Bolsas de Artes Plásticas

20 Xul 2021

A Fundación Botín convoca 6 Bolsas de Artes Plásticas destinadas a formación, investigación e realización de proxectos persoais no ámbito da creación artística (non traballos teóricos) para artistas de calquera nacionalidade.
Delas, unha bolsa destinarase con prioridade a españois ou residentes (como mínimo cinco anos inmediatamente anteriores á solicitude da bolsa) menores de 30 anos para trasladarse ao estranxeiro con obxecto de continuar o seu traballo, estudo ou estancias en residencia.

Prazo: 3 de setembro de 2021

https://fundacionbotin.org/becas-convocatorias/becas-de-artes-plasticas/