Actividades en Oleiros

20 Xul 2021

O equipo das Casas da Mocidade As Pedras e Portaberta acaban de publicar o cartaz de agosto coas súas actividades programadas.

As actividades están dirixidas a mozas e mozos entre 14 e 30 anos de calquera concello, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais, tamén continuarán coas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto da FPFE, na nosa conta de Instagram.

oleiros22

Se vos xorde algunha dúbida recordanvos que os seus Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00; e o horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 10:00 a 13:00 e venres e sábado dende as 18:00 ate as 22:00.
Tamén podedes estar ao tanto de todo o que fan a través da súa conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou na súa web: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/ , na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas...