Obradoiro sobre busca de emprego en Vilanova de Arousa

07 Nov 2014

A OMIX do concello de Vilanova de Arousa, dentro do Programa Activa da Xunta organiza un obradoiro relacionado co emprego. É GRATUITO.

Será o vindeiro mércoles día 26 de novembro, de 11 a 13 horas no pazo de Vistarreal.

Orientado a maiores de 18 anos, os participantes de entre 18 e 30 anos recibirán un diploma de asistencia.

 

OBRADOIRO: ACTIVANDO O TEU FUTURO.

Obradoiro de motivación relacionada co emprego e o autoemprego. Analises das oportunidades de traballo e competividade no mercado laboral. Aportar ferramentas para os mozos e mozas que lles permitan optimizar as súas habilidades e destrezas para a toma de decisións respecto o futuro ocupacional o profesional.

CONTIDOS:

  • Define o teu obxectivo
  • Simplifica o teu curriculum vitae
  • A proba das redes sociais
  • Adquire formación
  • A importancia da educación non formal e o voluntariado
  • Empresas especialistas nas redes sociais
  • Descubre a túa vocación e activa a tua creatividade
  • Creación rede de contactos Emprego

 

Para acudir, podedes anotarvos en persoa na OMIX sita na Casa de Cultura de Vilanova, ou ben por teléfono no: 986 55 48 45 ou no 986 55 46 93, ou por mail en omix@vilanovadearousa.com