Listado campamentos A Coruña

Listado campamentos A Coruña (10)

Actividades

  • Campamento de aventuras

ACTIVIDADES XERAIS:

observatorio de aves, visita guiadas e roteiros, paddlesurf, kayak, xogos tradicionais, obradoiro de cestería, música, baile e deporte urbán.

hosta1Datos xerais

O CSHG dispón de 54.000 metros cadrados, zoas verdes con grandes árbores e cinco edificios onde se desenvolve toda a actividade.
O aloxamento é en habitacións dobres con ducha, existen tres salas onde poden descansar los residentes, ademais de unha pista de tenis. 

Accesibilidade

Todo o recinto esta adaptado a persoas con mobilidade reducida, existe tamen una habitación adaptada 

Cómo chegar

 Carretera Santiago Noia Km 3, Finca Turismo de Galicia

Enderezo

CSHG (Centro Superior de Hostalería de Galicia), Carretera Santiago-Noia,
Barcia, Km 3 A, 15897 Santiago de Compostela (A Coruña).

Teléfono

 981 542 519

Actividades

  • O sabor do verán

hosta 2ACTIVIDADES XERAIS: cociña e ambiente natural. Iniciación á cociña, técnicas de cociña, cociña creativa, cociña do mundo, repostería, xogos ecolóxicos, limpeza da natureza, ruta sendeirismo, obradoiro de reciclaxe, coñecemento da flora da contorna e aprendizaxe de recursos naturais e  xogo cooperativo  de concienciación medioambiental.

pontecesoDatos xerais

Sede da Fundación Eduardo Pondal e Casa Cultural dos Veciños.
O Campamento desenvolverase na contorna rural da aldea do Couto, no Concello de Ponteceso. A instalación conta cos seguintes edificios:
-CASA DE RAMÓN GHAREL
-CASA VILA PONDAL
-CASA QUINTEIRO
-SEDE DA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL

Accesibilidade

Non está adaptado

Cómo chegar

O campamento terá lugar na aldea do Couto, no concello de Ponteceso. Hai que chegar á vila de Ponteceso (A Coruña) e alí dirixirse á sede da Fundación Eduardo Pondal, nas seguintes coordeadas: 43.249773, -8.910435 

Enderezo

Fundación Eduardo Pondal, Couto, 62, 15110 Ponteceso, A Coruña 

Teléfono

620 069 373
fundacioneduardopondal@gmail.com 

Actividades

  • Un país para pintores e poetas

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de temática artística (creación audiovisual, creación literaria e poética, teatro, música e cerámica, festival das artes).

  • Isidro Parga Ponda, ciencia ecultura

ACTIVIDADES XERAIS: Ciencia (xeoloxía e bioloxía) a través do estudo de campo e da catalogación, deseño e invención de xoguetes, creación de pequenos circuítos electrónicos, robótica,  uso de materiais de refugallo e enerxías renovables, obradoiros de instrumentos musicais e cerámica de Buño, veladas e visitas.

Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar (Vilasantar)

 Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar 1Datos xerais

A Escola de Agricultura Ecolóxica atópase na Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, no concello de Vilasantar. Un concello do interior da provincia da Coruña, para desfrutar da natureza. Bañado polos ríos Tambre, Cabalar e Gándaras, conta cun fermoso patrimonio etnográfico, natural e arquitectónico.

O albergue ten capacidade para 28 persoas. Dispón de cociña e comedor, aula polivalente, taller de obradoiros, laboratorio, 2 invernadoiros e un galiñeiro.

Accesibilidade

Conta con 2 ramplas de acceso na parte frontal do edificio, así coma unha habitación accesible e aseo adaptado.

As instalacións están adaptadas para colectivos con discapacidade.

Cómo chegar

  • Coruña- Vilasantar:

Pola AP9, dirección Lugo-Madrid. Saída 565 dirección Curtis. Incorporación AC-840. Na rotonda, toma a segunda saída, dirección Melide. Toma saída AC-194 dirección Vilasantar.

Distancia desde a Coruña: 50 km

  • Santiago- Vilasantar:

AG-54 dirección Lugo/Aeroporto/Oviedo. Na rotonda tomar a 2ª saída, dirección Oviedo/ N-634.

Continuar por N-634, na rotonda tomar primeira saída AC-840, dirección Melide. Toma saída AC-194 dirección Vilasantar.

