Fotografía gañadora en 2020 "Soledades Mayores" de Santi Palacios Fotografía gañadora en 2020 "Soledades Mayores" de Santi Palacios

25º Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luís Valtueña

20 Xul 2021

Médicos do Mundo España convoca o 25º Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luís Valtueña, destinado a recoñecer e divulgar os mellores traballos fotográficos que de forma singular evidencien inequidades sociais, inxustizas e/ou abusos dos dereitos humanos, ou ben, as situacións que os propician ou os combaten.

A organización aposta pola fotografía documental e o fotoxornalismo para sensibilizar ao público #ante problemáticas sociais e impulsar a mobilización cidadá, co fin de contribuír á erradicación da peor das enfermidades: a inxustiza.

As fotografías presentadas deberán narrar unha historia relacionada con algún destes temas: a saúde, os desastres naturais, a acción humanitaria, a cooperación internacional, a exclusión social, a vulneración dos dereitos humanos, os conflitos armados, os colectivos vulnerables, as poboacións refuxiadas e/ou poboacións migrantes. Prestarase especial atención a aquelas historias de interese que non se cobren nin difunden o suficiente ou son pouco coñecidas, para contribuír á súa divulgación e reflexión.

Poderán participar fotógrafos e fotógrafas -profesionais ou non-, de calquera nacionalidade, maiores de idade e afíns ao enfoque documental e/ou fotoxornalístico, nos termos previstos nestas bases.

A dotación do Premio Luís Valtueña é de 6.000 euros, unha cámara profesional modelo Leica Q2, valorada en 5.120 € e un lote de 10 fotolibros editados pola Fábrica.

Ademais, todas as obras seleccionadas, tanto a serie gañadora como as finalistas, formarán parte do catálogo e da exposición colectiva e itinerante que producirá Médicos do Mundo.

Prazo: 30 de setembro de 2021.

Máis información: https://premioluisvaltuena.org/convocatoria/