Curso de formación Compasito para a educación en dereitos humanos con nenos

20 Xul 2021

O Departamento de Mocidade do Consello de Europa, en colaboración coa División de Dereitos do Neno e no marco do programa da Presidencia húngara do Comité de Ministros do Consello de Europa, organiza o curso de formación Compasito para a educación en dereitos humanos con nenos, que terá lugar no Centro Europeo da Mocidade de Budapest, do 17 ao 24 de outubro de 2021.

O curso ten como obxectivo motivar e desenvolver as capacidades dos axentes multiplicadores claves na implementación de actividades de aprendizaxe e formación sobre educación en dereitos humanos con nenos, empregando unha metodoloxía centrada no diálogo, a participación activa e a cooperación. O programa e os métodos baséanse na combinación de aprender acerca de, aprender a través de e aprender dos dereitos humanos e os dereitos dos nenos.

A quen vai dirixido?
Mozos e mozas educadoras, activistas ou voluntarios/as de entre 16 e 30 anos que traballen directa ou indirectamente na educación en dereitos humanos con nenos e que busquen ferramentas prácticas coas que debater sobre valores e problemas sociais cos nenos.

Prazo: As persoas interesadas deben enviar as súas solicitudes de participación directamente ao Consello de Europa, ata o 7 de setembro de 2021.

MÁIS INFORMACIÓN