xincanas, escape room o enigma de a devesa, xincana acuática, roteiro a rinlo, xogos de confianza, rastrexo, aula da fauna e flora mariña, intermareal e trashtag challenge e concurso de talentos.

  • Acampada a carón do mar

ACTIVIDADES XERAIS: Surf, bodyboard, cometas de tracción, diverpraia, conecta2, técnicas de vivac, escalada en rocódromo, slackline, tiro con arco, xogos tradicionais, obradoiro de reciclaxe e conservación do medio, xincanas, escape room o enigma de a devesa, xincana acuática, roteiro a rinlo, xogos de confianza, rastrexo, aula da fauna e flora mariña, intermareal e trashtag challenge e concurso de talentos.

  • Endevésate co mar

ACTIVIDADES XERAIS: Surf, bodyboard, cometas de tracción, diverpraia, conecta2, técnicas de vivac, escalada en rocódromo, slackline, tiro con arco, xogos tradicionais, obradoiro de reciclaxe e conservación do medio, xincanas, escape room o enigma de a devesa, xincana acuática, roteiro a rinlo, xogos de confianza, rastrexo, aula da fauna e flora mariña, intermareal e trashtag challenge e concurso de talentos.

 

Devesa Ribadeo 1

Devesa Ribadeo 2