Distancia desde Santiago: 55 km

  • Lugo- Vilasantar:

A6 en dirección A Coruña. Saída 540 hacia N-634, en dirección Santiago de Compostela. Continuar por N-634. Na rotonda tomar terceira saída AC-840, dirección Melide. Toma saída AC-194 dirección Vilasantar.

Distancia desde Lugo: 70 km

Escola de Agricultura Ecolóxica Vilasantar 2Enderezo

Escola Agricultura Ecolóxica Vilasantar

A Matés s/n.

15685 Vilasantar

Teléfono

693747500

asociacionraina@gmail.com

Actividades

  • Saborea a vida do rural

ACTIVIDADES XERAIS: Actividades de aventura en contacto coa natureza e de achegamento ao medio rural e o agro, eco horta, xogos populares e de orientación, actividades de reciclaxe, actividades culturais, roteiros e representacións teatrais.

Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo)

 

Datos xerais

A instalación é un recinto natural de 50.000 metros cadrados situado á beira da praia de Gandarío, con amplas zonas verdes, instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xuvenil, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos e cafetería.

Accesibilidade

É a instalación da provincia máis apropiada para discapacidades físicas.

Ten liteiras.

Os exteriores e as zonas comúns son de fácil acceso.

Carece de material náutico e de actividades adaptado.

Cómo chegar:

Está a 2 km de Sada (A Coruña) na estrada Sada - Betanzos.

Enderezo:

Cornide Nº 20, 15167 Bergondo (A Coruña)

Teléfono

981 791 005

Actividades

 

Actividades no mar:

  • ACTIVIDADES XERAIS: Vela, TDV táboa, canoa, paddle surf, wakeboard, aula TIC mariña e xogos deportivos.

Vídeo mapping. fai visible o que levas dentro
  • ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento á composición de vídeos para representacións nocturnas sobre edificios. Os participantes poderán coñecer os principios necesarios para crear animacións de vídeo e, mediante o emprego de ferramentas informáticas, serán quen de crear as súas propias composicións.

A vista de paxaro. primieros pasos con dron

  • ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos fundamentos que permiten a creación, control e voo dun dron. As persoas participantes terán a opción de construír o seu propio dron e, ao final do campamento, realizar unha xincana de competición coas súas creacións.

 Adestrando o meu robot

  • ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos principios tecnolóxicos que son necesarios para construción, funcionamento e mellora no control de robots sinxelos, mediante o emprego de ferramentas informáticas superando pequenas probas ou retos.

 

Gandario Bergondo 1

Gandario Bergondo 2

Gandario Bergondo 3 

Gandario Bergondo 4

Albergue Xuvenil Marina Española (Sada)

 

Datos xerais

Edificio de 4 andares a carón do mar con aloxamento en cuartos de 6 camas e aseo integrado. Dispón de salas de xuntanza, salón de usos múltiples, sala de xogos, pistas deportivas, polideportivo cuberto e espazos ao aire libre.

Accesibilidade

Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados parcialmente. Só a planta primeira ten o aseo adaptado. As habitacións teñen maioritariamente liteiras. Carece de ascensor.

Cómo chegar

A 1,5 km de Sada (A Coruña), na estrada a Betanzos.

Enderezo

Lugar Lagoa 40, 15167 Sada (A Coruña).

Teléfono

981 620 118

Actividades

  • Aventura nas Mariñas

ACTIVIDADES XERAIS: Busca de tesouro, aula da natureza, rutas ambientais, BTT. volei pe, kimball, goalball e boccia, videoclip, xogos tradicionais, xincanas, diverciencia, divercociña, xeocaptura, Tirolina e Slackline, tiro con arco, escalada e taller de relaxación.

Sada Marina 1

Sada Marina 2

Sada Marina 3

Campamento xuvenil 'Espiñeira' (Boiro)

xuvenil EspineiraDatos xerais

A instalación dispón de 100 prazas en tendas de campaña. Ten pistas polideportivas, servizos hixiénicos completos e comedor cuberto.

Accesibilidade

Ten dous aseos adaptados.

Os exteriores non están adaptados pero son de fácil acceso para cadeiras de rodas.

Cómo chegar

A 2 km de Boiro. Autobuses desde Santiago de Compostela.

Enderezo

Costa de Espiñeira 81, 15930 Boiro (A Coruña).

Teléfono

981 845 260

Actividades

  • Candilexas

ACTIVIDADES XERAIS: Teatro, circo, caracterización, danza, maxia, percusión, acrosport, láser tag, tiro con arco, excursións e grandes xogos.

