Bolsas de investigación mariña

21 Xul 2021

A Consellería do Mar convoca 8 bolsas para completar a formación de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña.

Requisitos:
1. Estar en posesión do título de técnico/a superior e ter rematados os estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2014, dos ciclos formativos de grao superior dalgunha das seguintes especialidades:
a) Solicitantes de bolsas en Actividades Marítimo-Pesqueiras/Acuicultura:
– Título de técnico superior en acuicultura.
b) Solicitantes de bolsas en Química/Análise e Control:
– Título de técnico superior en análise e control.

As bolsas terán unha duración de 2 anos a partir da data de incorporación que se estableza na resolución de concesión.
A dotación de cada bolsa será de 900 €.

As bolsas realizaranse no Centro de Investigacións Mariñas (Cima) que está integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón-Vilanova de Arousa e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo do seguinte xeito:
Actividades Marítimo-Pesqueiras/Acuicultura
Corón: 3 bolsas
Ribadeo: 3 bolsas
Química/Análise e Control
Corón: 2 bolsas

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de agosto de 2021.
As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento PE609B
Máis información no DOG do 21 de xullo de 2021 e en www.mar.xunta.gal