 

 

 

Boiro Espiñeira 3

Boiro Espiñeira 2

Boiro Espiñeira 1

Campamento xuvenil 'Virxe de Loreto' (Porto do Son)

xuvenil Virxe de LoretoDatos xerais

O campamento está á beira do mar e ten capacidade para 150 prazas, en tendas de campaña. Ten un comedor cuberto, pista polideportiva e recinto cuberto para obradoiros.

Accesibilidade

Os aseos e os exteriores non están adaptados.

Non están adaptados nin o material náutico nin as actividades.

Cómo chegar

A 2 km de Porto do Son, na estrada a Noia.

Enderezo

Lugar de Aguieira 8, 15978 A Aguieira, Porto do Son (A Coruña).

Teléfono

981 767 587

Actividades 

  • Natureza xunto ao mar

ACTIVIDADES XERAIS: Kaiak, Escalada, raid-Escalada, surf, bodyboard,kaiak surf, bicicleta de montaña, tirolesa, tiro con arco, slack-line, longboard, natureza mariña/biomergullo, paddleBoard, skimboard, cometas, rappel, orientación, vivac e primeiros auxilios e inmersión no Son.

Campamento xuvenil 'Furelos' (Melide)

xuvenil furelos

Datos xerais

Está situado a carón do Camiño Francés. Ten capacidade para 60 prazas en tendas de campaña.

Accesibilidade

Ten un aseo adaptado. Os exteriores non están adaptados.

Cómo chegar

A 1,5 km de Melide na estrada Lugo-Santiago de Compostela

Enderezo
Rúa Río Furelos, 15800, Melide (A Coruña)

Teléfono
981 507 412

Actividades

  • Natureza no Camiño

ACTIVIDADES XERAIS: Xincana de aventuras, bicicleta de montaña, orientación, sendeirismo, spartan race, paleo training,  agrogranxa, tiro con arco, canoa, quidditch, excursións e karaoke.

Melide Furelos 1

Granxa Zoo de Grixalba (Sobrado dos Monxes)

Granxa Zoo de Grixalba

Datos xerais

É un complexo turístico en plena natureza no que se pode disfrutar da vida no campo. O complexo conta cunha infrastructura de 7000 m2. O Albergue con 450m2 está destinado a estancia e aloxamento dos/as rapaces/zas e ten unha capacidade máxima de 40 prazas repartidas en habitacións con liteiras.

Accesibilidade

Os exteriores máis próximos o edificio principal e os accesos ás zonas comúns están adaptados. O albergue é dunha soa planta e posue dúas entradas totalmente adaptadas, e un baño segundo a normativa vixente para persoas con movilidade reducida. Os accesos a granxa e comedor están equipados con ramplas e portas de amplitude suficiente para as cadeiras de rodas.

Cómo chegar

  • DENDE A CORUÑA:

Sobrado dos Monxes dista 60 quilómetros de A Coruña. Unha das formas de chegar e seguindo a Autopista A-9 ata o quilómetro 16 en donde se enlaza coa Autovía A-6. No quilómetro 549 (salida de Montesalgueiro) xirase a esquerda ata A Castellana, collemos a AC-231 dirección Teixeiro (19 quilómetros ata Sobrado) e de alí ata Sobrado pasando polas Cruces, onde so se tería que seguir os nosos indicadores.

  • SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Sobrado dista 54 quilómetros de Santiago de Compostela. Carretera de Oviedo- Vilalba ata chegar a TEIXEIRO e desviarse dirección Sobrados dos Monxes a dereita.

  • LUGO:

Sobrado dista 42 quilómetros de Lugo. Os accesos poden ser dende Friol-Sobrado ou Guitiriz-Teixeiro.

  • PONTEVEDRA:

Sobrado dista de Pontevedra cidade 112 quilómetros seguindo a Autopista A-9 ata Santiago de Compostela e de alí a Sobrado polo camiño xa indicado

Enderezo

R/Casal de Abaixo, 2. 15815 Grixalba. Sobrado dos Monxes. A Coruña

Teléfono

Teléfono: 981 195 729

Info@casadoqueixo.com

Actividades

  • Aldea Perdida

ACTIVIDADES XERAIS: Campamento de aventura para fomentar o coñecemento e o respecto polo medio natural e polos animais con roteiros, xogos populares e ambientais, xincanas, tiro con arco, paseo a cabalo e piscina.